Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Materiais. Fíos e Fibras Téxtiles Código 730554001
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Montero Rodríguez, María Belén
Correo electrónico
belen.montero@udc.es
Profesorado
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
Montero Rodríguez, María Belén
Pereira Rodríguez, Mercedes
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
belen.montero@udc.es
mercedes.pereira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse os diferentes tipos de materiais, fíos e fibras utilizados na industria téxtil. Analízanse as propiedades de cada material e o seu proceso de fabricación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COMP-02 - Comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da tecnoloxía téxtil e a moda sostible. AI2
CON-03 - Identificar as propiedades de fibras e fíos e saber aplicar as súas tecnoloxías de fabricación. AI9
HAB-01 - Investigar novos materiais para a súa aplicación no sector téxtil e desenvolver materiais compostos, optimizando as súas propiedades e procesos de produción de maneira que se garanta a súa calidade e seguridade. AI17
HAB-04 - Empregar criterios ambientais e de sustentabilidade no uso de materias primas. AI20
HAB-07 - Detectar as sinerxias dos produtos téxtiles noutros ámbitos de aplicación. AI23

Contidos
Temas Subtemas
Fibras téxtiles Fibras téxtiles naturais, artificiais e sintéticas
Procesos de produción
Propiedades
Fíos Tipos de fíos
Procesos de produción
Propiedades
Introdución aos materiais utilizados na industria téxtil Tecidos, fíos e fibras.
Outros materiais e estructuras téxtiles.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 A20 5.5 16.5 22
Proba obxectiva A2 A9 A17 A20 A23 4 14 18
Traballos tutelados A2 A9 A17 A20 A23 5 14.5 19.5
Sesión maxistral A9 A17 A23 17 34 51
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de sesións prácticas nas que se apliquen coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais.
A realización das prácticas é obrigatoria.
Proba obxectiva Proba de avaliación sobre os contidos teóricos e prácticos vistos ao longo do desenvolvemento da materia.
Traballos tutelados Realización de polo menos un traballo relacionado coa materia. Pode abarcar actividades teóricas ou prácticas.
Sesión maxistral Exposición oral de conceptos básicos para a comprensión da materia abarcando o temario descrito no paso 3 desta guía docente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Os/as alumnos/as desenvolverán as prácticas propostas baixo o continuo asesoramento do profesor/a.
A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia.
Os traballos tutelados realizaranse baixo a supervisión do profesor/a de a materia.
Para os alumnos/as con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia teranse en conta as metodoloxías mais adecuadas ás necesidades específicas que requira cada alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A20 Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio e o informe presentado do mesmo e outros traballos afíns propostos. 25
Proba obxectiva A2 A9 A17 A20 A23 Realizarase unha proba obxectiva nas convocatorias oficiais. A proba poderá incluír preguntas sobre os contidos teóricos da materia así como exercicios ou problemas relacionados cos contidos. 50
Traballos tutelados A2 A9 A17 A20 A23 Cualificarase o/os traballo/s entregado/s. Valorarase que os estudantes integrasen os coñecementos impartidos e que sexan capaces de aplicar estes. 25
 
Observacións avaliación

Condicións para superar a materia:

Obter unha cualificación mínima de 2 sobre 5 na proba obxectiva.

Obter unha cualificación mínima de 1 sobre 2.5 tanto nas prácticas de laboratorio como nos traballos tutelados.

Realizar as prácticas de laboratorio e entregar todos os traballos propostos nas mesmas.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e convocatoria adiantada son os mesmos que os da primeira oportunidade.

Os/as alumnos/as con cualificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron ás probas obxectivas.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ó estudo, permanencia e fraude académico rexeránse dacordo coa normativa académica vixente na UDC.

A realización fraudulenta das probas ou outras actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na cométase a falta e respecto da materia na que se cometeu: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. O profesorado poderá realizar os trámites que considere oportunos en caso de sospeita de fraude.


Fontes de información
Bibliografía básica Jinlian Hu; Bipin Kumar; Jing Lu (2020). Handbook of Fibrous Materials. Wiley-VCH Verlag GmbH & Co. KGaA, Boschstr. 12, 69469 Weinheim, Germany
Yasir Nawab (2016). Textile Engineering. An Introduction. Walter de Gruyter GmbH, Berlin/Boston

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

En xeral, a entrega de traballos documentais escritos realizarase preferentemente en formato virtual e/o soporte informático. De non ser posible, usarase preferentemente papel reciclado, impresións a dobre cara e evitaranse impresións de borradores e o uso de plásticos.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías