Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ecotextiles. Ecodiseño e Reciclaxe Código 730554003
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Ares Pernas, Ana Isabel
Correo electrónico
ana.ares@udc.es
Profesorado
Abad López, María José
Ares Pernas, Ana Isabel
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
ana.ares@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia centrase na sustentabilidade na industria textil, explorando como o ecodeseño e as prácticas de reciclaxe poden contribuir a un futuro mais sostenible. Esta matería está enfocada a formar ao alumnado para que poda desenvolver unha comprensión integral e habilidades prácticas para contribuir de xeito efectivo á sustentabilidade na industria textil e da moda.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar e avaliar materiais e procesos de producción téxtil que minimicen o impacto ambiental AI1
AI14
AI22
Comprender os principios fundamentais da sostenibilidade e a súa aplicación na industria textil AI12
AI15
AI20
Analizar o impacto ambiental da producción e o consumo de téxtiles e roupa. AI14
AI20
Coñecer as normativas, certificacións e estándares internacionais relacionados cos téxtiles sostibles y e o ecodeseño. AI20
AI21
Adquirir as habilidades prácticas que permitan aplicar principios de ecodeseño para crear productos téxtiles, implementar técnicas de reciclaxe e reutilización de materiais téxtiles, analizar o ciclo de vida de productos téxtiles e desenvolver estratexias para a gestión de refugallos na producción e o consumo de téxtiles. AI1
AI2
AI12
AI14
AI15
AI20
AI21
AI22
AI23

Contidos
Temas Subtemas
Deseño de productos sustentables. Deseño pensado para a reciclaxe -Materiais téxtiles sustentables. Características.
-Téxtiles convencionais vs Ecotéxtiles.
-Impacto ambiental de fibras e tecidos.
-Novas tecnoloxías e desenvolvementos en materiais sustentables.
-Principios e estratexias do ecodeseño na industria téxtil
-Criterios de sustentabilidade no proceso de deseño téxtil.
-Impacto ambiental da producción téxtil e ciclo de vida.
-Responsabilidade social e ética na industria téxtil.
Materiais reciclados para o sector téxtil -Fibras recicladas
-Innovacións en materiais reciclados
Opcións do residuo téxtil -Aplicacións de materiais reciclados.
-Normativas e certificacións.
-Economía e mercado de materiais reciclados.
-Educación e concienciación.
-Casos de estudio e boas prácticas.
Reciclaxe con medios químicos e mecánicos -Reciclaxe mecánico. Desafíos e limitacións.
-Reciclaxe químico. Avances tecnolóxicos e potencial futuro.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A14 A15 17 51 68
Aprendizaxe servizo A1 A2 A20 A21 3 15 18
Prácticas de laboratorio A1 A15 A22 A23 4 12 16
Lecturas A12 A14 A15 A20 A21 A22 A23 3 0 3
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A12 A14 A15 A20 A21 A22 A23 3 0 3
Proba obxectiva A1 A2 A12 A14 A15 1.5 0 1.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais realizaránse na aula, mediante medios audiovisuais (presentacións, vídeos, etc..). A duración destas clases será de 2 h semanais con todo o grupo de alumnado. O estudantado tomará apuntes dos conceptos fundamentais explicados na aula. Ademáis proporcionarase ao estudantado ferramentas tales coma resumos ou esquemas, aos que poderá acceder mediante o Campus Virtual.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Plantexarase ao estudantado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con alguna entidade colaboradora e de non ser posible farase unha actividade con impacto na sociedade.
Prácticas de laboratorio O estudantado terá que aprender a desenvolver catro experimentos no Laboratorio de Plásticos do CITENI relacionados cos diferentes bloques temáticos da asignatura. A duración de cada unha destas prácticas e de 2 h de clase.
O estudantado traballará en grupos pequenos (dous ou tres estudantes por equipo). Ó final de cada sesión cada equipo entregará unha memoria co resumo da práctica. Esta memoria formará parte da avaliación continua do estudante.

Lecturas Para favorecer o traballo autónomo do alumnado plantexaranse unha serie de lecturas que o alumando deberá leer antes da clase maxistral. Con relación a estas lecturas organizaráse alomenps un seminario impartido por unha persoa profesional da industria téxtil.
Investigación (Proxecto de investigación) En ocasións e coincidindo co remate dalgún bloque temático ou dunha clase teórica plantexarase unha simulación dun caso da industria textil que favoreza a aplicación do estudado na aula nun contexto que simule a realidade. O alumnado terá que investigar sobre a simulación plantexada e aportar solucións. Intentarase que estas actividades favorezan o debate entre o alumnado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos durante o curso. Esta proba será tipo test.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Investigación (Proxecto de investigación)
Aprendizaxe servizo
Descrición
Na sesión maxistral o profesorado potenciará a participación do alumnado e solventará as dúbidas que se presenten. Además plantexaranse certos casos para que o estudantado investigue na aula. O profesorado resolverá cantas dúbidas se plantexen na resolución destos casos.

Nas prácticas de laboratorio o estudantado consultará as dúbidas que se lle plantexen. O profesorado ademais preguntará sobre cuestións básicas relacionadas con cada unha das prácticas relacionandoas cos conceptos previamente adquiridos nas sesións expositivas.

No aprendizaxe-servizo o alumnado contará con tutorías personalizadas e en grupo para o seguemento do seu traballo.

O alumnado contará coa axuda do profesorado na aula para poder resolver os casos simulados que se plantexen.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A15 A22 A23 Avaliarase a asistencia ás sesións de laboratorio, o interese e o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión. 10
Proba obxectiva A1 A2 A12 A14 A15 Tratarase dunha proba tipo test na que se avaliarán os coñecementos do alumnado (duas oportunidades xuño e xullo). A proba obxetiva puntuará un máximo de 5 puntos (sobre 10). Necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas da avaliación continua (prácticas de laboratorio, traballos tutelados e simulación). 50
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A12 A14 A15 A20 A21 A22 A23 Avaliarase a investigación realizada, a solución aportada e a defensa da mesma na aula. 10
Aprendizaxe servizo A1 A2 A20 A21 Avaliarase o traballo presentado e a presentación realizada ben na entidade ben onde corresponda en funciòn do traballo de aprendizaje-servicio desenvolvido. 30
 
Observacións avaliación

As situacións especiais das/dos estudantes que con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a
materia de maneira presencial, deben ser comunicadas á profesora ao inicio do
cuadrimestre e xustificalas adecuadamente. A profesora dará as instruccións
oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo
aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ou outras tarefas
coa mesma puntuación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación , unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o /a estudante será cualificado con
"suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeria oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
da primeira oportunidade, se fose necesario.

 En xeral todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico”
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Os criterios de avaliación son idénticos nas dúas
oportunidades (xaneiro e xullo).


Fontes de información
Bibliografía básica

Non se recomenda ningunha bibliografía especial para esta materia. A webgrafía recomendarase en cada tema e proporcionarase o listado da mesma ao alumnado a través dos materiais que se suban ao Campus Virtual.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente e Igualdade de Xénero:

1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe servizo) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira: 1.1.Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático

1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis, dípticos, etc... para a realización das actividades ApS e os traballos tutelados a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. 

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habititados na EUDI ou na rúa para tal fin. Os materiais empregados para a realización das experiencias ApS deben ser na medida do posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no caso de ser necesario.  

3. Intentarase transmitir ao estudantado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais. 

4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5. Traballarase para identificar e modificar prexuñizos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do estudantado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Estas reglas aplicaránse tamén no caso dos traballos de aprendizaxe servizo preparados polo estudantado en entidades que traballen con persoas usuarias con algún tipo de discapacidade. O estudantado adaptará os materiais de tal maneira que se facilite o aprendizaxe de todas as persoas usuarias.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías