Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xestión e Control de Calidade Código 730554004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Matemáticas
Coordinación
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Naya Fernandez, Salvador
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
salvador.naya@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é ensinar ao alumnado os fundamentos básicos da xestión e o control de calidade nas organizacións, para así poder mellorar os procesos produtivos e ter unha rastrexabilidade dos procesos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COMP 01-Resolver problemas con iniciativa y toma de decisiones, con creatividad y razonamiento crítico. AI1
COMP 04-Elaborar, desarrollar y gestionar proyectos I+D+I en el ámbito textil AI4
COMP 06-Planificar y coordinar tareas en equipos interdisciplinares o transdiciplinares ofreciendo propuestas que contribuyan a la eficacia del trabajo colaborativo. AI6
CON 02-Distinguir las tendencias de desarrollo industrial y de mercado en el sector textil. AI8
CON 09-Interpretar la legislación y normativa en el ámbito textil AI15
HAB 03-Utilizar tecnologías de la información para el desarrollo de tareas de investigación, así como para el control y la mejora de la calidad de cualquier proceso o producto textil. AI19
HAB 05-Garantizar el cumplimiento de los estándares de calidad y la legislación aplicable en la producción de innovaciones textiles AI21

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:XESTIÓN DA CALIDADE Tema 1: Calidade e empresa
Tema 2: Infraestructura da Calidade e Seguridade Industrial
Tema 3: Sistemas de Xestión de Calidad
Tema 4: Auditorías de Calidade
BLOQUE II: CONTROL DE CALIDADE Tema 5: Introducción ao control estadístico da calidade
Tema 6: Control estadístico de procesos.
Tema 7: Deseño de experimentos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A15 15 0 15
Prácticas a través de TIC A1 A19 10 13 23
Solución de problemas A1 A4 A6 A21 4 17 21
Traballos tutelados A1 A4 A6 A21 0 20 20
Seminario A8 1 0 1
Proba obxectiva A1 A21 2 28 30
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Prácticas no ordenador, para afianzar os coñecementos teóricos e aprender o manexo de software para o empleo de ferramentas de control de calidade
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo alumnado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo/o docente-titor/a.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas dos problemas ou traballos plantexados no horario de tutorías dos profesores

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A4 A6 A21 Resolución de problemas prácticos ou simulacións de procesos, que poderán entregarse en clase ou se requirirá a súa realización polo alumno fóra das aulas. 25
Proba obxectiva A1 A21 Realizarase unha proba escrita para avaliar as aprendizaxes adquiridas na materia. Esta proba pode combinar diferentes tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, preguntas de resposta curta, preguntas de desenvolvemento, etc.
50
Traballos tutelados A1 A4 A6 A21 Plantearanse un o varios traballos tutelados ao longo do curso. 25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia requírese obter unha cualificación mínima de 3,5 sobre 10 en cada unha das metodoloxías da táboa anterior. No caso de non alcanzar as notas mínimos, pero si obtido unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10, a cualificación final da materia será de SUSPENSO (4). 

O sistema de avaliación da 2º oportunidade é o mesmo que na 1º oportunidade. As notas dos traballos e dos problemas gardaranse ata a 2º oportunidade (xullo).

Na avaliación da oportunidade adiantada de decembro, só se terá en conta o exame que terá unha ponderación do 100%.


Todos os aspectos normativos relacionados coa "exención académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Alcalde San Miguel, P. (2009). Calidad. Paraninfo
González Gaya, Cristina; Manzanares Cañizares, Carlos (2020). Gestión de la Calidad ISO 9001. Guía de aplicaciónSistemas de . UNED
Jesús González Babón; Lluís Cuatrecasas Arbós (2017). Gestión integral de la Calidad:implantación, control y certificación. Profit Editorial
Montgomery, D. (2009). Introduction to Statistical Quality Control. Wiley & Sons
Cano, E. L.; Moguerza, J.M.y Redchuk, A. (2012). Six Sigma with R; statistical engineering for process improvement (vol 36). Springer Science &Business Media
Flores, M; Fernández-Casal, R; Naya, S y Tarrip-Saavedra,J. (2021). Statistical Quality Control with the qtr Package. The R Journal
AENOR (2015). UNE-EN ISO: 9001 SISTEMAS DE GESTIÓN DE CALIDAD. AENOR

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unnha contorna inmediata sustentable e cumplir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do Plan de Acción Green Campus Ferrol:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sin necesidade de imprimilos.
  3. De ser necesario realizalos en papel:
  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a doble cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías