Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Economía Circular Código 730554007
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 1.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Barreiro Gen, María
Correo electrónico
maria.gen@udc.es
Profesorado
Barreiro Gen, María
Correo electrónico
maria.gen@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Economía Circular ofrece unha visión xeral desta disciplina, na que se introducen os conceptos fundamentais relacionados coa mesma, os modelos de negocio e a súa adaptación á industria téxtil.
Esta materia está aliñada co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12 (ODS12), Produción e Consumo Responsables, incluído na Axenda 2030 das Nacións Unidas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COMP-01 - Resolver problemas con iniciativa e tomar decisións, con creatividade e razoamento crítico. AI1
CON-06 - Identificar as tecnoloxías ambientais e de sustentabilidade no ámbito do deseño e tecnoloxía téxtil. AI12
CON-08 - Recoñecer os problemas ambientais relacionados coa industria téxtil e as tecnoloxías e sistemas de xestión ambiental dispoñibles para afrontalos na liña do recolleito nos ODS. AI14
CON-09 - Interpretar a lexislación e normativa no ámbito téxtil. AI15
HAB-04 - Empregar criterios ambientais e de sustentabilidade no uso de materias primas. AI20

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución á Economía Circular 1.1. Crecemento económico e sustentabilidade
1.2. A economía circular como novo paradigma de sustentabilidade
Tema 2: Modelos de negocio circulares
2.1 Boas prácticas da Economía Circular
Tema 3: Economía circular na industria téxtil
3.1 Dos modelos económicos tradicionais aos modelos de Economía Circular
3.2 Piares da circularidade na industria téxtil

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A15 A20 3 6 9
Traballos tutelados A1 A13 2 6 8
Sesión maxistral A12 A14 A15 A20 5.5 10 15.5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Realizaranse diferentes actividades que requiran a participación activa do alumnado e, no seu caso, unha preparación previa por parte deste. Avaliarase a capacidade de análise e razoamento do alumnado, afondando nos contidos da materia, así como a asistencia e participación en conferencias de expertos cando sexa posible.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo guiado polo profesorado para avaliar a asimilación dos conceptos estudados e a súa capacidade para presentalos de forma clara e ordenada.
Sesión maxistral Utilizarase un método expositivo co o fin de facilitar ao alumnado unha información adecuada sobre os coñecementos fundamentais relacionados cos diferentes temas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado que teña dúbidas sobre a elaboración dos traballos dirixidos será atendido individualmente. Tamén poderá resolver as súas dúbidas cos temas dos exercicios prácticos realizados nos seminarios en titorías presenciais (cando sexa posible), por correo electrónico ou por videoconferencia (Teams). As titorías presenciais ou por videoconferencia realizaranse con cita previa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A15 A20 Actividades realizadas ao longo do curso, como, por exemplo, a participación nas clases e as actividades prácticas presentadas polo alumnado. 50
Traballos tutelados A1 A13 Traballos para avaliar a asimilación dos conceptos estudados e a súa capacidade para presentalos de forma clara e ordenada 50
 
Observacións avaliación

Na
primeira convocatoria, a nota final da materia resultará da suma ponderada da
nota obtida nas diferentes actividades de avaliación continua, que suporá un 50%
da nota final e a nota obtida no traballo tutelado, que valerá o 50% restante
da nota final. A avaluación continua inclúe a asistencia tanto ás clases
teóricas como ás clases prácticas, a participación activa nestas e a nota das
actividades que se realizan ao longo do curso.



Na segunda convocatoria, a nota final da materia calcularase do mesmo xeito que na primeira, con excepción dos alumnos que renuncien á avaliación continua. Neste caso, así coma na oportunidade adiantada e para o alumnado con dispensa académica, a cualificación final da materia resultará da cualificación dun traballo final, que se entregará no prazo establecido.



Para
aprobala asignatura é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na calificación final.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”
, “permanencia” e “fraude
académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da
UDC e da EPEF.


Fontes de información
Bibliografía básica

Comisión Europea (2020). Nuevo Plan de acción para la economía circular por una Europa más limpia y más competitiva. https://eur-lex.europa.eu/resource.html?uri=cellar:9903b325-6388-11ea-b735-01aa75ed71a1.0018.02/DOC_1&format=PDF

Henzen, Rozanne & Weenk, Ed (2022). Economía circular: un enfoque práctico para transformar los modelos empresariales. Marge Books: Barcelona.

Bibliografía complementaria

Jiménez Herrero, L.M. & Pérez Lagüela, E. (coordinadores) (2019). Economía Circular-Espiral. Transición hacia un metabolismo económico cerrado. Editorial Ecobook: Madrid.

Lozano, R. (2022). Toward Sustainable Organisations. A Holistic Perspective on Implementation Efforts. Strategies for Sustainability. Springer International Publishing: Cham. https://link.springer.com/book/10.1007/978-3-030-99676-5

Ellen Mac Arthur Foundation website

Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico website

Bibliografía comentada composta por informes, guías, artigos científicos, entre outros.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel: -Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

5. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

6. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías