Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Tratamento e Acabados Téxtiles Código 730554009
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
Profesorado
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
Gosset , Anne Marie Elisabeth
Pereira Rodríguez, Mercedes
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
anne.gosset@udc.es
mercedes.pereira@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo dos procesos de acabado na industria téxtil, incluíndo algunhas tecnoloxías emerxentes.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COMP-01 - Resolver problemas con iniciativa e tomar decisións, con creatividade e razoamento crítico. TIPO: Competencias AI1
CON-01 - Comprender a natureza dos téxtiles, as súas estruturas, modos de fabricación e propiedades. TIPO: Coñecementos o contidos AI7
CON-02 - Distinguir as tendencias de desenvolvemento industrial e de mercado no sector téxtil. TIPO: Coñecementos o contidos AI8
CON-05 - Recoñecer os distintos procesos de tintura, acabado e estampaxe. TIPO: Coñecementos o contidos AI11
HAB-02 - Aplicar tecnoloxías de fabricación avanzada, para a xeración de téxtiles funcionais, interactivos e intelixentes. TIPO: Habilidades o destrezas AI18
HAB-06 - Desenvolver e caracterizar novos produtos téxtiles segundo a normativa aplicable para o seu desenvolvemento TIPO: Habilidades o destrezas AI22

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás operacións de tinguidura e acabado Encadre xeral e importancia de las distintas operacións relacionadas coa tintura, estampaxe e operacións de acabado
Tinturas Colorantes, tintura continua, tintura por esgotamento, procesos
Estampaxe Continua, posicional, dixital, sublimación
Acabados químicos e físicos Suavizantes e siliconas, repelentes á auga, siliconas, esmerilado, tratamento láser
Tecidos impermeables e repelentes á auga Conceptos básicos de mollabilidae, revestimentos e tratamentos específicos, tecnoloxías de fabricación
Práctica: Caracterización de téxtiles hidrófobos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A7 A8 A11 18 45 63
Prácticas de laboratorio A1 A11 A18 A22 8 12 20
Traballos tutelados A1 A7 A8 A11 A18 A22 2 10 12
Proba mixta A1 A7 A8 A11 3.5 10.5 14
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” o “lección maxistral”. Esta última modalidade resérvase a un tipo especial de lección impartida por un/ha docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra coma vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que o alumnado aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales coma demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe del “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propio aprendizaxe.
Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto a preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Aténdese ás preguntas particulares que poidan xurdir durante a exposición maxistral e durante a realización das prácticas de laboratorio. A maiores téntase axudar en calquera momento sempre que sexa posible.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A7 A8 A11 Exame de preguntas de resposta curta e outras de resposta algo máis longa. 50
Prácticas de laboratorio A1 A11 A18 A22 Realización das prácticas e presentación dun informe de prácticas. 25
Traballos tutelados A1 A7 A8 A11 A18 A22 Presentación do documento en formato electrónico e presentación + defensa oral
25
 
Observacións avaliación
Para aprobar (5,0) son necesarios 50 puntos resultantes da suma de todos os apartados.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e convocatoria anticipada son os mesmos que os da primeira oportunidade.

Os alumnos con notas "non presentadas" son os que non realizaron as probas obxectivas.

Todos os aspectos normativos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica Jinlian Hu (2016). Active Coatings for Smart Textiles. Woodhead Publishing
Mohammad Shahid (editor), Ravindra Adivarekar (editor) (2020). Advances in Functional Finishing of Textiles. Springer
CHOUDHURY, ASIM KUMAR ROY (2017). Principles of Textile Finishing. Woodhead Publishing, The Textile Institute Book Series
William C. Smith (2010). Smart Textile Coatings and Laminates. Elsevier
Yasir Nawab (2016). Textile Engineering. An Introduction. National Textile University. Walter de Gruyter GmbH, Berlin/Boston

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materiais. Fíos e Fibras Téxtiles/730554001
Caracterización de Materiais Téxtiles/730554013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Procesos de Fabricación no Sector Téxtil/730554012

Materias que continúan o temario
Innovación na Industria Téxtil/730554011
Téxtiles Intelixentes e Téxtiles Técnicos/730554010

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías