Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Procesos de Fabricación no Sector Téxtil Código 730554012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
Profesorado
Artiaga Diaz, Ramon Pedro
Pereira Rodríguez, Mercedes
Correo electrónico
ramon.artiaga@udc.es
mercedes.pereira@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia trata principalmente dos procesos de fabricación de tecidos, fíos, fibras, pero tamén de estruturas téxtiles especiais e materiais non estritamente téxtiles empregados nesta industria, como o coiro, natural ou sintético, e as tecnoloxías relacionadas co deseño téxtil.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COMP-01 - Resolver problemas con iniciativa e tomar decisións, con creatividade e razoamento crítico. AI1
COMP-03 - Promover a creatividade, innovación e transferencia de tecnoloxía no sector téxtil. AI3
COMP-04 - Elaborar, desenvolver e xestionar proxectos de I+D+i no ámbito téxtil. AI4
CON-01 - Comprender a natureza dos téxtiles, as súas estruturas, modos de fabricación e propiedades. AI7
CON-02 - Distinguir as tendencias de desenvolvemento industrial e de mercado no sector téxtil. AI8
CON-04 - Distinguir as diferentes tecnoloxías de fiado e teceduría para o desenvolvemento de tecidos. AI10
CON-06 - Identificar as tecnoloxías ambientais e de sustentabilidade no ámbito do deseño e tecnoloxía téxtil. AI12
HAB-06 - Desenvolver e caracterizar novos produtos téxtiles segundo a normativa aplicable para o seu desenvolvemento. AI22

Contidos
Temas Subtemas
Introdución materiais, procesos de fabricación e estruturas téxtiles
Obtención de fibras naturais, artificiais e sintéticas fibras naturais, fibras celulósicas artificiais, extrusión de fibras termoplásticas, outras técnicas de produción de fibras téxtiles
Sistemas de fiado fiado, mestura de fibras, fiado de fibras continuas e discontinuas
Tecedura tecedura plana, punto
Outras técnicas de fabricación de estruturas téxtiles fabricación 3DP, spunlaid, melt-blown
Operacións de acabado importancia da tintura, estampado e acabados dentro dos procesos de fabricación téxtil
Tecnoloxías de corte métodos manuais, métodos automáticos, coitelas de cinta, coitelas alternativas, cortadoras láser, programación de patróns mediante CAD
Pel natural e sintética os procesos da pel natural e sintética na industria téxtil

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A8 A10 18 45 63
Prácticas de laboratorio A1 A3 A4 A22 8 12 20
Traballos tutelados A1 A3 A4 A12 A22 2 10 12
Proba mixta A1 A7 A8 A10 A12 3.5 10.5 14
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” o “lección maxistral”. Esta última modalidade resérvase a un tipo especial de lección impartida por un/ha docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra coma vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que o alumnado aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales coma demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe del “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propio aprendizaxe.
Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto a preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Respondemos a todas as perguntas específicas que poidan xurdir durante a aula e durante a prática de laboratorio. Ademáis, procuramos axudar sempre que sexa posible.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A3 A4 A22 Realización das prácticas e presentación dun informe de prácticas. 25
Proba mixta A1 A7 A8 A10 A12 Exame de preguntas de resposta curta e outras de resposta algo máis longa. 50
Traballos tutelados A1 A3 A4 A12 A22 Presentación do documento en formato electrónico e presentación + defensa oral 25
 
Observacións avaliación


Para aprobar (5,0) son necesarios 50 puntos resultantes da suma de todos os apartados.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e convocatoria anticipada son os mesmos que os da primeira oportunidade.

Os alumnos con notas "non presentadas" son os que non realizaron as probas obxectivas.

Todos os aspectos normativos relacionados coa “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Thangamani, K., & Sundaresan, S. (2022). Fabric Manufacturing Technology: Weaving and Knitting. CRC Press
Yasir Nawab (2016). Textile Engineering. An Introduction. National Textile University. Walter de Gruyter GmbH, Berlin/Boston

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materiais. Fíos e Fibras Téxtiles/730554001
Estruturas Téxtiles/730554002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tratamento e Acabados Téxtiles/730554009

Materias que continúan o temario
Innovación na Industria Téxtil/730554011

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías