Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Automatización Avanzada Código 730556002
Titulación
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Meizoso López, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.meizoso@udc.es
Profesorado
Díaz Longueira, Antonio Javier
Meizoso López, Maria del Carmen
Timiraos Díaz, Miriam
Correo electrónico
a.diazl@udc.es
carmen.meizoso@udc.es
miriam.timiraos.diaz@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é coñecer as tecnoloxías que se aplican nas instalacións automatizadas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 COMP01 - Extraer, interpretar e procesar información, procedente de diferentes fontes, para o seu emprego no estudo e análise
A2 COMP02 - Elaborar, desenvolver e xestionar proxectos de I+D+I no ámbito da informática industrial e a robótica.
A3 COMP03 - Comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no ámbito profesional da robótica e a informática industrial.
A4 COMP04 - Coñecer a lexislación vixente e regulamentación aplicable ao sector industrial e robótico.
A6 COMP06 - Dominar a expresión e comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
A8 COMP08 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras.
A12 COMP12 - Capacidade para desenvolver e programar aplicacións complexas, incluíndo multihilo e/ou multiproceso e/ou procesos distribuídos.
A17 COMP17 - Capacidade para alcanzar a optimización, eficiencia e sustentabilidade no desenvolvemento de sistemas robóticos e/ou industriais e/ou metaheurísticos.
A21 CON03 - Identificar as novas tecnoloxías e instalacións industriais automatizadas, así como comprender o proceso de desenvolvemento e imprementación de automatizacións avanzadas.
A22 CON04 - Identificar as principais comunicacións industriais e os buses de campo na automatización de procesos, así como aqueles emerxentes.
A23 CON05 - Adquirir un entendemento profundo dos principios básicos da robótica e as tecnoloxías innovadoras en automatización.
A31 HAB03 - Utilizar tecnoloxías da información para o desenvolvemento de tarefas de investigación, así como para o control e a mellora da calidade de calquera proceso de automatización.
A32 HAB04 - Seleccionar e aplicar as estruturas de comunicación industrial e os protocolos de campo na automatización de procesos.
A33 HAB05 - Programar e despregar sistemas de supervisión en sistemas de automatización.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Sabe comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no ámbito profesional da robótica e a informática industrial. AI3
AI8
Entende os principios básicos da robótica e as tecnoloxías innovadoras en automatización. AI1
AI6
AI21
AI23
AI31
Selecciona e aplica as estruturas de comunicación industrial e os protocolos de campo na automatización de procesos. AI1
AI2
AI17
AI21
AI22
AI32
Programa sistemas de supervisión en sistemas de automatización. AI1
AI2
AI4
AI12
AI17
AI33
Coñece a normativa de seguridade e normas aplicables en sistemas Automatizados. AI4

Contidos
Temas Subtemas
Documentación e fases dun proxecto de automatización.
Selección de elementos dun sistema de automatización.
Normativa aplicable á automatización industrial.
Comunicación industriais. Buses de campo.
Elementos de explotación de planta. Sistemas SCADA.
Xestión da seguridade en máquinas.
Aplicación da automatización ao control en edificios.
Introducción á Robótica na automatización.
Tecnoloxías emerxentes na automatización.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A6 A21 A22 A23 15 15 30
Prácticas de laboratorio A12 A17 A31 A32 A33 15 15 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A8 0.5 47.5 48
Proba obxectiva A12 A33 2.5 0 2.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e
introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir
coñecemento e facilitar a aprendizaxe. Ademais, é necesaria unha dedicación do estudante para
preparar e repasar os materiais da clase pola súa conta.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos. Manexo dun software propio de automatización basado en control por PC.
Traballos tutelados Traballo de realización individual ou en grupo para a automatización dunha planta.
Proba obxectiva Probas de evaluación que poderán incluir preguntas sobre dos contidos teóricos da asignatura, así como exercicios ou problemas relacionados cos seus contidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Trátase de orientar ao alumno naquelas cuestións relacionadas coa materia impartida e que resulten especialmente difíciles para a súa comprensión ou realización. As canles de información e contacto serán o correo electrónico, Moodle e Teams. Titorías individualizadas que se desenvolven no horario de titoría que estableza o profesor. O calendario de titorías publicarase ao comezo do cuadrimestre na páxina web do centro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A8 Realización de exercicios de automatización a través do software empregado nas clases. Avaliaráse a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado. Será necesario entregar memoria explicativa, facer exposición oral e realizar unha defensa dos mesmos. 60
Proba obxectiva A12 A33 Realización dunha proba teórico/práctica na que se avalíen os conceptos adquiridos. 40
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva pode incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución de problemas en papel ou exercicios co software da asignatura.

Os criterios de avaliación da 2º oportunidade e os da convocatoria adiantada son os mesmos que os da 1º oportunidade.

Os alumnos que se acollan a matrícula parcial/dispensa académica, poderán acordar co profesor a posibilidad de facer actividades alternativas as presenciais.

O uso de calquera recurso de intelixencia artificial en calquera das actividades de avaliación considerarase fraude académica. 

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica (). https://infosys.beckhoff.com/.
Miguel Angel Ridao Carlini (). Introducción a la programación de autómatas usando CoDeSys. Editorial Universidad de Sevilla

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Coñecementos previos recomendados: Autómatas programables, Sistemas de eventos discretos, Representación de automatismos mediante GRAFCET, LD e ST



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías