Para poder aprobar a materia o estudante
deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as
actividades):
- Lograr unha nota superior ou igual a 3,5 na proba mixta final
realizada ao final do cuadrimestre.
- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de
todas as probas de avaliación.
Notas sobre as actividades:
- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa
entrega durante o curso académico, salvo a proba obxectiva final que terá dúas
oportunidades oficiais de exame.
- A avaliación na convocatoria extraordinaria (decembro)
consistirá nunha proba obxectiva cun peso do 100% da nota final.
- Os alumnos que se acollan a matrícula
parcial/dispensa académica, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer
actividades alternativas ás presenciais.
- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,
“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo
coa normativa académica vixente da UDC.