Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Redes Informáticas de Comunicacións Código 730556009
Titulación
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Zayas Gato, Francisco
Correo electrónico
f.zayas.gato@udc.es
Profesorado
Pérez Sánchez, Beatriz
Zayas Gato, Francisco
Correo electrónico
beatriz.perezs@udc.es
f.zayas.gato@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é que o alumno coñeza os principios básicos das comunicacións e os seus elementos, protocolos e distintas tecnoloxías de rede.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A16 COMP16 - Capacidade para o uso e desenvolvemento de sistemas de comunicación para a súa aplicación sobre sistemas robóticos e/ou industriais.
A22 CON04 - Identificar as principais comunicacións industriais e os buses de campo na automatización de procesos, así como aqueles emerxentes.
A32 HAB04 - Seleccionar e aplicar as estruturas de comunicación industrial e os protocolos de campo na automatización de procesos.
A35 HAB07 - Programar sistemas hardware específicos mediante linguaxe de alto nivel para o control de diversos procesos industriais e robóticos.
A43 HAB15 - Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión.
A46 OPT-COMP3 - Integrar os protocolos principais usados nas transmisións entre ordenadores en redes.
A62 OPT-CON3 - Identificar os principios básicos das comunicacións e dos seus elementos principais, así como as diferentes tecnoloxías de rede.
A80 OPT-HAB3 - Analizar a organización, estrutura e funcionamento da Internet.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar os principios básicos das comunicacións e dos seus elementos principais, así como as diferentes tecnoloxías de rede AI62
Integrar os protocolos principais usados nas transmisións entre ordenadores en redes AI46
Analizar a organización, estrutura e funcionamento da Internet AI80
Capacidade para o uso e desenvolvemento de sistemas de comunicación para a súa aplicación sobre sistemas robóticos e/ou industriais AI16
Identificar as principais comunicacións industriais e os buses de campo na automatización de procesos, así como aqueles emerxentes AI22
Seleccionar e aplicar as estruturas de comunicación industrial e os protocolos de campo na automatización de procesos AI32
Programar sistemas hardware específicos mediante linguaxe de alto nivel para o control de diversos procesos industriais e robóticos AI35
Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión AI43

Contidos
Temas Subtemas
Introdución ás redes de computadores e Internet -
Modelos en capas para os sistemas de comunicacións e estándares -
Protocolos de rede -
Introdución a TCP/IP -
Transmisión no nivel físico: modos e medios de transmisión -
Capa de ligazón: control de acceso ao medio e detección de erros -
Capa de rede: protocolo IP e versións (IPv4 e IPv6), métodos de enrutamento e protocolo de control ICMP -
Capa de transporte: servizos proporcionados pola capa de transporte, elementos dos protocolos de transporte, sockets, protocolo UDP e TCP -
Capa de aplicación: modelo cliente/servidor, sistema de nomes de dominio (DNS) e principais servizos desta capa -

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A22 A32 A62 A80 7 7 14
Traballos tutelados A16 A22 A32 A35 A43 A46 A62 A80 0 38 38
Proba mixta A22 A32 A43 A46 A62 A80 2 0 2
Prácticas de laboratorio A16 A22 A32 A35 A43 A46 A62 A80 10 10 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral facendo uso profuso de medios audiovisuais e buscando a participación dos alumnos mediante a formulación de casos prácticos e a realización de preguntas, co fin de facilitar a aprendizaxe e fomentar o espírito crítico.
Traballos tutelados Proporanse traballos a realizar polo estudante no marco da asignatura que serán evaluados, con posibilidade de que teñan que ser expostos en público.
Proba mixta Proba de avaliación que se realizará ao final de curso nas correspondentes convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba na que será necesario responder a diferentes cuestións teórico-prácticas e/ou resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio Mediante esta actividade os alumnos implementarán no laboratorio pequenos programas / sistemas que exemplificarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais, de forma que poidan probar no mundo real algúns dos métodos e técnicas, e valorar de primeira man os problemas (e as súas implicacións) que xorden na implementación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada será necesaria para mostrar os avances do traballo/proyecto proposto e para ofrecer a orientación adecuada e asegurar a calidade do mesmo. Tamén se empregará para a resolución de dúbidas conceptuais e o seguimento da execución dos traballos. Estas tutorías ser realizarán de forma presencial no despacho do profesor ou en formato online.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A16 A22 A32 A35 A43 A46 A62 A80 Consistirá na recompilación de exercicios realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estes exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas e entregaranse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Por tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas. 10
Traballos tutelados A16 A22 A32 A35 A43 A46 A62 A80 Desenvolvemento dun proxecto aplicado, individual ou en grupo reducido. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do reto plantexado no enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obrigatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade. 50
Proba mixta A22 A32 A43 A46 A62 A80 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos/proyectos tutelados. 40
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante
deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as
actividades):



- Lograr unha nota superior ou igual a 3,5 na proba mixta final
realizada ao final do cuadrimestre.



- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de
todas as probas de avaliación.



Notas sobre as actividades:



- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa
entrega durante o curso académico, salvo a proba obxectiva final que terá dúas
oportunidades oficiais de exame.



- A avaliación na convocatoria extraordinaria (decembro)
consistirá nunha proba obxectiva cun peso do 100% da nota final.



- Os alumnos que se acollan a matrícula
parcial/dispensa académica, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer
actividades alternativas ás presenciais.

- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,
“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo
coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica James F. Kurose, Keith W. Ross (2008). Redes de computadores: un enfoque descendente basado en Internet. Addison Wesley

Bibliografía complementaria TCP/IP Illustrated, Vol. 1: The Protocols (2011). TCP/IP Illustrated, Vol. 1: The Protocols. Addison Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías