Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Vehículos Autónomos Avanzado Código 730556016
Titulación
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría Naval e Industrial
Matemáticas
Coordinación
Bellas Bouza, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
Profesorado
Bellas Bouza, Francisco Javier
Orjales Saavedra, Félix
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
felix.orjales@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar aos alumnos unha visión actualizada dos principais campos de aplicación dos vehículos autónomos a nivel técnico, pero tamén a nivel lexislativo e ético. Con esta base teórica, os alumnos adquirirán unha visión actualizada dos diferentes ámbitos a considerar cando se afronta a implantación deste tipo de vehículos en diferentes ámbitos da industria e a sociedade. A nivel práctico, estudaranse con detemento dous campos de maneira particular: os vehículos mariños e os aéreos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A17 COMP17 - Capacidade para alcanzar a optimización, eficiencia e sustentabilidade no desenvolvemento de sistemas robóticos e/ou industriais e/ou metaheurísticos.
A23 CON05 - Adquirir un entendemento profundo dos principios básicos da robótica e as tecnoloxías innovadoras en automatización.
A26 CON08 - Identificar as estruturas mecánicas básicas e avanzadas coas que se constrúen as distintas morfoloxías robóticas, así como as claves e parámetros do seu comportamento, e os modelos cinemáticos e dinámicos de robots.
A53 OPT-COMP10 - Avaliar as problemáticas que se van tratar nos diversos campos de aplicación e como afrontalas.
A57 OPT-COMP14 - Explicar conceptos y técnicas básicas relacionadas con el seguimiento de objetos en movimiento.
A69 OPT-CON10 - Identificar o estado actual da aplicación de robots autónomos así como os aspectos éticos e legais.
A73 OPT-CON14 - Identificar as principais técnicas para extraer información e interpretar obxectos a partir de imaxes dixitais, segmentalas e extraer as súas características.
A87 OPT-HAB10 - Analizar a aplicabilidade real do enfoque autónomo da robótica fronte ao clásico.
A91 OPT-HAB14 - Analizar e experimentar cos tipos de técnicas e ferramentas que se poden aplicar na resolución problemas característicos de visión artificial na industria.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer o estado actual da aplicación de robots autónomos en problemas reais e obter unha visión xeral da aplicabilidad real do enfoque autónomo da robótica fronte ao clásico AI17
AI23
AI26
Obter unha visión específica das problemáticas a tratar nos diversos campos de aplicación e como afrontalas AI53
AI87
AI57
AI69
AI73
AI91

Contidos
Temas Subtemas
Campos de aplicación dos vehículos autónomos - Industria 4.0, nanorobótica e manipulación
- Robótica de servizo e médica
- Agricultura
Aspectos legais e éticos dos vehículos autónomos - Aspectos legáis a nivel europeo
- Aspectos éticos
- Situación en España
Campo de aplicación 1: Vehículos aéreos non tripulados (UAV) - Evolución e tipos de vehículos aéreos non tripulados
- Sensorización
- Procesamento
- Control
- Casos de uso
Campo de Aplicación 2: Vehículos Submarinos Autónomos (AUV) - Tipos de vehículos submarinos e características
- Sensorización
- Control de movimento
- Actuación
- Aplicacións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A17 A23 A26 A57 A73 A91 0 30 30
Presentación oral A53 A69 A87 0.5 5 5.5
Obradoiro A23 A57 A73 A91 6 6 12
Saídas de campo A17 A26 4 8 12
Sesión maxistral A53 A69 A87 10.5 3 13.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización dun traballo/proxecto fora da aula no que se realizarán prácticas de programación sobre un modelo en simulación dun submarino autónomo. Este traballo será realizado polos alumnos de forma autónoma e o seu avance será tutorizado polos profesores.
Presentación oral Traballo ou traballos de teoría sobre algún tema proposto polos profesores da materia que deberán ser expostos diante dos compañeiros e entregados tamén por escrito.
Obradoiro Seminarios nos que os alumnos reciben formación sobre as ferramentas para utilizar na parte práctica da materia, tales como simuladores ou bibliotecas de programación
Saídas de campo Realizaranse varias saídas de campo á canle de ensaios do Campus de Esteiro, onde os estudantes deberán probar o funcionamento real dos vehículos mariños autónomos
Sesión maxistral Exposición oral por parte dos profesores da materia do temario teórico

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Obradoiro
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
Trátase de orientar ao alumno naquelas cuestións relativas á materia impartida e que resulten de especial dificultade para a súa comprensión ou realización. As canles de información e contacto serán correo electrónico, Campus Virtua e Teams. As tutorías individualizadas que se desenvolven durante as horas de tutoría establecidas polo profesor.

Durante as prácticas a través de TIC, o alumno poderá consultar o profesor todas las dúbidas que lle xurdan sobre a programación dos robots.

Traballos tutelados: e recomendable o uso de atención personalizada nestas actividades para resolver dubidas conceptuais ou procedimentais que puideran xurdir durante a resolución dos problemas prácticos. Ademais, a atención personalizada centrarase tamén na explicación, por parte do alumno, da solución proposta.

Presentación oral: os alumnos deberán acudir os profesores para resolver as dubidas que lles xurdan sobre a preparación dos traballos que deben ser expostos tanto do contido como da propia presentación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A53 A69 A87 A presentación oral do traballo/traballos teóricos, a versión escrita dos mesmos e a participación activa nas presentacións dos compañeiros teñen un peso importante na nota final da materia. 30
Traballos tutelados A17 A23 A26 A57 A73 A91 Propoñeranse un ou dous traballos prácticos ao longo do curso centrados na resolución de problemas de robótica submarina e/ou aérea. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fóra das clases e deberán ser defendidos diante dos profesores. 60
Saídas de campo A17 A26 A correcta preparación e participación en de as saídas de campo será valorada polos profesores da materia, e deberá ser explicada nun informe escrito. 10
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade:

Para obter o aprobado na primeira oportunidade deberase superar unha valoración mínima de 50 sumando todas as metodoloxías anteriores, sendo necesario conseguir un mínimo de 35 na suma dos Traballos Tutelados e a Saída de Campo, e de 15 na Presentación Oral.

Segunda oportunidade:

No caso de que o estudante non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir as actividades que sexan necesarias da/das metodogía/ s que non foron superadas na segunda convocatoria. Como exemplo, se un alumno aprobou a parte da Presentación oral, pero suspendeu os Traballos tutelados + a Saída de Campo, deberá repetir os traballos prácticos necesarios para alcanzar o aprobado, normalmente aquel/aqueles que individualmente non foron aprobados.

Na segunda oportunidade mantéñense os criterios de nota mínima establecidos na primeira convocatoria.

Oportunidade adiantada

Para esta oportunidade mantéñense os mesmos criterios que para a primeira, debendo o estudante concretar uns prazos de entrega cos profesores da materia.

Estudantes con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica 

Poderán acumular o 10% da nota correspondente á Saída de Campo nos traballos tutelados na ambas convocatorias. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuadrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en todas as convocatorias.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/é/normativa/academica/)


Fontes de información
Bibliografía básica Nonami, K., Kendoul, F., Suzuki, S., Wang, W., Nakazawa (2010). Autonomous Flying Robots, Unmanned Aerial Vehicles and Micro Aerial Vehicles. Springer-Verlag
Thor I. Fossen (2011). Handbook of Marine Craft Hydrodynamics and Motion Control. John Wiley & Sons, Ltd
Dronekit (2015). https://dronekit-python.readthedocs.io/en/latest/.
Bruno Siciliano (2008). Springer handbook of robotics. Springer-Verlag

Bibliografía complementaria Geoff Roberts and Robert Sutton (2006). Advances in unmanned marine vehicles. Institution of Engineering and Technology
Floreano, Dario y otros (2010). Flying Insects and Robots. Springer-Verlag


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Robótica Intelixente e Sistemas Autónomos/770538005
Vehículos Autónomos Introductorio/730556015
Python para Enxeñeiros Introdutorio/730556010
Visión Artificial Introductorio/730556019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Visión Artificial Avanzado/730556020

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

• 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

• 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

• 1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías