1.- A entrega dos traballos documentais que se
realicen nesta materia: 1.1.
Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3.
De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas
de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva
de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía
de autores de ambos os sexos,
propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.- Traballaráse para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade. 6.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas. 7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado,
igualitario e proveitoso á vida
universitaria. |