Os traballos tutelados resoltos de xeito individual ou colectivo, avaliaránse en función do traballo realizado polo alumno. O profesor asignará unha nota segúndo o grao de coñecemento e aprendizaxe que mostre o alumno. Ademáis, valorarase a calidade dos traballos entregados,tanto no seu aspecto técnico, como formal.
A nota obtida nos traballos tutelados sumarase á obtida na proba mixta, sempre e cando o/a alumno/a acade nesta proba mixta unha nota igual ou superior a 3 puntos sobre 7. En caso contrario, a nota final estará constituida únicamente pola nota acadada na proba mixta (con un máximo 7 puntos)
Para poder presentar os traballos tutelados será preciso asistir ás clases, salvo causa debidamente xustificada,con unha asistencia igual ou superior a o 80%. Os alumnos repetidores poden optar a principio de curso a manter a nota do curso anterior correspondente a os traballos tutelados, e quedar exentos da asistencia ás clases (esta posibilidade só se aplica no curso seguinte á obtención da nota dos traballos, e sempre que se teña cumprido o requisito de asistencia do 80% no curso de obtención da citada nota).
A nota dos traballos tutelados conservase para a convocatoria de xullo correspondente á segunda oportunidade. Aqueles alumnos que non entregaran os traballos tutelados na primeira oportunidade non terán oportunidade de facelo na segunda, e polo tanto a nota final estará constituida únicamente pola nota da proba mixta (con un máximo de 7 puntos).
A realización fraudulenta (plaxio, copia,etc.) das probas ou actividades de avaliación implicará a aplicación da normativa vixente da UDC ao respecto.
A nota da convocatoria adiantada(decembro) estará constituida únicamente pola nota acadada nunha proba mixta (exame), cun máximo de 10 puntos.
Os alumnos con dispensa académica ou a tempo parcial estará eximidos da obrigatoriedade do 80% de asistencia.