Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería. |
A2
|
B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9
|
C1 C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os capítulos e temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación |
Cinemática
Estática
Dinámica |
Capítulo I INTRODUCIÓN |
Tema 1 Introdución a Física
Tema 2 Magnitudes físicas
Tema 3 Magnitudes vectoriales
|
Capítulo II ESTÁTICA DA PARTÍCULA, DO SISTEMA DE PARTÍCULAS E DO SÓLIDO RÍXIDO |
Tema 4 Estática |
Capítulo III CINEMÁTICA |
Tema 5 Cinemática do punto
Tema 6 Movemento relativo
Tema 7 Cinemática do sólido |
Capítulo IV DINÁMICA DA PARTÍCULA |
Tema 8 Dinámica da partícula
Tema 9 Traballo e enerxía
|
Capítulo V DINÁMICA DO SISTEMA DE PARTÍCULAS E DO SÓLIDO RÍXIDO |
Tema 10 Dinámica de sistemas de partículas
Tema 11 Dinámica do sólido ríxido
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 B1 B7 C5 |
30 |
33 |
63 |
Solución de problemas |
A2 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 |
20 |
36 |
56 |
Prácticas de laboratorio |
A2 B1 B2 B3 B7 C1 |
10 |
15 |
25 |
Proba mixta |
A2 B2 |
0 |
4 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Clases de teoría. Asistencia recomendada |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. Resolución por parte do profesor e por parte dos alumnos, dos exercicios propostos. Asistencia recomendada |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. Asistencia obrigatoria |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Discusión sobre os diferentes aspectos da materia: teoría, problemas, prácticas.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica NON ten dispensa académica de exención de asistencia para as Prácticas de laboratorio, aínda que se lle darán facilidades en canto ás datas de realización previa comunicación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A2 B2 |
Consta dunha proba parcial non eliminatorio a mediados do cuadrimestre e dunha proba final |
90 |
Prácticas de laboratorio |
A2 B1 B2 B3 B7 C1 |
Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas |
10 |
|
Observacións avaliación |
Realizarase unha proba obxectiva parcial non eliminatoria ao longo do cuadrimestre para a avaliación continua e unha proba final coincidindo coa data do exame aprobada en Xunta de Centro.
A proba final constará dunha parte de teoría e unha parte de problemas da totalidade do temario. A asistencia e realización das Prácticas de Laboratorio é obrigatoria só a primeira vez que o estudante se matricula da materia, sendo indispensable dita realización para a superación da materia. Unha vez aprobadas as prácticas, a cualificación obtida nas mesmas gardarase durante o tempo necesario ata que o estudante supere a totalidade da materia. Neste sentido, unha vez aprobadas as prácticas non é necesario volver facelas en convocatorias (cursos) posteriores, aínda que, se así o require, o estudante poderá volver realizar as prácticas coa súa consecuente cualificación, nese caso aplicarase para a avaliación da materia a última cualificación obtida nas prácticas. O peso na cualificación da nota de prácticas establécese na táboa. A nota final calcularase de acordo á seguinte fórmula:
0.1*PR+0.9*(0.4*T+0.6*PB)+0.1*PA
Sendo PR: Nota de prácticas; T: Nota de teoría do exame final; PB: Nota de problemas do exame final; PA: Nota do parcial en caso de ser maior ou igual a 5. No caso de que a nota do parcial sexa
inferior a 5 non se terá en conta na avaliación. Todas as notas calculadas sobre 10. A nota final máxima que se pode alcanzar na materia é un 10. Os criterios de avaliación na
2ª oportunidade e na convocatoria adiantada son os mesmos que os da 1ª
oportunidade. En caso de non ter realizadas as Prácticas de Laboratorio, o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica NON ten dispensa académica de exención de asistencia para dicha prácticas, aínda que se lle darán
facilidades en canto ás datas de realización previa comunicación. Os criterios
e actividades de avaliación para este alumnado serán os mesmos que para o resto
de alumnos e indícanse na táboa.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Scala J.J. (1995). Análisis vectorial. Reverté
Alonso M., Finn E. (1986-1995). Física. Addison-Wesley
Giancoli D.C. (1997). Física. Prentice Hall
Tipler P.A. (2004). Física para la ciencia y la tecnología. Reverté
Sears, Zemansky, Young (1986-1998). Física Universitaria. Addison-Wesley
Serway R.A., Jewett J.W. (2008). Física: para ciencias e ingenierías. Cengage Learning
Bedford A., Fowler W. (1996). Mecánica para ingeniería: Dinámica. Addison-Wesley iberoamericana
Bedford A., Fowler W. (1996). Mecánica para ingeniería: Estática. Addison-Wesley iberoamericana
Beer F.P., Johnston E.R., Eisenberg E.R. (2007). Mecánica Vectorial para ingenieros. McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", realízanse as seguintes recomendacións: A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|