Identifying Data 2024/25
Subject (*) Fluid and Thermal Machines Code 730G04023
Study programme
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinador
Lema Rodríguez, Marcos
E-mail
marcos.lema@udc.es
Lecturers
Lema Rodríguez, Marcos
López Peña, Fernando
E-mail
marcos.lema@udc.es
fernando.lopez.pena@udc.es
Web
General description Preténdese dar unha visión xeral dos tipos, compoñentes, funcionamento, usos e aplicacións das máquinas de fluído, tanto térmicas (fundamentalmente motores alternativos, turbinas de gas e turbinas de vapor) como hidráulicas. O alumno alcanzará as habilidades que todo enxeñeiro industrial precisa na súa carreira profesional nun campo relacionado con estas máquinas de fluídos.

Competencies / Study results
Code Study programme competences / results
A21 TEM6 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Coñecer os tipos, compoñentes, funcionamiento, usos e aplicacións das máquinas de fluido A21
B2
B5
C4

Contents
Topic Sub-topic
Los temas siguientes desarrollan los contenidos que se indican tal como aparecen en la memoria de verificación Motores. Turbomáquinas.
TEMA 1.Introdución as máquinas de fluido
Lección 1.Introdución as máquinas de fluido
TEMA 2.Motores de combustión interna alternativos

Lección 1. Características fundamentais dos MCIA

Lección 2. Ciclos de traballo en MCIA. Ciclos de aire.

Lección 3. Perdas de calor. Refrixeración

Lección 4. Perdas mecánicas. Lubricación

Lección 5. O proceso de renovación da carga

Lección 6. Sobrealimentación de MCIA

Lección 7. O proceso de combustión

Lección 8. Semellanza de motores
TEMA 3.Turbomáquinas térmicas
Lección 1. A turbina de vapor

Lección 2. A turbina de gas

Lección 3. Ecuación fundamental das turbomáquinas

Lección 4. Escalonamentos

Lección 5.Pérdidas y regulación en turbomáquinas
TEMA 4.Turbomáquinas hidráulicas
Lección 1. Introdución

Lección 2. Balance enerxético en turbomáquinas hidráulicas

Lección 3. Teorema de Euler

Lección 4. Semellanza en máquinas hidráulicas

Lección 5. Curvas características de turbobombas

Lección 6. Instalacións de turbobombas

Lección 7. Regulación de turbobombas hidráulicas
Programa de Prácticas.
Práctica n.º 1. Despezamento de motores. Curva de Potencia e Consumo.

Práctica n.º 2. Módulo de turbinas.

Práctica n.º 3. Caracterización dunha bomba centrífuga

Práctica n.º 4. Caracterización dunha turbina Pelton.

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Laboratory practice A21 B2 B5 4 6 10
Guest lecture / keynote speech A21 B2 B5 C4 28 42 70
Mixed objective/subjective test B2 0 2 2
Supervised projects B2 B5 C4 2 9 11
Problem solving A21 B5 C4 20 30 50
 
Personalized attention 7 0 7
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Laboratory practice En visitas á "Escuela de Energía y Propulsión de la Armada" en Ferrol e no laboratorio da EPS
Guest lecture / keynote speech Son as clases de teoría
Mixed objective/subjective test Realizaranse dúas probas de avaliación, unha a mediados e outra ao final de curso. Consistirán nunha proba escrita na que haberá que responder diferentes tipos de preguntas teóricas e resolver problemas curtos e longos.
Supervised projects Realizaranse traballos sobre temas levados en clase e sobre prácticas de laboratorio.
Problem solving Son as clases de resolución de problemas propostos

Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Description
Actualmente parte das prácticas desta materia, correspondente á parte de máquinas térmicas, desenvólvense na Escola de Enerxía e Propulsión da Armada Española, en Ferrol. Necesítase, por tanto o guiado personalizado dos alumnos por parte do profesor da materia, así como por parte dun profesor da Armada.

As prácticas de máquinas hidráulicas realízanse no laboratorio da EPS en grupos reducidos dun máximo de 8 persoas por sesión.

Aquelas alumnas e alumnos con dispensa académica deberán realizar as prácticas de laboratorio e poderán voluntariamente resolver problemas facilitados polas e os docentes da materia cuxa solución será discutida en titorías, e que poderá formar parte da avaliación final. As datas da realización das prácticas e da entrega das memorias correspondentes poderán ser acordadas cos e as docentes da materia.

A atención personalizada refírese ás horas de titoría habituais.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects B2 B5 C4 Realizaranse dous traballos tutelados durante o cuadrimestre, cuxo contido se fará coincidir con cada unha das partes da materia. A cualificación obtida conservarase para a segunda oportunidade. Aqueles alumnos e alumnas que non realicen os traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 e non poderán facer entregas posteriores. 15
Mixed objective/subjective test B2 Na convocatoria de primeira oportunidade a avaliación da materia farase de forma continua con dúas probas mixta: A primeira proba realizarase ao longo do primeiro cuadrimestre e avaliará aos alumnos e alumnas do contido da parte de Máquinas Térmicas e terá un peso de 60%. A segunda proba realizarase na data prevista no calendario de examenes da EPEF onde se avaliará do contido de Máquinas Hidráulicas e terá un peso de 40%. Na primeira oportunidade non será posible avaliarse de todo o contido da materia nun único exame.
Para poder aprobar a materia en primeira oportunidade é necesario obter unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada proba mixta e a nota final obterase coa media ponderada co peso de cada parte. Os alumnos que só aproben unha das probas liberarana e conservarán dita nota para a convocatoria de segunda oportunidade. Por tanto, estes alumnos e alumnas só terán que avaliarse en segunda oportunidade da parte que non aprobasen en primeira oportunidade.
Os alumnos e alumnas que se presentaron en primeira oportunidade aos dous exames e que non superasen os dous ou un deles obterán a cualificación de “suspenso”. Os alumnos e alumnas que non se presentaron aos dous exames ou a un deles recibirán a cualificación de “non presentado”.
70
Laboratory practice A21 B2 B5 A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria, así como a entrega e aprobado da memoria de prácticas correspondente á parte de máquinas hidráulicas. Os alumnos e alumnas que non acudan ás prácticas nas datas previstas non poderán superar a materia no presente curso académico e non haberá posibilidade de realizar as prácticas de novo ata o seguinte curso. Aqueles alumnos e alumnas que non aproben a memoria de prácticas que se entregará na parte de máquinas hidráulicas (5 sobre 10) non poderán aprobar a materia na primeira oportunidade. Estes alumnos poderán realizar un exame de prácticas na convocatoria de segunda oportunidade que, en caso de aprobala, permitiralles aprobar a materia na devandita convocatoria.
Os alumnos e alumnas que realicen e aproben as prácticas nun mesmo ano académico, e en caso de non aprobar a materia, non terán que repetilas nos tres cursos seguintes ao que realizasen as prácticas. En ningún caso avaliaranse memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
15
 
Assessment comments

A proba mixta da parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes.

A realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. 

Aqueles alumnos e alumnas que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a materia: Realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos anteriores e nota final na proba mixta igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un peso do 85% e as prácticas de laboratorio do 15%. 

Aqueles alumnos e alumnas con dispensa académica deberán realizar: As prácticas de laboratorio, os traballos tutelados e as probas mixtas. Con todo, os alumnos e as alumnas con dispensa académica poderán acordar cos e as docentes da materia datas alternativas para a realización dos traballos tutelados. 

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse #de acordo con a normativa académica vixente da UDC.


Sources of information
Basic MACINTYRE, A. (1997). Bombas e Instalaçoes de Bombeamento . Livros Técnicos e Científicos Editora, S.A., Brasil
Muñoz Torralbo, Manuel (2002). Máquinas Térmicas. UNED
HERNÁNDEZ KRAHE, J.M. (1976). Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED, Madrid
F. Payri (2002). Motores de combustión interna alternativos. UPM-ETSII
HERNÁNDEZ, J y CRESPO, A. (1976). Problemas de Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED
Marta Muñoz Domínguez (1999). Problemas resueltos de motores térmicos y turbomáquinas térmicas. UNED
MATAIX, C. (1975). Turbomáquinas Hidráulicas . ICAI, España

Complementary KARASSIK, I.J. y CARTER, R. (1980). Bombas Centrífugas . CECSA, México
PFLEIDERER, C. (1971). Bombas Centrífugas y Turbocompresores . Labor, USA
YOUNG, F.R. (1989). Cavitation . McGraw-Hill
STEPANOFF (1993). Centrifugal and Axial Flow Pumps . John Wiley and Sons, USA
WISLICENUS, G.F. (1965). Fluid Mechanics of Turbomachinery, . Dover, USA
FOX R.W. y McDONALD A.T. (1995). Introducción a la Mecánica de Fluidos . McGraw-Hill
CASANOVA, E. (2001). Máquinas para la Propulsión de Buques . Serv. publicacións UDC
MUÑOZ, M y PAYRI, F. (1984). Motores de Combustión Interna Alternativos . Serv. publicaciones UPV, Valencia
REQUEJO, I. y otros. (). Problemas de Motores Térmicos . Serv. publicaciones UPV, Valencia.
CHERHASSY, V.M. (1980). Pumps, Fans, compressors . MIR, Moscow
MUÑOZ, M y PAYRI, F. (1978). Turbomáquinas Térmicas. . Serv. publicaciones ETSII, Madrid


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Calculus /730G03001
Physics I /730G03003
Linear Algebra/730G03006
Physics II/730G03009
Diferential Equations/730G03011
Thermodynamics /730G03014
Fluid Mechanisc /730G03018
Industrial Heat Transfer/730G03020
Mechanics/730G03026

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.