Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) MÁQUINAS ELÉCTRICAS Código 730G04050
Titulación
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
Profesorado
Chouza Gestoso, Jesus Diego
Correo electrónico
jesus.chouza@udc.es
Web http://www.moodle.udc.es
Descrición xeral Que o estudante coñeza os principios das principais máquinas eléctricas e a seu modelizado mediante circuítos e esquemas electro-mecánicos. O estudo realízase en 5 bloques: os transformadores de potencia ou máquinas estáticas; os principios das máquinas eléctricas rotativas, máquinas de corrente alterna de indución ; máquinas síncronas e máquinas de corrente continua.



Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A23 TEE1 Capacidade para o cálculo e deseño de máquinas eléctricas.
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B7 B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
C1 C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Poseer a capacidade para o cálculo e o deseño de máquinas eléctricas A23
B2
B7
C1
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Os dous bloques que se reparten os cinco temas, desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación. BLOQUE I. MÁQUINAS ESTÁTICAS.
- Transformadores de potencia (CONTIDOS: Base das máquinas eléctricas e Transformadores de potencia).

BLOQUE II. MÁQUINAS ROTATIVAS.
- Principios xerais das máquinas eléctricas rotativas (CONTIDOS: Base das máquinas eléctricas).
- Máquinas de corrente alterna de indución (CONTIDOS: Máquinas de corrente alterna).- Máquinas de corrente alterna síncronas (CONTIDOS: Máquinas de corrente alterna)

- Máquinas de corrente continua (CONTIDOS: Máquinas de corrente continua)
Transformadores de potencia. * Necesidade do transformador.
* Potencia do transformador e partes.
* Placa característica.
* Corrente de excitación ou sen carga dun transformador.
* Principio de funcionamento dun transformador ideal (monofásico).
* Funcionamento dun transformador real.
* Circuíto equivalente dun transformador.
* Determinación de terminais homólogos.
* Ensaio sen carga.
* Ensaio de curtocircuíto.
* Caída de tensión nun transformador, efecto Ferranti. Índice de carga.
* Perdas e rendemento dun transformador.
* Corrente de conexión dun transformador.
* Transformadores trifásicos.
* Conexións dos transformadores trifásicos.
* Índices horarios.
* Conexión en paralelo de transformadores.
* Autotransformadores.
* Tomas de regulación.
* Transformadores de medida.
* Transformadores de protección.
Principios xerais das máquinas eléctricas rotativas. * F.m.m. e campo magnético no entrehierro dunha máquina eléctrica .
* Campo magnético e f.m.m. producida por un devanado concentrado de paso diametral.
* F.m.m. producida por un devanado distribuído.
Máquinas de corriente alterna asíncronas ou de indución. * Aspectos construtivos .
* Principio de funcionamento.
* Circuito equivalente aproximado do motor asíncrono.
* Ensaios do motor asíncrono: Ensaio sen carga ou de rotor libre e Ensaio de curtocircuíto ou de rotor bloqueado.
* Par de rotación.
* Curvas características.
* Funcionamento como motor, xerador e freo.
* Arranque da máquina asíncrona (de motores en gaiola de esquío e dos de rotor bobinado).
Máquinas alternas síncronas. * Principios construtivos.
* Principio do funcionamento do alternador.
* Reacción do inducido.
* Circuíto equivalente e diagrama vectorial da máquina síncrona.
* Curvas características.
* Impedancia síncrona. Ensaio sen carga e curtocircuíto e método de Potier (ou de fdp nulo).
* Regulación das máquinas de Polos saíntes.
* Motor sícrono: generalidades.
* Axuste dun alternador á rede.
* Potencia activa e reactiva desenvolvida por unha máquina síncrona axustada a unha rede de potencia infinita.
* Funcionamento dunha máquina síncrona conectada a unha rede de potencia infinita.
Máquinas de corrente continua. * Aspectos construtivos.
* Principio de funcionamento.
* Reacción do inducido.
* Conmutación.
* Xeradores de c.c.: Aspectos xerais.
* Xeradores de c.c.: Características de servizo.
* Motores de c.c.: Aspectos xerais.
* Motores de c.c.: Curvas Características de funcionamento.
* Motores de c.c. con excitación independente e derivación.
* Motores de c.c. con excitación serie.
* Motores de c.c. con excitación composta.Sistema Ward-Leonard.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A23 B7 B2 C1 C4 C5 30 23 53
Traballos tutelados A23 20 38 58
Prácticas de laboratorio A23 B2 B7 C1 C4 C5 10 10 20
Proba mixta A23 B2 B7 C1 C4 C5 4 12 16
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico
Non pode aprobarse a materia sen asistir as prácticas de laboratorio.
Proba mixta Integra preguntas tipo de probas obxectivas que combinan preguntas de resposta múltiple

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
O profesor responde a las , ás preguntas ou consultas realizadas polos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A23 B2 B7 C1 C4 C5 A realización con aproveitamento das prácticas de laboratorio é indispensable para superar a materia.
O exame de prácticas de laboratorio representarán o 1% da nota final da materia, sempre que o alumno obteña 4,5 ptos. sobre 10 na proba obxectiva, en ningún caso pode servir para compensar notas inferiores a 4,5 ptos, na Proba Mixta.
1
Proba mixta A23 B2 B7 C1 C4 C5 A proba mixta que se realizará ao final do curso, nas correspondentes convocatorias oficiais, onde o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe dunha maneira obxectiva. Constarán de dous partes cun número comprendido entre 10 e 15 preguntas tipo test en cada unha das partes, acompañadas de 6 posibles respostas, onde só unha é a correcta, o alumno deberá xustificar sempre a resposta, sendo esta condición indispensable para que a resposta sexa aceptada como correcta. As respostas incorrectas descontarán 0,17 puntos.
Para superar a materia o alumno deberá obter 4,5 puntos. sobre 10, como mínimo en cada unha das dúas partes de que consta esta proba.
69
Traballos tutelados A23 Trátase de casos prácticos a proposta do profesor, que deberá resolver e explicar mediante unha exposición oral. 30
 
Observacións avaliación

-A materia divídese en 2 partes, ao finalizar a exposición da 1ª parte coincidindo coa metade do período lectivo realizarase unha proba voluntaria, que será eliminatoria, os alumnos que a superen xa non terán que volver examinarse da mesma nas convocatorias da 1ª e 2ª oportunidade do curso onde superaron a 1ª parte.

- Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e as probas similares.

-Recoméndase a asistencia a clase, sendo obrigatoria nas prácticas de laboratorio.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.



Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Mazón, J ; Miñambres, J F; Zorrozua, M A ; Buigues G ; Valverde V. (2008). Guía de autoaprendizaje de máquinas eléctricas . Pearson Prentice Hall
Fraile Mora, Jesús (2008). Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill
Chapman,S J (2005). Máquinas Eléctricas. Mc Graw Hill
Fraile Mora, Jesús; Fraile Ardamuy, Jesús (2005). Problemas de Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill
Ortega Jinénez, Guillermo; Gómez Alós, Milagros; Bachiller Soler, Alfonso (2002). Problemas resueltos de Máquinas Eléctricas. Thomson-Paraninfo

Bibliografía complementaria Fitzgerald, A.E; Kingsley Jr., Charles; Umans, Stephen D. (2003). Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CAMPOS E ONDAS/730G04047
CÁLCULO/730G04001
FÍSICA I/730G04003
ÁLXEBRA/730G04006
FÍSICA II/730G04009
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G04011
FUNDAMENTOS DE ELECTRICIDADE/730G04012
Informática/770G02002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para unha contorna sostible e cumprir co obxectivo da actuación núm. 1: a entrega dos traballos documentais que se realicen na materia:

1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De realizarse en papel:

- Non empregaranse plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías