Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Física 2 Código 730G05006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Profesorado
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer os principios da Termodinámica para unha primeira aplicación aos procesos que teñen lugar nas máquinas térmicas máis sinxelas. Coñecer os fenómenos fundamentais da electricidade e do magnetismo e a súa relevancia para asignaturas futuras de maior compoñente técnica.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Estudio a nivel xeral dos principios básicos da Física. B3
B5
C1
C4
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da termodinámica e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría A2
Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B1
B2
B6
C6
Aplicar os fundamentos científico-técnicos das tecnoloxías industriais. Analizar os problemas racionalizando e estructurando para chegar a resolver problemas de forma efectiva. A2
C4
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con autonomía. A2
C2
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1:Termodinámica 1. Calor e Temperatura. Propiedades térmicas da materia
2. Primer Principio da Termodinámica
3. Segundo principio da Termodinámica
BLOQUE 2: Electromagnetismo 4. Campo e potencial electrostático
5. Dieléctricos e polarización da materia. Condensadores
6. Circuitos de corriente continua
7. Campo magnético
8. Inducción electromagnética
9. Circuitos de corriente alterna

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A2 B2 C6 10 10 20
Sesión maxistral A2 A2 B1 B2 B6 30 30 60
Solución de problemas A2 B3 B5 C1 C2 20 40 60
Proba mixta A2 B3 B5 C4 C4 C5 3 0 3
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os/as estudiantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas preguntas dirixidas ós/ás estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. Realizarase de forma non presencial
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron. Despois de cada tema proporase unha colección de problemas tipo. Parte de esos problemas resolveranse na pizarra e outros deixaranse como traballo individual e autónomo.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxetivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxetivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As prácticas de laboratorio son obligatorias para superar a materia. Os/as alumnos/as, por grupos pequenos ou individualmente, farán as prácticas propostas. En todo instante terán a supervisión e atención do/a profesor/a.

Durante as clases de problemas resolveranse na aula os problemas recollidos nos boletines previamente entregados. Alguns exercicios deixaranse como traballo individual do alumno/a, tanto dentro como fora da aula. A atención personalizada será tanto presencial como non presencial (por Teams ou mail).

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A2 B3 B5 C4 C4 C5 Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia

60
Prácticas de laboratorio A2 B2 C6 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio. Valorarase a compresión do traballo de laboratorio. As practicas son obligatorias para aprobala asignatura. 10
Solución de problemas A2 B3 B5 C1 C2 Como parte da evaluación continua plantearanse a o alumnado durante o curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos/as alumnos/as e avaliados polo/a profesor/a . 30
 
Observacións avaliación
  • A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os/as alumnos/as que xa estiveran matriculados na asignatura e realizasen as prácticas de laboratorio
    no curso anterior, poderán optar a realizalas novamente ou non
    realizalas, conservando a puntuación do curso anterior.
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e da convocatoria adiantada son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supoñendo igualmente o 10% da cualificación, manterase tamén a puntuación obtida na solución de problemas, pero supoñendo soamente o 15% da cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira oportunidade). O 75% restante corresponderá á proba mixta.
  • Os/as alumnos/as con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba mixta.
  • Para os/as alumnos/as con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia, a avaliacion consistira na realizacion dunha proba mixta escrita coa cualificacion do 60%, mais valoracion de traballos propostos de solución de problemas con cualificacion do 30%, e máis a realización de prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos da practicas de laboratorio) coa cualificación do 10%. 
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanecia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica Tipler-Mosca (2005). Física para la ciencia y la tecnología. Reverte
Sears, Zemansky, Young (1986-1998). Física Universitaria. Addison-Wesley

Bibliografía complementaria Alonso M., Finn, E (1986-95). Fisica. Addison-Wesley
Serway,Raymon A. (1992-). Fisica. McGraw-Hill
Burbano de Ercilla, Enrique Burbano Garcia, Carlos Gracia Muñoz. (2006). Física General. Tebar
Gettys-Keller-Skove (2005). Física para ciencias e ingeniería. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" realizaránse as seguintes accións:

-Sempre que se teña que utilizar papel empregarase papel reciclado e realizaranse impresións a dobre cara.
-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Se se detectan situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.
-Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías