Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC, Prácticas de laboratorio,traballos tutelados,proba mixta, a condición de que se cumpran as seguintes condicións:
Que se realizaron e aprobado as Prácticas de laboratorio e ademais:
- Sacar polo menos dez puntos no exame parcial da proba obxectiva(ou na recuperación do mesmo na proba da oportunidade de xuño) e polo menos dez puntos no exame final da proba obxectiva, correspondente á segunda parte da materia e que a suma de ambos os exames chegue polo menos a 25 puntos .
-No caso de que no parcial non se alcancen os dez puntos considerarase suspenso e terá que repetirse esa parte no exame final, aplicándose o comentado no punto anterior.
- No caso de ter unha parte aprobada e outra suspensa na convocatoria de xuño, a parte aprobada conservarase para a oportunidade de xullo, pero non para convocatorias sucesivas.
Exemplos
Parcial 15 puntos. Final (2ª parte) 15 puntos. Total 30 puntos. Apto na proba mixta
Parcial 10 puntos. Final (2ª parte) 15 puntos. Total 25 puntos. Apto na proba mixta
Parcial 8 puntos. Ten que repetir o primeiro parcial no exame final.
Parcial 15 puntos. Final (2ª parte) 5 puntos. Examinarase da 2ª parte en xullo
Final primeira parte 10 puntos. Final segunda parte 15 puntos. Apto na proba mixta
Final primeira parte 10 puntos. Segunda parte 11 puntos. Examínase de todo en xullo
etc
Ás persoas que non cheguen aos mínimos na proba mixta, non se lles sumará a restante parte das metodoloxías e se baremará en actas, con respecto á cualificación máxima da proba mixta. No caso de que sumasen polo menos 25 puntos (pero sen sacar polo menos 10 en cada parte), cualificaranse con 4.5
Os traballos, presentacións, #etc non se gardan para convocatorias sucesivas (con excepción do laboratorio).
Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, as datas das mesmas notificaranse a inicios de curso . Os alumnos e alumnas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, en caso de non poder asistir presencialmente ás sesións, terán que superar un exame extraordinario de laboratorio tras a realización do exame da materia na primeira oportunidade para poder aspirar a superar a materia. Ese exame debe ser solicitado polo/a alumno/a.
Para axudar á superación da mesma, o profesor achegaralles unhas addendas complementarias aos guións das prácticas, cunha mellor comprensión das mesmas e facilitar a preparación do citado exame, á parte das xa indicadas titorías periódicas (véxase apartado 6),
O mesmo é aplicable para a segunda oportunidade (xullo).
Na segunda oportunidade , unicamente realizarase un exame cun valor de 50 puntos , máis un exame de prácticas para aquelas persoas que non as tivesen superadas (a condición de que o soliciten). Ese exame ten un valor de 10 puntos. Desta maneira, garántese que calquera alumno/a poida superar a materia en xullo aínda que na primeira oportunidade non realizase as actividades de avaliación continua.
Nesta segunda oportunidade gárdanse as notas da avaliación continua do curso, pero non se poderán entregar os traballos tutelados nin as prácticas TIC en caso de non facelo na primeira oportunidade. O motivo é que a natureza das citadas actividades esixe unha interacción coas clases presenciais que se desenvolven durante o curso ou na súa falta -para a xente con dispensa académica- a asistencia ás titorías académicas realizadas durante o desenvolvemento da materia.
Na convocatoria adiantada mantéñense os mesmos criterios que na de xullo, sumándose (en caso de superar a proba mixta) os resultados da avaliación continua do curso anterior.
En caso de detectarse calquera forma de plaxio académica en calquera das actividades de avaliación, aplicarase a norma vixente da UDC respecto diso.