Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Enxeñaría da calidade e medioambiente Código 730G05021
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Química
Coordinación
Rodriguez Guerreiro, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.guerreiro@udc.es
Profesorado
Rodriguez Guerreiro, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.guerreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento do medio mariño e a súa reglamentación (Convenio Marpol), contaminación mariña e impacto ambiental. Xestión da calidade e xestión medioambiental en buques.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecemento dos sistemas para avaliación da Calidade, así como da normativa e os medios relativos á seguridade e á protección ambiental A17
B2
B3
B4
B6
C1
C2
C4
C5
C6
Coñecer o medio marino, a importancia que ten sobre o mar, a súas consecuencias e impacto, así como a calidade e xestión ambiental aplicada a o sector naval A17
B2
B3
B4
B6
C1
C2
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha de memoria de verificación, que son: Medio Ambiente
Reglamentación mariña
Calidade
CONTAMINACIÓN MARIÑA E IMPACTO AMBIENTAL 1) ORIXEN DA CONTAMINACIÓN MARIÑA
2) CARACTERISTICAS DO MEDIO MARIÑO
3) PRINCIPAIS CONTAMINANTES
4) LUCHA CONTRA A CONTAMINACIÓN DE HIDROCARBUROS

CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA 1) CONTAMINANTES ATMOSFÉRICOS
2) FOCOS EMISORES
3) EFECTOS DA CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA
4) MEDIDAS CORRECTORAS DA CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA

RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (RSU) 1) XESTIÓN DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (RSU)
2) LEXISLACIÓN RSU
REGLAMENTACIÓN MARIÑA. CONVENIO MARPOL 1) CONTAMINACIÓN POR HIDROCARBUROS. SEPARADOR DE SENTINAS
2) CONTAMINACIÓN POR SUSTANCIAS NOCIVAS LÍQUIDAS TRANSPORTADAS A GRANEL
3) CONTAMINACIÓN POR SUSTANCIAS PERJUDICIALES TRANSPORTADAS POLO MAR EN BULTOS
4) CONTAMINACIÓN POR AUGAS SUCIAS DOS BUQUES. PLANTA DE TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS
5) CONTAMINACIÓN POR BASURAS DOS BUQUES. EQUIPO DE TRATAMENTO DE COMPOSTOS ORGÁNICOS
6) CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA OCASIONADA POLOS BUQUES. EQUIPO INCINERADOR
XESTIÓN DA CALIDADE 1) CONCEPTOS BÁSICOS
2) GESTIÓN Y HERRAMIENTAS DE CALIDAD
3) NORMA ISO 9001
4) NORMA ISO 14001 Y REGLAMENTO EMAS
AUGAS RESIDUAIS 1) TRATAMENTO DAS AUGAS RESIDUAIS
2) AUGAS RESIDUAIS URBANAS
3) PLANTA DE AUGAS RESIDUAIS A bordo DUN BUQUE
4) PRÁCTICAS DE LABORATORIO: DETERMINACIÓN DE CLORUROS, DUREZA, FOSFATOS, SÓLIDOS EN SUSPENSIÓN, pH e CONDUTIVIDADE EN AUGAS RESIDUALES

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas B2 C2 6 6 12
Traballos tutelados B3 C4 C5 C6 3 30 33
Prácticas de laboratorio B4 C1 12 12 24
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B6 3 0 3
Saídas de campo A17 B2 B3 B4 B6 5 0 5
Sesión maxistral A17 17 17 34
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Plantexamento da resolución de esquemas dos equipos medioambientais que leva a bordo un buque. Resolución de exercicios. Os/as estudantes traballan individualmente e/ou en grupo, dudas o cuestións e dan conta do aprendido.
Traballos tutelados Realización de traballos dirixidos. Presentación e corrección
Prácticas de laboratorio Lectura compresiva da práctica. Leva a cabo o traballo experimental. Plantexa e resolve os cálculos numéricos asociados, así como as cuestións que se lle plantexen. Examina e valora o resultado final.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a evaluación do aprendizaxe do estudante.
Saídas de campo 1. VISITA TÉCNICA A UNHA DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS URBANA
2. VISITA TÉCNICA A UN BUQUE (FRAGATA F-100) (ARSENAL DE FERROL)
3. VISITA TÉCNICA SASEMAR (SOCIEDAD DE SALVAMENTO E SEGURIDAD MARÍTIMA (FERROL)

Intentarase realizar as visitas anteriormente descritas, sempre e cando sexa posible. Ditas visitas reforzarán no alumno/a os coñecementos teóricos adquiridos na materia
Sesión maxistral O/a estudiante asimila as explicacións e toma apuntes. Plantexa dudas e cuestións. O estudiante ten a sua disposición o temario en formato PDF na plataforma Moodle

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Os estudantes contarán coa atención personalizada pola parte do profesor/a: titorías presenciais e/ou por correo electrónico da teoría da materia; seguimento da resolución dos problemas realizados nos seminarios a través da plataforma Moodle; revisión do desenvolvemento das etapas intermedias e finais do traballo tutelado; O/a estudante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B3 C4 C5 C6 Elaboración dun traballo tutelado e exposición oral do mesmo


10
Solución de problemas B2 C2 Aprendizaxe colaborativo, Discusión dirixida 20
Prácticas de laboratorio B4 C1 Participación activa no desarrollo das prácticas. Será obligatoria a entrega dun informe de cada unha das prácticas. 5
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B6 Examen final de toda a materia dada, teoría e problemas 60
Saídas de campo A17 B2 B3 B4 B6 Valoración e participación da asistencia ás visitas técnicas aplicadas á teoría da asignatura 5
 
Observacións avaliación

A avaliación do alumnado a tempo
completo desta materia farase mediante a avaliación continua e a realización
dun exame final presencial, que só poderá realizar o alumno/a que participa nun
mínimo do 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria
(sesións de traballos tutelados, solución de problemas e prácticas de
laboratorio).

 Os alumnos/as (estudantes de tempo
completo e estudantes con dispensa académica) que obtiveron un xustificante de
non asistencia ás prácticas de laboratorio, realizarán un exame da/as
práctica/as suspensas o día da proba obxectiva da primeira convocatoria e/o
segunda convocatoria e/o convocatoria anticipada.

 Para aprobar a materia será obrigatorio
entregar un traballo (formato Word) e expoñelo (Power point ou formato similar)
no día establecido polo profesorado, publicado en Moodle ao comezo do curso
para todos os alumnos/as (alumnos/as de tempo completo e alumnos/as con
dispensa académica). A nota do traballo gardarase para todas as convocatorias
do curso (1ª, 2ª e anticipada) e para cursos posteriores para todos os
alumnos/as (alumnos/as a tempo completo e alumnos/as con dispensa académica).

 Para todos os alumnos/as (estudantes a
tempo completo e estudantes con dispensa académica), será necesario obter un
mínimo de 2,5 puntos na proba obxectiva (6 puntos) para avaliar o resto de
actividades e poder sumar 5 puntos como mínimo entre a proba obxectiva e as actividades
para aprobar a materia. Estas condicións son para todas as convocatorias do
curso (1ª, 2ª e anticipada).

 Os alumnos/as con dispensa académica deberán
realizar todas as entregas das actividades da metodoloxía “solución de
problemas” nas datas e horarios establecidos para todos os alumnos/as na
plataforma Moodle ao comezo do curso, aínda que non asistan a clase, para poder
sumar a puntuación obtida nas devanditas actividades á nota da proba obxectiva.
Os alumnos/as con dispensa académica deberán realizar
obligatoriamente como mínimo o 80% das prácticas de laboratorio.

Os estudantes (estudantes a tempo
completo e estudantes con dispensa académica) que se presenten ao exame de
segunda oportunidade e/o convocatoria anticipada deberán cumprir os mesmos
criterios especificados para a primeira convocatoria.

 Implicacións do plaxio: a realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación implicará directamente o grao de
suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, invalidando
asícalquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria
extraordinaria.

 Todos os aspectos relacionados con
“dispensa académica”, a “dedicación ao estudo”, a “permanencia” e a “fraude
académica” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.

 


Fontes de información
Bibliografía básica PABLO ALCALDE SAN MIGUEL (2010). Calidad. MADRID: PARANINFO S.A.
Orozco C.; Pérez A.; González M.N.; Rodríguez F.J. y Alfayate J.M. (2003). Contaminación Ambiental. Una visión desde la Química. MADRID: THOMSON
Boubel R.W., Fox D.L., Turner D.B. and Stern A.C. (1994). Fundamentals of Air Pollution. SAN DIEGO, CALIFORNIA: ACADEMIC PRESS
6. ENRIQUE CLAVER, JOSÉ FRANCISCO MOLINA Y JUAN JOSÉ TARÍ (2011). Gestión de la calidad y gestión medioambiental. MADRID: PIRÁMIDE
Kiely, Gerard (1999). Ingeniería ambiental: fundamentos, entornos, tecnologías y sistemas de gestión. MADRID: McGraw-Hill
3. MARIANO SEOANE CALVO (2000). Manual de contaminación marina y restauración del litoral. MADRID: EDICIONES MUNDIPRENSA
4. JOSE MARÍA SILOS RODRÍGUEZ (2008). Manual de lucha contra la contaminación.. CÁDIZ: UNIVERSIDAD DE CÁDIZ
5. ORGANIZACIÓN MARITIMA INTERNACIONAL (2013). MARPOL. lONDRES: ORGANIZACIÓN MARITIMA INTERNACIONAL
SEOANE CALVO MARIANO (2000). RESIDUOS. MADRID: EDICIONES MUNDIPRENSA
BAUTISTA C. (1998). Residuos Guia Técnico-Jurídica. MADRID: EDICIONES MUNDIPRENSA

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
QUÍMICA/730G01104

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
TECNOLOXÍA DA CONSTRUCIÓN NAVAL 1/730G01124

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 

 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)

 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixila

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías