Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar e describir as características metodolóxicas da investigación cuantitativa
|
A19 A20
|
B1 B3 B8 B11 B21 B23
|
C6 C7 C8 C11 C13
|
Describir e utilizar os métodos estadísticos frecuentes nos estudos da área de ciencias da saude |
A19 A20
|
B1 B3 B8 B11 B21 B23
|
C6 C7 C8 C11 C13
|
Comprender os elementos necesarios para a execución dun estudo clínico- epidemiolóxico. |
A19 A20
|
B1 B3 B8 B11 B21 B23
|
C6 C7 C8 C11 C13
|
Identificar e describir os principais fundamentos teóricos da investigación cualitativa |
A18
|
B1 B3 B8 B11 B21
|
C6 C7 C8 C11
|
Identificar e describir as características metodolóxicas da investigación cualitativa |
A18
|
B1 B3 B8 B11 B21
|
C6 C7 C8 C11
|
Describir os métodos e as técnicas para a obtención e análise de datos cualitativos |
A18
|
B1 B3 B8 B11 B21
|
C6 C7 C8 C11 C13
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIDAD DIDACTICA I.METODOLOXIA DA INVESTIGACIÓN CUALITATIVA |
1.1.- A investigación cualitativa no contexto da saúde.
1.2.- Características da investigación cualitativa. Complementariedade investigación cuantitativa e investigación cualitativa.
1.3.- Deseño da investigación cualitativa. Investigación como proceso circular. Pregunta de investigación.
1.4.- Unidade de análise e selección de participantes en investigación cualitativa. Estratexias de muestreo.
1.5.- Obtención de datos:
Datos verbais: entrevista, narracións, grupo discusión, etc.
Datos visuais: observación, etnografía, fotografía, vídeo, etc.
1.6.- Análise de datos:
Documentación dos datos. Notas de campo. Diario de investigación. Transcripción.
Preparación dos datos para súa análise.
Codificación e categorización
Rigor na investigación cualitativa. Plausibilización selectiva. Fiabilidade e validez. Triangulación. Inducción analítica.
|
UNIDADE DIDACTICA II. METODOLOXIA DE INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA: BIOESTATÍSTICA |
3.1. Software bioestatístico
3.2. Concepto de estatística. Variables
3.3. Análise descritivo dos datos e representación gráfica das variables
3.4. Cálculo de probabilidades: A distribución normal. Características e aplicacións
3.5. Estatística inferencial. Concepto de significación estatística
Análise bivariada
Análise multivariada
3.6. Presentación de resultados e a súa interpretación
|
UNIDADE DIDACTICA III. METODOLOXIA DE INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA: EPIDEMIOLOXÍA |
2.1.Estrutura e planificación dun proxecto de investigación
2.2 Mostraxe. Tipos de mostraxe. Cálculo do tamaño da mostra
2.3 Tipos de estudos epidemiolóxicos
2.4 Medidas de frecuencia da enfermidade
2.5 Medidas de asociación. Medidas de impacto
2.6 A decisión clínica. Significación estatística vs relevancia clínica
2.7 Concordancia diagnóstica. Índice Kappa
2.8 Validez e precisión dos estudos epidemiolóxicos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B23 C6 C8 C11 C13 |
0 |
12 |
12 |
Sesión maxistral |
A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 C8 C11 C13 |
21 |
20 |
41 |
Solución de problemas |
A19 A20 B8 C7 C11 C13 |
7 |
15 |
22 |
Aprendizaxe colaborativa |
A18 B3 B8 B21 C13 |
7 |
27 |
34 |
Prácticas a través de TIC |
A19 A20 B1 B3 B8 B11 |
7 |
15 |
22 |
Proba mixta |
A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 |
0 |
18 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Os estudantes de modo individual realizarán lecturas de artigos de investigación cualitativa.
O resto das lecturas encontrase na web http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Os contidos teóricos básicos impártense en sesions maxistrais, pero con un enfoque participativo.
A información dispoñible en Moodle será unha versión simplificada dos contidos teóricos. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Grazas a esta metodoloxía o estudante aplicará e poñerán en práctica os coñecementos adquiridos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Prácticas a través de TIC |
Realizaranse supostos prácticos, con datos reais, que serán analizados, en computador, por medio de programas estatísticos. Grazas a esta metodoloxía o estudante e aplicará e poñerá en práctica os coñecementos adquiridos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías presenciais ou virtuais, individuais e grupais. Utilizarase a mesma metodoloxía para o alumnado a tempo parcial ou dispensa académica de asistencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A19 A20 B1 B3 B8 B11 |
PROBA OBXETIVA individual na que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos. (nota máxima final da materia= 0.7 puntos) |
7 |
Solución de problemas |
A19 A20 B8 C7 C11 C13 |
TRABALLO TUTELADO que corresponde á parte da materia de investigación cuantitativa (4 ECTS). Se realizarán probas de avaliación e boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados (nota máxima final da materia= 2.1 puntos). Valorarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descrición dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán. |
21 |
Proba mixta |
A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 |
PROBA OBXETIVA:
Na parte correspondente á materia de investigación cuantitativa (4 ECTS) realizarase unha proba escrita (nota final máxima da materia 4.2 puntos) que poderá incluír preguntas de resposta múltiple e/ou resposta breve e/ou resolución de exercicios de análise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia
Na parte correspondente á materia de investigación cualitativa (2 ECTS) realizarase unha proba final que terá unha puntuación máxima de 7 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 2 puntos). Será necesario acadar unha calificación mínima de 3.5 puntos (sobre 7) na proba final para poder superar a materia. |
62 |
Aprendizaxe colaborativa |
A18 B3 B8 B21 C13 |
APRENDIZAXE COLABORATIVA. Esta actividade corresponde á parte da materia de investigación cualitativa (2 ECTS) e a súa realización será de carácter obrigatorio. Consiste en realizar en grupos de 5 estudantes unha búsqueda de 2 artigos, un en castelán e outro en inglés, de investigación cualitativa, coa finalidade de levar a cabo unha análise metodolóxico dos artigos e unha posterior presentación na aula. Esta actividade terá unha puntuación máxima de 3 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 1 punto). Será necesario acadar unha calificación mínima de 1.5 puntos (sobre 3) na actividade para poder superar a materia. |
10 |
|
Observacións avaliación |
NOTA IMPORTANTE: A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques: - METODOLOXÍA CUANTITATIVA (4 ECTs) 70% da nota final, Prof. Dra. Teresa Seoane Pillado e Prof. Dra. Sonia Pértega Díaz.
A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10. - Proba mixta -> representará o 60% deste bloque. É imprescindible alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 no exame para facer media cos outros compoñentes da avaliación deste bloque. - Prácticas a través de TICs -> representará o 10% da nota deste bloque. - Solución de problemas -> representará o 30% da nota deste bloque.
- METODOLOXÍA CUALITATIVA (2 ECTs) 30% da nota final, Prof. Dra. María Jesús Fernández Movilla (Coordinadora da materia).
1. Proba mixta ->
representará o 70% de
este bloque. E imprescindible alcanzar ó menos unha puntuación de 3.5 sobre 7 no exame para facer media cos outros compoñentes da avaliación de este bloque.
2. Traballo
tutelado -> representará o 30% de este bloque. E imprescindible alcanzar ó menos unha
puntuación de 1.5 sobre 3 no traballo tutelado para facer media cos outros
compoñentes da avaliación de este bloque.A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre
10 Para aprobar a materia é necesario superar cada unha das 2 partes individualmente. A nota final calcularase en función ao peso en créditos ECTS de cada unha das partes. No caso de que non se supere unha das dúas partes da materia, a nota que figurará será a calificación obtida tras a ponderación de cada parte si é inferior a 5 puntos, noutro caso a nota será a obtida na parte suspensa. Na 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da misma convocatoria. 1ª MATRÍCULA (PRIMEIRA Y SEGUNDA OPORTUNIDADE): Metodoloxía cuantitativa: A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/as alumnos/as de matrícula ordinaria en primeira e segunda oportunidade. En caso de non realizar algunha das actividades de avaliación continua (solución de problemas e prácticas a través de TICs), estas serán cualificadas con 0 puntos á hora de obter a nota final segundo as porcentaxes anteriores. Poderanse ter en conta outros aspectos e criterios na avaliación das actividades que se realizarán: asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contenidos abordados, coñecementos demostrados nas probas e exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta asignatura. Metodoloxía cualitativa: na primeira oportunidade, o alumnado de primeira matrícula deberá realizar o traballo tutelado e a proba final. Para superar esta parte da materia terá que aprobar o traballo tutelado e a proba final de forma independente. Na segunda oportunidade, ao alumnado de primeira matrícula que superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, se lle manterá a nota do mesmo e poderá presentarse á proba final, na que deberá acadar unha calificación mínima de 5 puntos para superar esta parte da materia. Na segunda oportunidade, o alumnado de primeira matrícula que non superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, poderá presentarse a unha proba final na que terá que obter unha calificación mínima de 5 puntos. 2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA: Os/as estudantes poderán solicitar dispensa académica. Os/as estudantes de matricula parcial ou dispensa académica de asistencia deberán poñerse en contacto coas profesoras ao inicio do curso. Metodoloxía cuantitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse ao sistema de avaliación establecido para primeira matrícula. De non facelo, poderá superar a materia únicamente mediante a avaliación do examen. Para iso, multiplicarase a nota do exame final por un factor corrector de 0,8 e o resultado será a calificación que figurará en acta. O/a alumno/a deberá comunicar as docente da materia que opta por esta opción de avaliación antes da oportunidade de xuño ou xullo. Metodoloxía cualitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse a unha das seguintes opcións de avaliación: 1) Realizar o traballo tutelado e a proba final, tendo que superar ambas actividades de forma independente, ou 2) Presentarse a unha proba obxectiva na que deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA: Metodoloxía cuantitativa: os/as alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas na Xunta de Facultade. A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10. Metodoloxía cualitativa: a avaliación consistirá nunha proba obxectiva sendo necesario acadar 5 puntos sobre 10 para superar a materia. MATRICULA DE HONRA: Se outorgará ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os/as aspirantes poderán ser convocados/as a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores calificacións. NON PRESENTADO: A calificación de Non Presentado corresponderá ao/á estudante que non realizase a proba mixta na parte de investigación cuantitativa e/ou que non realizase a proba final na parte de investigación cualitativa. FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. SICUE, ERASMUS e BILATERAL O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas docentes ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
http://www.fisterra.com/mbe/investiga/index.asp (). .
Latimer, J (Editor) (2003). Advanced Qualitative Research for Nursing. Oxford, Blackwell Publising
Martín, A. A. y Luna, J. C. (1999). Bioestadística para las Ciencias de la Salud. Ediciones Norma
Cobo, E., Muñoz, P. y González, J.A. (2007). Bioestadística para no estadísticos. Barcelona. Elsevier Masson
Moral Santaella C (2006). Criterios de Validez en la investigación cualitativa. Revista de Investigación Educativa,24,147-164
Hulley, S.B., Cummings, S.M., Browner, W.S., Grady, D.G. y Newman, T.B. (2007). Diseño de investigaciones clínicas. Barcelona. Wolters Kluwer-Lippincott Williams & Wilkins
Coggon D, Rose G, Barker DJP (2003). Epidemiology for the uninitiated. BMJ group
Milton, J. S. (2001). Estadística para Biología y Ciencias de la Salud. McGraw-Hill
Flick U (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid. Morata
Taylor S; Bogdan R (1992). Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona. Paidós
Streubert Helen J.; Rinaldi Carpenter D (2011). Investigaçao qualitativa em enfermagem. Portugal, Lusodidactica
Arantzamendi M; López-Dicastillo O; Viivar C (2012). Investigación cualitativa. Manual para principiantes.. Ediaciones Eunate
Pérez Serrano G (2001). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes. Madrid. La Muralla
Maykut P; Morehouse R (1999). Investigación Cualitativa. Una guía práctica y filosófica. Barcelona. Hurtado
Hernandez Sampieri R; Fernández-Collado C; Baptista Lucio P (2006). Metodología de la Investigación. Mexico. McGraw Hill
Rodriguez Gomez G; Gil Flores J; García Jiménez E (1999). Metodología de la Investigación Cualitativa. Málaga. Aljige
Cao, R., Labora, A., Naya, S. e Ríos, M. (2001). Métodos estatísticos e numéricos. A Coruña. Baia Edicións
Altman DG (2018). Practical Statistics for Medical Research. CHAPMAN&HALL
Holloway I; Wheeler S (2010). Qualitative Research in Nursing and Healthcare. United Kingdom, Wiley-Blackwell
Ruiz Olabuénaga JI (2012). Teoría y práctica de la investigación cualitativa. Deusto |
|
Bibliografía complementaria
|
Villareal Reyna MA; Salazar González BC (2006). La Teoría Crítica y su contribución al desarrollo del conocimiento en Enfermería. Desarrollo Científico de Enfermería, 14, 339-341 |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004 |
|
Materias que continúan o temario |
Farmacoloxía/750G01011 | Situacións de risco para a saúde e radioloxía/750G01013 | Enfermaría Comunitaria I/750G01014 | Enfermaría da Saúde Mental/750G01015 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Enfermaría clínica III/750G01017 | Enfermaría materno-infantil/750G01018 | Enfermaría Comunitaria II/750G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/750G01020 | Xestión dos servizos da Enfermaría/750G01021 | Enfermaría Laboral/750G01022 | Métodos e ferramentas avanzadas en investigación cualitativa/750G01023 | Farmacoterapia/750G01024 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Estadías Clínicas III/750G01027 | Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 | Traballo fin de grao/750G01033 | Enfermaría Clínica I/750G01034 | Enfermaría Clínica II/750G01035 |
|
Observacións |
MATERIAS QUE SE RECOMENDA HABER CURSADO PREVIAMENTE: Neste apartado non seleccionamos ninguna materia xa que Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico atópase no 2º cuadrimestre de 1ºcurso.
MATERIAS QUE CONTINÚAN O TEMARIO: A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico establece os elementos metodolóxicos, cuantitativos e cualitativos, que necesita o/a estudante para ser consumidor crítico da información científica da sua disciplina.
E por isto que en todas as materias posteriores dos cursos 2º, 3º e 4º do Grao de Enfermaría os/as estudantes, de modo transversal, terán que facer uso das competencias adquiridas nesta materia. Será unha necesidade, nas devanditas materias, profundizar dende un enfoque práctico e clínico na capacidade do/a estudante para consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma, aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o precisen tomar decisións clínicas.
OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN: - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para correxilas.
PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización
de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen
indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento.
|
|