Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir os aspectos básicos sobre a regulación e rexistro dos medicamentos en España |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Explicar os principios de farmacocinética e farmacodinamia dos medicamentos e a súa aplicación no proceso de utilización, especialmente no relativo a eficacia e seguridade |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Identificar os principais grupos terapéuticos dos medicamentos e a súa aplicación para a prevención, tratamento e curación das enfermidades |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Explicar os usos clínicos, accións e efectos adversos máis frecuentes, así como a forma correcta de administración dos medicamentos |
A4 A5 A6
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B16 B20 B21
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PRINCIPIOS XERAIS DA FARMACOLOXÍA CLÍNICA E DA UTILIZACIÓN DE MEDICAMENTOS |
1.- Farmacoloxía: Conceptos básicos. As actividades e/ou divisións da farmacoloxía. A farmacoloxía orientada ao paciente e á comunidade. A responsabilidade actual de enfermaría no uso de medicamentos.
2.- Selección de medicamentos. Guías de medicamentos. Ficha técnica. Medicamento xenérico. O uso racional do medicamento. Adherencia ao tratamento. Información de medicamentos. Condicións de conservación dos medicamentos.
3.- Conceptos importantes en farmacocinética. Farmacocinética clínica. A farmacodinamia: mecanismos de acción. A administración de medicamentos: vías de administración e formas farmacéuticas.
4.- Situacións que modifican a resposta aos fármacos. Situacións fisiolóxicas e patolóxicas. Administración e uso de medicamentos en insuficiencia renal, anciáns, pediatría, embarazo e lactación.
5.- O ensaio clínico controlado. Estudos de utilización de medicamentos. Farmacoeconomía.
6.- Os efectos indesexables dos medicamentos: concepto, clasificación, prevención e repercusións. Farmacovixilancia. Erros de medicación.
7.- Interaccións medicamentosas. |
GRUPOS TERAPÉUTICOS DE MEDICAMENTOS |
1.- Antiinfecciosos: Antibióticos, antifúnxicos, antivirais. Antisépticos. Desinfectantes. Política de antibióticos.
2.- Fármacos que actúan sobre o sistema nervioso autónomo.
3.- Dor. Analxésicos e antiinflamatorios. Analxésicos opiáceos. Tratamento da dor.
4.- Psicofármacos: hipnóticos-sedantes, antidepresivos, antipsicóticos. Fármacos para procesos neurolóxicos: antiparkinsonianos, anticonvulsivantes
5.- Fármacos activos sobre problemas cardiovasculares: Hipertensión, hiperlipidemias, insuficiencia cardíaca, cardiopatía isquémica.
6.- Anticoagulantes e antiagregantes plaquetarios. Medicamentos que actúan sobre o sistema endócrino: antidiabéticos.
7.- Medicamentos que actúan sobre o aparato dixestivo: antiácidos, antiulcerosos, laxantes. Medicamentos que actúan sobre o aparato respiratorio: mucolíticos, antitusígenos, broncodilatadores. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A4 A5 A6 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A4 A5 A6 B3 B6 B8 B13 B16 B20 B21 |
20 |
50 |
70 |
Obradoiro |
A4 A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 |
6 |
14 |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 |
7 |
14 |
21 |
Traballos tutelados |
A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 |
7 |
13 |
20 |
Proba de resposta múltiple |
A4 A5 A6 B1 B2 B3 |
2 |
12 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
O curso comezará cunha sesión expositiva presencial dunha hora de duración na que se presentará a asignatura e expoñerase con detalle o traballo a realizar durante o cuatrimestre, así como os criterios de avaliación. |
Sesión maxistral |
Exposición oral presencial e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da asignatura.
Todo o contido das sesións expositivas estará dispoñible en temas en formato pdf no apartado correspondente da plataforma Moodle. |
Obradoiro |
Ao finalizar cada un dos bloques temáticos da materia realizaranse seminarios presenciais nos que se profundará, debaterá e traballará nos diferentes temas expostos nas sesión maxistral. Os estudantes realizarán diferentes actividades indicadas polo profesor: procuras de información, traballos en grupo, preguntas, casos clínicos, exposicións orais ou escritas, etc. Todas estas tarefas entregaranse a través da plataforma Moodle no seu apartado correspondente. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Traballos tutelados |
En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequeños traballos de grupo baseados en tarefas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados medíante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada de profesor aos diferentes grupos.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, con cistintos programas de software gratuito.
|
Proba de resposta múltiple |
50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección por respostas non acertadas.
Realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Resposta a consultas suscitadas polo alumno. Posibilidade de ampliación de coñecementos
O alumnado poderá poñerse en contacto co profesor mediante correo electrónico, ou través das canles de comunicación que ofrece a plataforma Moodle: foros, mensaxes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A4 A5 A6 B1 B2 B3 |
O/A alumno/a deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. Para superar esta proba, e por tanto a asignatura, haberá que obter como mínimo un 5. |
80 |
Aprendizaxe colaborativa |
A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 |
Puntúase a entrega das tarefas do/da alumno/a a través do campus virtual (moodle) e o resultado das tarefas realizadas nos seminarios ou obradoiros. |
10 |
Traballos tutelados |
A5 A6 B1 B2 B4 B5 B9 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 |
Puntúase a entrega das tarefas do/da alumno/a a través do campus virtual (moodle) e o resultado das tarefas realizadas nos seminarios ou obradoiros. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Os seminarios u obradoiros serán presenciais.
A proba de resposta múltiple realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art.° 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; 9-10 Matrícula de honra (graciable)
Non presentado: Considerarase "non presentado" aquel/aquela alumno/a que non asista ao exame final (proba de resposta múltiple).
Os/As alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deben mandar un correo electrónico ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso. Neste caso, a avaliación da aprendizase colaborativa y dos traballos tutelados realizados nos obradoiros o seminarios realizarase pola entrega das tarefas propostas a través do campus virtual (moodle). A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.
A avaliación de segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios de cualificación que para os de primeira oportunidade. Durante o segundo cuadrimestre este alumnado poderá en poñerse en contacto co profesor (correo electrónico, foros e mensaxes de Moodle) para recibir atención personalizada: resolver dúbidas, ampliación de coñecementos, proposta de novas tarefas para reforzar contidos, etc.
Alumnos/as con segunda matrícula e posteriores: manteráselles a cualificación da aprendizase colaborativa y dos traballos tutelados realizados nos obradoiros o seminarios dos de cursos anteriores. Se o desexan pode realizar para a súa cualificación as tarefas propostas para este curso académico. Para a proba de resposta múltiple, seguiranse os criterios de avaliación propostos nesta guia.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
Oportunidade adiantada: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
Plaxio na realización das probas ou actividades de avaliación: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
Matrícula de honra: as condicións para a obtención dunha matrícula de honra son: obter más dun 9.0 na cualificación da asignatura. Outorgarase ao alumnado que obteña as mellores notas na asignatura (1 matrícula de honra por cada 20 alumnos matriculados). En caso de empate, terase en conta para outorgar a matrícula de honra a nota da proba de resposta múltiple. Se persiste o empate, terase en conta para outorgar a matrícula de honra a nota dos seminarios. Se continuase o empate, propoñerase unha nova proba de resposta múltiple que se realizará a través do campus virtual.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
MEDIMECUM 2024. Guía de Terapia Farmacológica. 27ª edición. Editorial Springer Healthcare. 2024. Catálogo de Medicamentos 2024. Editorial Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos. 2024. Goodman y Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica. 14ª edición. Editorial McGraw-Hill. 2023. Velázquez (P. Lorenzo, A. Moreno, J. C. Leza, I. Lizasoain, M. A. Moro, A. Portolés). Farmacología Básica y Clínica. 19ª edición. Editorial Médica Panamericana. 2017. R. Rodríguez Carranza. Guía de Farmacología y Terapéutica. 3ª edición. Editorial Elservier. 2014. Jesús Flórez, Juan Antonio Armijo, África Mediavilla. 6ª edición. Farmacología Humana. Editorial Elsevier Masson. 2013. S. Castells Molina, M. Hernández Pérez. Farmacología en Enfermería. 3ª edición. Editorial Elsevier. 2012. J.M. Mosquera, P. Galdós. Farmacología Clínica para Enfermería. 4ª edición. Editorial McGraw-Hill/Interamericana. 2005. E. Pacheco del Cerro. Farmacología y Práctica de Enfermería. 1ª edición. Editorial Masson. 2003. J. R. Laporte, G. Tognoni. Principios de Epidemiología del Medicamento. 2ª edición. Editorial Masson-Salvat. 1993. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - A entrega dos traballos que se realicen será a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. De se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Aplicarase a normativa de UDC ante situacións de plaxio nos documentos entregados. |
|