Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Enfermaría Comunitaria I Código 750G01014
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
Profesorado
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Pérez Castro, Teresa Rosalía
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
t.perez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Esta asignatura pretende proporcionar ferramentas para promover a saúde a nivel individual, familiar e comunitario, e para familiarizar aos estudantes co método epidemiolóxico, e que poidan utilizalo como instrumento de traballo na analise, planificación e realización das súas actividades de coidado enfermeiro (de promoción e prevención, diagnósticas, e de investigación).

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender o concepto de saude e identificar e analizar os factores determinantes da saúde (biolóxicos, ambientais, estilos de vida, e sistemas sanitarios). A29
A30
A31
A33
B1
B3
B6
B16
B20
B24
C8
C10
C11
C12
Describir a evolución histórica da saude pública e a enfermaría comunitaria A30
A31
A33
B1
B3
B6
B10
B24
C4
C6
C8
C10
Desenvolver habilidades para identificar, analizar e interpretar datos estadísticos referidos a estudos poblacionais. A31
A32
B1
B20
C4
C6
C8
C11
C12
Describir as características e os obxetivos dos distintos tipos de estudos epidemiolóxicos. Técnicas e instrumentos de recollida de datos. A31
A32
B1
B3
B6
B10
C4
C8
C11
Describir a epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles na comunidade. A29
A30
A31
A32
C10

Contidos
Temas Subtemas
A SAUDE E OS SEUS FACTORES DETERMINANTES - Introducción ó concepto de saude. Proceso saude-enfermidade.
- Determinantes da saude:
--- Sistema sanitario
--- Bioloxía humana
--- Estilos de vida
--- Ambientaiss
- Desigualdades e determinantes sociais en saude.
- Xénero e saude:
--- Conceptos e teorías sobre xénero e saude
--- Desigualdades de xénero. Morbilidade diferencial
- Migración e saude.
- A familia como unidade cuidadora.
- O novo modelo de paciente:
--- Alfabetización en saude
--- Participación do paciente
--- O paciente experto
- Obxetivos Desenvolvemento Sostible (ODS) e Plan Estratéxico de Saude
FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA Y GENERALIDADES DE LA SALUD PÚBLICA Y ENFERMERIA COMUNITARIA - Concepto e funcións da saude pública. A saude pública en España.
- Promoción da saude e prevención da enfermidade.
- Atención primaria de Saude e atención familiar e comunitaria.
- Centro de saude e equipo de saude.
- Enfermeira especialista en Enfermaría Comunitaria
DEMOGRAFIA E ESTATISTICAS POBLACIONAIS
- Fontes de información demográfica
- Estructura de poboación
- Mortalidade. Esperanza de vida. Natalidade e fecundidade.
- Movementos migratorios
- Transición demográfica, epidemiolóxica e sanitaria
- Medidas de frecuencia da enfermedade
EPIDEMIOLOXIA XERAL
- Concepto de epidemioloxía dentro da saúde pública
- Historia natural das enfermidades
- Determinación de causalidade
- Epidemioloxía das enfermidades transmisibles e non transmisibles
- Vixilancia epidemiolóxica
EPIDEMIOLOXIA CLINICA - Validez de probas diagnósticas
- Detección precoz de enfermidades con probas de cribado
EPIDEMIOLOXIA APLICADA - Epidemioloxía na planificación dos servicios de saúde
- Enfermería basada na evidencia
- Epidemioloxía aplicada ós problemas de saúde (enfermaría)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B16 B20 B24 C6 C8 21 21 42
Lecturas A30 A32 A33 B16 B3 C8 C4 4 4 8
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 7.5 25 32.5
Aprendizaxe colaborativa A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B20 B24 C4 C6 C8 C10 C11 C12 3 21 24
Presentación oral A29 A30 B1 B3 B20 C4 C6 C8 C10 C11 C12 1.5 3 4.5
Seminario A29 A30 A33 B16 B24 C6 C8 1.5 1 2.5
Estudo de casos A31 A32 B3 C8 C11 1.5 3 4.5
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 2 20 22
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións utilizadas para introducir os novos temas ou subtemas, axudando ao alumno a articula-los en torno ao coñecemento do que xa dispón, poñendo atención nos aspectos claves do tema, como en aqueles de máis difícil comprensión, e nas mellores estratexias para aborda-los.
Esta metodoloxía poderase realizar utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Lecturas Textos que permiten afondar nos contidos da materia, ou coñecer aspectos novidosos que non se atopan regularmente nos libros de referencia dos que dispomos.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Traballos tutelados Traballo dirixido a aprender o xeito en que se realizan determinados aspectos do coidado para a saúde ou cómo se utilizan os coñecementos, instrumentos ou ferramentas de que dispomos para facilitar o proceso.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc...

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A atención personalizada para as metodoloxías consistirá no seguimento por parte do profesor do proceso de aprendizaxe do alumnado para cada caso clínico ou lectura proposto (TRABAJOS COLABORATIVOS), de tal forma que este tempo contribúa a orientar e a apoiar os avances por parte do alumno. Esta atención farase presencialmente ou telemáticamente a través do Campus Virtual ou Teams de forma individual ou en pequeno grupo, mediante a supervisión dos arquivos que proporcionen os alumnos ante o requirimento do profesor sobre o tema que se estea a tratar.


MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ó ALUMNADO:
• CAMPUS VIRTUAL para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda
• TEAMS para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite.
•TUTORÍAS PRESENCIAIS nos despachos correspondentes da Facultade de Enfermaría e Podoloxía de Ferrol, nos horarios marcados para as tutorías presenciais, previa solicitude ó docente

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12
Proba de carácter obxectivo dirixida a avaliar se o alumnado alcanza os resultados de aprendizaxe da materia, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas test, curtas, de asociación etc.
70
Traballos tutelados A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12

Traballos tutelados individuais ou grupais aos que se asignarán 1.5 puntos (15%) na nota final da materia.
Os traballos que non se presénten en tempo e forma non serán avaliados.
A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
15
Aprendizaxe colaborativa A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B20 B24 C4 C6 C8 C10 C11 C12 Traballo en grupo ao que se lle asignará 1.5 puntos na nota final da materia.
Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
15
 
Observacións avaliación
1ª MATRÍCULA (PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE);

A metodoloxía de avaliación continua descrita é obrigatoria para todos o alumnado de 1ª matricula en primeira oportunidade(xuño).

O alumnado de 1ª matricula que concorra á segunda oportunidade (xullo) poderá elixir o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade e conservaránselle as puntuacións da parte de avaliación continua, ou acollerse a un sistema de avaliación cunha proba obxectiva única na que deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, sen realizar os traballos tutelados e os traballos colaborativos. 

2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA

Os/as estudantes poderán solicitar dispensa académica. 

Os/as estudantes de matricula parcial ou dispensa académica de asistencia deberán poñerse en contacto coas profesoras ao comezo do curso para comunicar a súa situación e decisión. 

 O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse a unha das seguintes opcións de avaliación: 
1) Realizar o mesmo sistema de avaliación que o alumnado de 1ª matrícula , ou 
2) Presentarse a unha proba obxectiva na que deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia. 

OPORTUNIDADE ADIANTADA: 
Os/as alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, a puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10. 

MATRICULA DE HONRA: 
 Valoraranse outorgala ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os/as aspirantes poderán ser convocados/as a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións. 

NON PRESENTADO: 

A cualificación de Non Presentado corresponderá ao/á estudante que non realizase a proba obxectiva. 

FRAUDE
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
SICUE, ERASMUS e BILATERAL:


O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas docentes. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula común.

Fontes de información
Bibliografía básica Campo Osaba, A. (2009). Enfermería comunitaria . Madrid : Difusión Avances de enfermería
Martínez Riera, J.R., Del Pino Casado, R. (2014). Manual práctico de enfermeria comunitaria . Elsevier
Martín Zurro, A., Jodar Solà, G. (2018). Atención familiar y salud comunitaria : conceptos y materiales para docentes y estudiantes. Barcelona. Elsevier
Flores Bienert, M.D., González Cuello, A.M. (2013). Bases de la enfermería comunitaria y educación para la salud. Diego Marin Librero Editor
Sánchez Moreno, A. (2000). Enfermería Comunitaria 2. Epidemiología y Enfermería. Madrid. McGraw Hill Interamericana
Icart Isern, M.T., Guàrdia Olmos, J., Isla Pera, P. (2003). Enfermería Comunitaria II. Epidemiología. Barcelona. Ed. Masson.
García Suso A., Vera Cortés M., Campo Osaba A. (2001). Enfermería Comunitaria. Bases teóricas.. Madrid. Difusión avances de Enfermería.
Sánchez Moreno A, Aparicio Ramón V, Germán Bes C, Mazarrasa L. (2000). Enfermería Comunitaria. Tomo 1. Madrid. McGraw Hill Interamericana.
Acinas Acinas et al. (2018). Enfermería Familiar y Comunitaria. Formación Alcalá
Ruiz Fernández, M.D. (2020). Manual de enfermería familiar y comunitaria. Primera edición. Almería Editorial. U. de Almería
Argimón Pallàs JM, Jiménez Villa J (2019). Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 5ª edición. Madrid. Elsevier
Fernández-Crehuet Navajas, J., Espigares García, M. (2016). Piédrola Gil, Gonzalo (1907-1996). Medicina preventiva y salud pública. Elsevier
Fernández-Crehuet Navajas, J. et al. (2016). Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. Madrid. Elsevier
Frías Osuna, A. (2002). Salud pública y educación para la salud. Masson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía/750G01002
Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Estancias Clínicas IV/750G01028

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade
6.- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
7.- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías