Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender e aceptar as condicións éticas, legáis e profesionáis que conforman a práctica da enfermaría. |
A56
|
B1 B2 B6 B8 B16
|
C3 C6 C7 C11
|
Recoñecer os códigos deontolóxicos da profesión e as normas legais do ámbito profesional, así como a lexislación en materia de saúde. |
A56
|
B1 B2 B3
|
C4 C10 C12
|
Identificar e xustificar o dereito á dignidade, privacidade, intimidade e confidencialidade das persoas con problemas de saúde. |
A57
|
B1 B3 B6 B8 B11 B12 B16
|
C7 C10 C11 C12
|
Identificar e defender o dereito á información e á autonomía na toma de decisións do usuario e da súa familia. |
A56 A57 A58
|
B1 B4 B5 B6
|
C4 C7 C10 C11 C12
|
Interpretar e sintetizar críticamente as fontes de datos e a información que faciliten a libre elección do usuario. |
A56 A57
|
B1 B2 B3 B8 B11 B12
|
C1 C3 C6 C10 C11 C12
|
Descubrir e utilizar as intervencións enfermeiras no marco ético e deontolóxico da enfermaría. |
A57 A58
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B12 B16
|
C4 C7 C10 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- CONSIDERACIÓNS XERAIS DE ETICA E MORAL
|
1.1 Introdución.
1.2 Definición de ética e moral. Conceptos: Lexislación, Deontología.
1.3 Diferentes perspectivas e tendencias da ética.
1.4 Toma de decisions éticas e proceso deliberativo. |
2. A EXPERIENCIA MORAL |
2.1 Feitos, Valores e Deberes.
2.2 A deliberación.
|
3. ENFERMARÍA Y ÉTICA PROFESIONAL
|
4.1 Introdución.
4.2 Etica das profesións.
4.3 Etica do coidado.
4.4 Coidar con calidade.
4.5 Principios e valores enfermeiros.
4.6 A etica en enfermaría.
4.7 Codigo deontolóxico en enfermaría. |
4. A BIOÉTICA Y OS SEUS PRINCIPIOS ESPECÍFICOS
|
5.1 Concepto de bioética.
5.2 Principios eticos.
5.3 Principios bioéticos.
5.4 Comites de bioética.
|
5. DEREITOS FUNDAMENTAIS
|
6.1 Dereitos da persoa na Constitución española.
6.2 Dereitos e deberes dos usuarios.
6.3 Información. Consentimento informado.
6.4 Lexislación sobre Dereitos e deberes dentro da Lei Xeral de Sanidade. |
6. RESPONSABILIDADE ETICA E LEGAL
|
7.1 Responsabilidade: Responsabilidade civil e penal da enfermeira.
7.2 Segredo profesional. Confidencialidade.
|
7. ASPECTOS ESPECIFICOS DO EXERCICIO PROFESIONAL
|
8.1 Interrupción voluntaria do embarazo.
8.2 Deliberación anticipada da atención.
8.3 Eutanasia. Dereito a unha morte digna.
8.4 Manipulación do patrimonio xenético e diagnostico xenético.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A56 B3 B16 C7 C10 C12 |
21 |
21 |
42 |
Aprendizaxe colaborativa |
A56 A57 A58 B1 B2 B5 B6 B8 B11 B12 C3 C4 C6 C7 C10 C11 |
8 |
33 |
41 |
Traballos tutelados |
A56 B1 B2 C1 |
6 |
20 |
26 |
Lecturas |
B4 B8 B11 C7 |
5 |
20 |
25 |
Proba obxectiva |
A56 A57 A58 B2 B3 B16 C11 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas, solucións de problemas, análisis de casos, prácticas guiadas, debates, etc., asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. E preciso a elaboración de documentos breves, exposición na clase e participación e xestión de debates e deliberación.
Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios/tareas ou actividades entregaranse a través da plataforma Moodle.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Intégrase neste apartado a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, ciclo de conferencias, exposicións, etc.), posteriormente realizásense traballos de reflexión a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas presentados e das actividades desenvolvidas.
Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
|
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Complementarase con participacions no foro do campus virtual tras a lectura crítica.
- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
|
Proba obxectiva |
Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado.
A proba deberá realizarse de maneira presencial utilizando as ferramentas informáticas institucionais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballos tutelados |
Lecturas |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como finalidade orientar o alumnado na realización das diferentes actividades integradas na materia. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A56 A57 A58 B1 B2 B5 B6 B8 B11 B12 C3 C4 C6 C7 C10 C11 |
A realización do traballo colaborativo é obrigatoria.
Valorarase nas tarefas, estudio de casos e debates a integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, a aplicación nos casos da toma de decisións a través de modelo deliberativo. Desenvolvemento dos cursos de acción extremos, intermedios e os casos de accións prudentes. Evaluanse os criterios a partir da rúbrica de evaluación previamente presentada.
Supón o 15% (1.5 puntos) da nota final.
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
|
15 |
Traballos tutelados |
A56 B1 B2 C1 |
Valórase a participación e a entrega das actividades e tarefas derivadas nas situacións expostas a partir da rúbrica de avaliación presentada inicialmente.
Valórase a asistencia e a participación nos eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, ciclo de conferencias, exposicións, etc.), e a realización dos traballos derivados a través dunha contorna virtual.
É obrigatoria e supón o 10% (1 puntos) da nota final.
Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as cualificaciones do resto de actividades |
10 |
Lecturas |
B4 B8 B11 C7 |
Valórase a participación e a capacidade reflexiva sobre os temas presentados na aula e/ou expostos nos foros, a expresión escrita dos comentarios, suxestións e/ou reflexións expostas polo alumnado. A súa capacidade de análise e pensamento crítico, así como a súa creatividade.
A presentación dos documentos derivados da lectura crítica e a participación nos foros supón o 5% (0.5 punto) da nota final.
Terá unha puntuación de 0 a 10. |
5 |
Proba obxectiva |
A56 A57 A58 B2 B3 B16 C11 |
Exame tipo test cunha única resposta correcta.
É obrigatoria e supón un 70% (7 puntos) da nota total.
As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/2) ou nº de acertos-(nº de errosx0.5).
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudiantado debe superar cada unha das partes: - Aprendizaxe colaborativa (15%)
- Traballos tutelaros (10%): Entrega de tarefas e actividades + eventos científicos e/ou divulgativos.
- Lecturas (5%): Comentarios reflexivos de lecturas + foro virtual
- Proba obxetiva (70%).
No caso de non superar algunha das metodoloxías, a cualificación que aparecerá será a parte suspensa. A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá participar nas tareas, foros, eventos e traballos programados e presentalas de forma individual na plataforma virtual. Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,5 - 10. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: - O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas programadas pendentes e/ou a proba objetiva non superada.
- Para aqueles alumnos/as que cursen a materia por segunda o posteriores matriculas poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a unha proba obxectiva que tendrá una valoración do 100%.
SICUE, ERASMUS E BILATERAL. Os estudiantes vinculados cos programas de movilidade deben cumprir os mesmos requisitos que na convocatoria ordinaria para a superación da materia. FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Gracia D. (2019). Bioética mínima. Madrid: Triacastela
Feito L, Gracia D, Sanchez M. (2011). Bioética: el estado de la cuestión. Madrid: Triacastela
Gracia D. (2004). Como arqueros al blanco. Estudios de bioética. Madrid: Triacastela
Camps V. (2021). Tiempo de cuidados. Otra forma de estar en el mundo. Barcelona: Arpa & Alfil
Gracia D. (2013). Valor y Precio. Madrid:Triacastela
Camps V. (2019). Virtudes públicas. Barcelona: Arpa & Alfil
Cortina A. (2013). ¿Para qué sirve realmente la ética?. Barcelona: Paidós |
·
Mosqueda-Diaz, A., Mendoza-Parra, S., Jofré-Aravena, V. (2014).
Aporte de enfermería a la toma de decisiones en salud. Rev Bras Enferm.
mai-jun; 67(3):462-7 ·
Orbegozo Aramburi, A. Etica y Enfermería.
http://www.paliativossinfronteras.com/upload/publica/libros/dilemas-eticos-final-vida/02%20Orbegozo.pdf ·
Garzón Alarcón, N. (2001). Toma de decisiones
éticas. Catadra Manuel Ancina. Etica y Bioética. ·
Cortina, A., Conill, J. (2000). El sentido de las
profesiones. verbo Divino. Navarra ·
Pegueroles, A. F. (2005). Cuidar siguiendo los
valores y principios éticos propios de la enfermería. Enfermería
Clínica, 15(5), 287-290. ·
de Lima, A. E. A. (2003). ¿ Cómo comunicar
malas noticias a nuestros pacientes y no morir en el intento?. Rev
Argent Cardiol, 71, 217-220. ·
Santiago, C. D. V. M. Derecho a la Información
en el ámbito sanitario. ·
Lorda, S., & Eta Concheiro, P. (1993). L.
El consentimiento informado: teoría y práctica. Med
Clin (Barc), 100(17), 659-663. ·
Simón, P. (2001). Júdez J. Consentimiento
informado. Med Clin (Barc), 117(3), 99-106. ·
García Ortega, C., Cózar Murillo, V., & Almenara
Barrios, J. (2004). La autonomía del paciente y los derechos en materia de
información y documentación clínica en el contexto de la Ley 41/2002. Revista
española de salud pública, 78(4), 469-479. ·
Calvo, D. (2010). Secreto profesional en el ámbito
de la enfermería. Ed. Jurúa. Lisboa. ·
Lago, E. A., Rico, C. C., & Sanjuán, J. A.
G. (2011). Los documentos de Instrucciones Previas y la planificación
anticipada de las decisiones sanitarias.Galicia
Clínica, 72(3), 121-124. ·
de Cuidados Paliativos, S. E. (2014). Guía de
cuidados paliativos. línea] http://www. secpal. com/guiacp/guiacp. pdf.[Consultada:
16/05/2006]. ·
Simón-Lorda, P., Tamayo-Velázquez, M. I.,
Vázquez-Vicente, A., Durán-Hoyos, A., Pena-González, J., & Jiménez-Zurita,
P. (2008). Conocimientos y actitudes de los médicos en dos áreas sanitarias
sobre las voluntades vitales anticipadas. Atención primaria, 40(2), 61-66. ·
Arauzo, V., Trenado, J., Busqueta, G., &
Quintana, S. (2010). Grado de conocimiento sobre la ley de voluntades
anticipadas entre los familiares de los pacientes ingresados en un servicio de
medicina intensiva. Medicina clínica,134(10),
448-451. |
Bibliografía complementaria
|
|
Aportarase bibliografía actualizada a través de artigos científicos relacionados cos temas a traballar. O estudiantado disporá de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Psicoloxía/750G01003 | Fundamentos da Enfermaría/750G01007 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría da Saúde Mental/750G01015 | Estancias Clinicas II/750G01026 |
|
Materias que continúan o temario |
Enfermaría clínica III/750G01017 | Enfermaría materno-infantil/750G01018 | Enfermaría Comunitaria II/750G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/750G01020 | Estadías Clínicas III/750G01027 | Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 | Practicum/750G01032 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", esta materia ten en conta as recomendacións de SUSTENTABILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a PERSPECTIVA DE XÉNERO velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio. |
|