Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir o concepto, fundamentos e desenvolvemento da atención primaria de saúde |
A26
|
B1 B3 B8
|
C1 C7
|
Definir o concepto de traballo no equipo de saúde, os principios que o determinan e identificando o rol da enfermeira/o comunitaria. |
A27
|
B1 B3 B6 B11 B12 B13 B18 B22
|
C1 C4 C6 C7 C10 C11
|
Identificar as necesidades de coidado da persoa, grupos e comunidades |
A28 A29 A30 A33
|
B1 B6 B11 B16
|
C1 C4 C6 C10
|
Identificar problemas de saúde (diagnósticos de enfermaría e/o complicacións potenciais) na persoa, grupos e comunidades |
A28 A29 A30 A33
|
B1 B3 B8 B11 B13 B18 B20 B24
|
C1 C4 C6
|
Planificar coidados de enfermaría para os problemas de saude das persoas, grupos y comunidades |
A28 A29 A30 A33
|
B3 B6 B8 B11 B12 B13 B16 B20 B24
|
C1 C4 C6 C7 C10 C12
|
Identificar e desenvolver as diferentes fases dos programas de prevención, promoción e educación para a saúde |
A26 A27 A28 A29 A30 A33
|
B1 B3 B6 B8 B12 B13 B16 B20 B22 B24
|
C1 C4 C6 C7 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade didáctica I: Atención Primaria de saúde e saúde comunitaria |
- Atención Primaria de saúde.
- Definición de atención familiar e comunitaria.
- Estrutura e organización da Atención Primaria en España e en Galicia.
- A comunidade e a familia como obxectivo da Atención Primaria.
- As intervencións comunitarias.
- Modelo de Atención Primaria Orientada á Comunidade (APOC). |
Unidade didáctica II: Equipo interdisciplinario de saúde |
- Evolución, principios, obxectivos e competencias da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- A especialidade enfermeira.
- A Enfermaría Comunitaria de enlace. Coordinación entre niveis asistenciais/continuidade de coidados.
- Composición do equipo de saúde, funcións e actividades.
- A enfermeira no equipo de Atención Primaria. |
Unidade didáctica III: Enfermaría Familiar e Comunitaria |
- Metodoloxía enfermeira e Proceso de Atención de Enfermaría na Atención Primaria de saúde.
- A consulta de Enfermaría: modelos e tipos de consulta, características, obxectivos, funcións, actividades e metodoloxía de traballo na consulta.
- Instrumentos de atención directa: entrevista clínica, entrevista motivacional, entre outras.
- Atención Domiciliaria en Enfermaría. Concepto, tipos, obxectivos, etapas e metodoloxía de traballo.
- A familia como unidade básica de atención de Enfermaría, estructura e dinámica familiar.
- A xestión de casos e mapeo comunitario dende a Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- Calidade e seguridade en Atención Primaria de saúde e en Enfermaría Comunitaria. |
Unidade didáctica IV: Educación para a saúde |
- A educación sanitaria na comunidade.
- Concepto de educación para a saúde. Obxectivos. Axentes.
- Métodos e técnicas didácticas na educación sanitaria.
- A comunicación e a educación para a saúde.
- Promoción da saúde e prevención da enfermidade (vacinacións, cribados, entre outros). |
Unidade didáctica V: Atención de Enfermaría nos problemas de saúde prevalentes na comunidade |
- Programa de atención á saúde infantil, do escolar e do adolescente.
- Programa de atención á muller.
- Programa de atención ao adulto.
- Programa de atención á persoa maior.
- Procesos e subprocesos de Enfermaría na atención integrada dos problemas de saúde crónicos na comunidade: atención de Enfermaría na hipertensión arterial, na diabetes mellitus, no EPOC, nas úlceras e feridas, entre outros.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B6 B11 B20 B24 C1 C4 C6 C7 |
21 |
21 |
42 |
Aprendizaxe colaborativa |
B1 B3 B8 B12 B18 B20 B22 C11 |
14 |
49 |
63 |
Traballos tutelados |
A26 A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 |
6 |
12 |
18 |
Proba obxectiva |
A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 |
2 |
23 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Resolución de problemas ou desenvolvemento de tarefas de modo colaborativo, non só sumando talento individual, se non aprendendo a construír un grupo con capacidade para resolver problemas e ofrecer respostas creativas ante os novos escenarios sociais que poidan atopar. |
Traballos tutelados |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, practicas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente practicas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado e en escenarios variados con profesionais expertos. |
Proba obxectiva |
Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos-(nº erros/3) ou nº de acertos-(nº de errosx0.33).
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Atención persoalizada a demanda do alumno, coa finalidade de esclarecerlle dúbidas en torno aos contidos da materia, ao estudo dos casos ou calquer problema persoal que lle poida dificultar a comprensión ou o seguimento da materia.
A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.
Con tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 |
Proba tipo test con 40 preguntas e unha única resposta correcta. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos-(nº erros/3) ou nº de acertos-(nº de errosx0.33).
A realización da proba é obrigatoria e computa o 70% da nota final.
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
70 |
Traballos tutelados |
A26 A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 |
O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
A realización do traballo é obrigatoria e computa o 10% da nota final.
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
Deberanse entregar os traballos tutelados na data que se indique no campus virtual. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
A asistencia e participación activa na aula é obrigatoria.
|
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
B1 B3 B8 B12 B18 B20 B22 C11 |
É unha actividade obrigatoria de grupo na que se presentan ao alumnado tarefas para solucionar en conxunto.
Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía, exposición oral e participación nos seminarios.
A entrega das tarefas é obrigatoria e computa o 20% da nota final.
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo é obrigatoria.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matrícula ordinaria) o/a estudante debe superar cada unha das partes: traballos tutelados (10%), aprendizaxe colaborativa (20%) e proba obxectiva (70%). No caso de que non supere algunha das partes da materia, a nota que lle figurará ao/a estudante no expediente académico será a calificación obtida tras a ponderación de cada parte se é inferior a 5, en outro caso a nota será de 4,5.
A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias.
O alumnado con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do campus virtual) e presentalas de forma individual no campus virtual.
Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Aqueles alumnos/as que cursen a materia e superen as tarefas de aprendizaxe colaborativa e os traballos tutelados solicitados poderán volver a cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades.
Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.
ESTUDANTES DE MOVILIDADE SICUE/ERASMUS: Os/as estudantes de movilidade SICUE/ERASMUS acolleranse ao sistema ordinario de avaliación descrito anteriormente.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU DAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Martín Zurro A, Cano Pérez J.F. (2014). Atención Primaria. Barcelona,Elsevier
Bulechek Gloria,Butcher Howar (2014). Clasificación de intervenciones de enfermería (NIC). Barcelona, Elsevier
Moorhead Sue, Johnson Marion (2014). Clasificación de intervenciones de enfermería (NOC). Barcelona, Elsevier
Bulechek GM, Butcher HK, Dochterman JM, Wagner CM, editores. (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NIC). 6ª ed. . Madrid: Elsevier
Herdman, TH (2015). NANDA International (2019). Diagnósticos Enfermeros. Definiciones y Clasificación. 2018-2020. Barcelona: Elsevier
Clavijo Chamorro MZ (2011). Educación sanitaria enfermera. Junta de Andalucía, Consejería de CulturA
Ayuso Murillo D, Tejedor L, Serrano A (2015). Enfermería Familiar y Comunitaria. Madrid, Díaz de Santos
Formación Alcalá (2017). Enfermeria Familiar y Comunitaria. . Jaen: Formación Alcalá
Arias Vázquez JM, Blanco Rial ML, Constenla Castro A (2005). Estandarización de coidados de enfermería ao paciente inmobilizado no domicilio. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
Johnson Marion, Bulechek Gloria (2011). Interrelaciones NANDA NOC Y NIC. Barcelona, Elsevier
Delgado Fernández R, Pérez Vázquez A, Rodríguez Iglesias FJ (2005). Manual de prevención e tratamento de úlceras por presión.. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
Martínez Riera JR, Del Pino Casado R. (2013). Manual práctico de Enfermería Comunitaria. Barcelona, Elsevier
Organización Mundial de la Salud (1999). Salud 21. Ministerio de Sanidad y Consumo.
(). www.agefec.org/web.
(). www.fisterra.com/.
(). www.sergas.es/. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Enfermaría Comunitaria I/750G01014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
OBXECTIVOS DE DESENROLO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción del Programa Green Campus": - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través do campus virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN: - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase lenguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
- Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
PLAXIO:
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtenido a través de internet, sen indicación expresa do seu orixe e, se é o caso, o permiso do autor/a, será calificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen perxuizo das responsabilidades disciplinarias ás que poidera haber lugar tras o correspondente procedimiento. |
|