Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificará o proceso evolutivo do pensamento administrativo e a súa aplicación ós servizos actuales de saúde e de enfermaría, describindo as diferentes correntes do proceso e a súa aportación á xestión dos servizos de saúde e de enfermaría.
|
A53
|
B1 B8
|
C1 C4
|
Describirá as características dos sistemas sanitarios existentes, explicando e analizando o sistema sanitario español e galego e o papel da enfermeira dentro dos mesmos |
A53
|
B1 B3 B8 B11
|
C1 C4 C10
|
Interpretará as fases do proceso de xestión e a súa aplicación aos servizos sanitarios e de enfermaría, analizando o enfoque de planificación por necesidades. |
A53 A54
|
B1 B3 B8 B11 B12
|
C1 C4 C10
|
Valorará as características dos distintos tipos de organizacións e estruturas organizativas dos servizos sanitarios e de enfermaría. |
A53 A54
|
B1 B8 B11 B12
|
C1 C4 C11
|
Identificará e describirá os elementos máis destacados na xestión de enfermaría nunha organización, explicando o papel dos departamentos de enfermaría nos procesos de xestión dos coidados. |
A53 A54
|
B1 B2 B3 B8 B11 B12 B13
|
C1 C4
|
Describirá e analizará as diferentes teorías sobre o liderado e a súa aplicación aos servizos e coidados de enfermaría. |
A53 A54 A55
|
B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B18 B22
|
C1 C4 C11 C12
|
Describirá e analizará os principios, elementos e métodos de garantía da calidade sanitaria. Explicarase a importancia de: indicadores, criterios e estándares na avaliación da calidade |
A53 A54 A55
|
B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B18 B21 B22
|
C1 C4 C10 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade Didactica I: Marco de referencia e conceptual da administración como ciencia. Administración e xestión dos servizos de saúde |
- Tema 1. Introdución á Administración como ciencia.
- Tema 2. Teorías administrativas relevantes para a xestión dos servizos sanitarios.
- Tema 3. Retos e tendencias actuais na Administración dos Servizos Sanitarios
|
Unidade Didactica II: Funcións e modelos de xestión dos servizos de saúde e de enfermaría |
- Tema 4. Planificación sanitaria
- Tema 5. Procesos administrativos na Xestión dos Servizos Sanitarios: Planificación e organización dos servizos sanitarios
- Tema 6. Modelos de xestión dos Servizos Sanitarios e de Enfermaría
- Tema 7. Xestión dos recursos en Sanidade: Humanos, económicos e materiais
|
Unidade Didactica III: Estudio das organizacions. A organización dos servizos de saúde e de enfermaría. |
- Tema 8. Organización dos Sistemas de Saúde. Sistema Nacional de Saúde español e galego
- Tema 9. Modelos de Organización dos Servizos Sanitarios e de Enfermaría. Funcións e responsabilidades na xestión de enfermaría
|
Unidade Didactica IV: Evaluación, control e calidade da atención sanitaria e dos coidados de enfermaría. |
- Tema 10. Calidade da asistencia sanitaria e dos coidados de enfermaría
|
Unidade Didactica V: A dirección e liderado nos departamentos de enfermaría e na xestión de coidados |
- Tema 11. Xestión e liderado en departamentos de enfermaría e xestión asistencial
- Tema 12. Comunicación e resolución de conflitos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A53 A54 A55 B18 C4 C12 |
22 |
31 |
53 |
Proba obxectiva |
A53 A54 A55 B8 C10 |
1 |
26 |
27 |
Análise de fontes documentais |
B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B18 B21 B22 C1 C4 C10 C11 C12 |
5 |
0 |
5 |
Seminario |
A54 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B18 B21 B22 C1 C4 C10 |
11 |
30 |
41 |
Traballos tutelados |
A54 A55 B11 B21 C1 C11 C12 |
3 |
21 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por o profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
|
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. Tamén contempla actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través de ferramentas informáticas institucionais.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A54 A55 B11 B21 C1 C11 C12 |
Elaboración de un traballo colaborativo, con posibilidade de posterior defensa teórica e metodolóxica.
|
25 |
Proba obxectiva |
A53 A54 A55 B8 C10 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. No caso de preguntas de opción múltiple, as respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula ((acertos-fallos)x0.33)/3.
Sera necesario acadar o 50% para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxias. |
50 |
Seminario |
A54 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B18 B21 B22 C1 C4 C10 |
As actividades organizadas dentro dos seminarios, que sexan avaliables, presentaranse ao comezo do curso.
Valorarase a asistencia e participación en actividades divulgativas e científicas propostas pola materia, ademais da realización de reflexións e/ou tarefas relacionadas con elas.
Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título). |
25 |
|
Observacións avaliación |
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: Sera necesario acadar o 50% na proba obxectiva para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxías.
MATRICULA PARCIAL: Os/as estudantes con matricula parcial serán avaliados/as acolléndose ó sistema de avaliación da PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou ó sistema de avaliación da 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS. O/A estudante que se encontre en situación de matrícula parcial deberá comunicala súa elección á profesora responsable da materia durante o primeiro mes de docencia da materia.
2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/A estudante de "2ª oportunidade e outras" pode acollerse ó sistema de avaliación de 1ª oportunidade ou optar a unha única proba obxectiva final que suporá o 100% da avaliación.
OPORTUNIDAD ADIANTADA: Proba obxectiva que suporá o 100% da avaliación.
MATRICULA DE HONRA: Valorarase outorgar MH á nota máis alta por encima de 9.
NON PRESENTADO: Outorgarase o "non presentado" a aqueles/as estudantes que non realizan a actividade proba obxectiva, nin entreguen nin asistan a actividades avaliables.
FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Calidad asistencial (). .
MONPART M.P ( 2003). Administración de los Servicios de Enfermería. Barcelona: Masson
BALDERAS M (2004). Administración de los Servicios de Enfermería. 3ª ed. México: Interamericana
MONPART GARCÍA M.P, DURÁN ESCRIBANO M (2009). Administración y gestión. Madrid: DAE
ALFARO LEFEVRE R (2003). Aplicación del Proceso Enfermero: fomentar el cuidado en colaboración. 5ª ed. . Barcelona: Masson
LOPEZ CASASNOVAS G (2001). El control de Gasto Sanitario. Springer. Barcelona
Soler, L. M (2021). Gestión clínica: Colección Cuidados de Salud Avanzados. Elsevier Health Sciences.
Murillo, D. A., & de Andrés Gimeno, B (2015). Gestión de la calidad de cuidados en enfermería. Ediciones Díaz de Santos
TEMES MONTES JL (2007). Gestión hospitalaria. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana
Villalobos Hidalgo, J (2007). Gestión sanitaria para los profesionales de la salud. Mc Graw Hill Interamericana de España
MARRINER TOMEY A (2001). Guía de Gestión y Dirección de Enfermería. 6ª ed. Barcelona: Harcourt
Tomey, A. M (2009). Guía de gestión y dirección de enfermería: incluye Evolve. Elsevier Health Sciences
Higuera, J. C. B (2012). Humanizar el liderazgo. Desclée De Brouwer
Higuera, J. C. B (2014). Humanizar la asistencia sanitaria. Desclée De Brouwer
Borra, A. C (2021). Humanizar la gestión sanitaria: personas para personas: justicia, transparencia y respeto. Herder Editorial
CHIAVENATO I (2006). Introducción a la teoría general de la administración. 5ª ed. . México: McGraw-Hill Interamericana
(1986). LEY 14/1986 de 25 de Abril, GENERAL DE SANIDAD . B.O.E. 29 de Abril de 1986
Vargas, M. C. O., & Vargas, M. C. O (2009). Manual de evaluación de la calidad del servicio de enfermería: Estrategias para su aplicación. Ed. Médica Panamericana
Ramírez, A. M., & Martín ed Lazo de la Vega Sánchez (2005). Manual de Gestión y mejora de procesos en los Servicios de Salud. Manual Moderno
ELOLA SOMOZA J (2001). Política Sanitaria Española. Madrid. Díaz de Santos |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Psicoloxía/750G01003 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004 | Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008 | Enfermaría Comunitaria I/750G01014 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Enfermaría Clínica I/750G01034 | Enfermaría Clínica II/750G01035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría clínica III/750G01017 | Enfermaría Comunitaria II/750G01019 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a acadar un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Ensinanza e investigación ambiental e social saudables e sostibles" do "Plan de acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se leven a cabo nesta materia farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de facerse en papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.
RECOMENDACIÓNS DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN: Dacordo coa diferente normativa aplicable para o ensino universitario nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, garantindo o non uso da linguaxe sexista na aula, nos documentos elaborados sobre o tema. e nas actividades docentes realizadas co alumnando. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo no ambiente para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención á detección de situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitará a plena integración dos estudantes que, por razóns físicas, sensoriais, mentais ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado, igual e rendible á vida universitaria.
|
|