PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.
As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas.
A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Estudo de Casos) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de
SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superadas algunha das avalaicións, figurará con 4,9 en acta.
O feito de non presentar o Estudo de Casos e ter superado as prácticas clínicas implica figurar en acta como NON PRESENTADO, podendo presentalo na segunda oportunidade.
As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.
Os estudantes que no demostren ter acadado as competencias avaliadas na práctica clínica na primeira oportunidade, serán sometidos a un exame práctico que deberán superar para poder acceder novamente ao entorno clínico e proceder á recuperación desta parte da materia.
A materia atenderá ao establecido no Regulamento de Prácticas Clínicas e Prácticum da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, vixente no curso académico.
MATRÍCULA DE HONRA:
Poderán optar a matrícula de honra aqueles estudantes cunha media superior ao 9 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno.
MATRÍCULA PARCIAL:
Os alumnos suxeitos a MATRICULA PARCIAL poderán solicitar un rotatorio en concreto, a través de Moodle e durante o período que se estableza para ese efecto e sempre antes da publicación definitiva coa asignación.
DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA:
Dada a obrigatoriedade de asistencia á práctica clínica, nesta materia non se admite dispensa académica.
FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS
Rexeranse de acordo coa normativa académica vidente da UDC.