Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. |
A62
|
B1 B5 B10 B13 B14 B22
|
C4 C7
|
Cooperar có equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario. |
A62
|
B7 B10 B14 B15 B22
|
C1 C12
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as súas familias e grupos. |
A62
|
B1 B3 B8 B9 B11 B12 B19 B20
|
C3 C10 C11
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B6 B8 B9 B11 B13 B16 B20 B24
|
C4 C10 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas Clínicas Tuteladas realizadas en Centros de Atención Primaria de Saúde. |
Prestación de coidados directos a persoas e familias da comunidade, tanto dende o centro de saúde coma nos seus fogares, e baixo a supervisón e titorización dun enfermeiro, enfermeira comunitaria que traballa nun centro de saúde do Servicio Galego de Saúde.
En este rotatorio de práctica clínica o alumnado traballará:
- habilidades de relación e comunicación coas persoas da comunidade.
- actitudes persoais que optimicen a relación terapéutica.
- habilidades técnicas e procedimentais que aumenten a pericia na prestación de coidados.
- manexo e xestión de recursos da comunidade para facilitar os coidados ás familias en diferentes escenarios sociais e sanitarios.
- realización e rexistro do proceso de atención de enfermaría individual e familiar.
- implementación de recomendacións derivadas da investigación na atención a crónicos.
- utilización das ferramentas de xestión da información propias do sistema nacional de saúde.
- características dunha conducta exemplar nun profesional de servicio no marco da ética e do ordeamento vixente. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C12 |
240 |
40 |
280 |
Aprendizaxe servizo |
A62 B1 B3 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B22 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
5 |
10 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
As prácticas clínicas que se realizan en estancias IV constitúen unha oportunidade idónea de aprendizaxe e integración do traballo e das actitudes propias do/a enfermeiro/a comunitaria, toda vez que se producen no escenario real de coidado en que éste desenvolve a súa praxe e no marco dunha equipa multidisciplinar.
En elas o alumnado acompaña a un/unha enfermeiro/a comunitaria do que aprende primeiro por observación, reflexión e modelado da súa conducta e progresivamente pola asunción de responsabilidades na prestación de coidados directos ás personas que os precisan, baixo a supervisión do/da enfermeiro/a ao que acompaña. |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe servizo |
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
- Prácticas clínicas:
atención personalizada dirixida a crear un espacio confiable no que o alumno poida expresar as súas dificultades ou preocupacións ao longo das prácticas clínicas e recibir orientación que lle permita acadar as competencias propostas co maior grao de satisfacción e desempeño.
Realizarase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
-Aprendizaxe servizo:
Atención personalizada que permita ao alumnado consultar dudas específicas e particulares que puidesen xurdir na implementación do proyecto. Realizarase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C12 |
Cumpridos os criterios de asistencia presencial, o alumnado será avaliado polo profesorado da asignatura a fin de determinar o grao en que acadou as competencias previstas, o que fará despois de recabar información do enfermeiro, enfermeira que titoriza ao alumnado. |
100 |
|
Observacións avaliación |
AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV: O primeiro requisito para poder ser avaliado pola realización das estancias IV é, ademáis de estar matriculado na materia o alumnado deberá ter superadas as Estancias Clínicas I, II e III, tal como consta na memoria do Título de Grao. AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Asistencia: -As competencias que se pretenden alcanzar coa realización das prácticas clínicas só se poden adquirir en presenza e baixo supervisión dun enfermeiro, enfermeira comunitaria, por esta razón a avaliación queda supeditada á asistencia presencial a todas as horas prácticas planificadas, sen contemplarse o concepto de faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesorado antes do peche de actas. As ausencias non xustificadas suporán a cualificación de suspenso.
Competencias de aprendizaxe: -A avaliación e a emisión dunha cualificación numérica pola realización das prácticas clínicas está directamente vinculada á capacidade de alumno para alcanzar as competencias sinaladas como resultados de aprendizaxe esperados nesta guía. A cualificación será emitida polo profesorado da materia -despois de solicitar información do enfermeiro, enfermeira titor/a- mediante unha folla de valoración onde se sinalan os criterios cos que se alcanzan cada unha desas competencias ou resultados de aprendizaxe.
O alumnado para superar as prácticas clínicas deberá ter realizado o 100% das prácticas, faltas de asistencia recuperadas e xustificadas e avaliación positiva dos profesionais con unha nota igual o superior a 5 (sobre 10).
A práctica clínica corresponde o 100% da nota da materia.
CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES NA AVALIACIÓN DE ESTANCIAS IV: - O feito de presentarse no centro de saúde para a realización das prácticas clínicas -ben polo tempo completo planificado ou só parte do mesmo- implicará ser avaliado, o que supón figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente. - Para superar a materia o alumnado necesita alcanzar a nota mínima sinalada na materia.
- O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de calificacións: 0-4.9 Suspenso. 5-6.9 Aprobado 7-8.9 Notable. 9-10 Sobresaínche. 9-10 Matricula de Honra (graciable). AVALIACIÓN EN SEGUNDA OPORTUNIDADE: No caso de ter SUSPENSAS as prácticas clínicas NON SON RECUPERABLES, está suxeito ao punto 5 do articulo 18 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO. Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 que sinala: "Nas materias que pola súa natureza avalíense exclusivamente mediante actividades non recuperables, como pode ser o caso das prácticas en empresas, o prácticum ou as prácticas clínicas, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar outras actividades como a memoria ou os informes finais». FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Todos os aspectos relacionados con "DISPENSA CADÉMICA", "DEDICACIÓN AO ESTUDO", "PERMANENCIA" e " FRAUDE ACADÉMICA" rexerase de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Normativa académica (udc.es)
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Martín Zurro A (2008). Atención Primaria. Conceptos, organización y práctica clínica. Barcelona: Elsevier
Martín Zurro A, Cano Pérez J F (2014). Atención Primaria. Principios, organización y métodos en medicina de familia.. Barcelona: Elsevier
Bulechek GM, Butcher HK, Dochterman JM, Wagner CM, editores. (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NIC). 6ª ed. . Madrid: Elsevier
Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E, editoras (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NOC). Medición de resultados en salud. 5ª ed.. Madrid: Elsevier
Clavijo Chamorro MZ (2011). Educación sanitaria enfermera . Junta de Andalucía, Consejería de Cultura
Formación Alcalá (2017). Enfermeria Familiar y Comunitaria. Jaen: Formación Alcalá
Arias Vázquez JM, Blanco Rial ML, Constenla Castro A (2005). Estandarización de coidados de enfermería ao paciente inmobilizado no domicilio.. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
(). http://www.fisterra.com/.
(). https://www.agefec.org/web/.
(). https://www.sergas.es/.
Delgado Fernández R, Pérez Vázquez A, Rodríguez Iglesias FJ (2005). Manual de prevención e tratamento de úlceras por presión.. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
Martínez Riera JM, Del Pino Casado (2013). Manual Práctico De Enfermería Comunitaria. Barcelona: Elsevier
Herdman, TH (2015). NANDA International. Diagnósticos Enfermeros. Definiciones y Clasificación. 2015-2017.. Barcelona: Elsevier |
A bibliografía recomendada básica para esta materia está relacionada coas materias que se recomenda ter cursadas e as que se debe cursar simultaneamente. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Nutrición/750G01009 | Farmacoloxía/750G01011 | Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012 | Enfermaría Comunitaria I/750G01014 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Enfermaría Comunitaria II/750G01019 | Farmacoterapia/750G01024 | Estancias Clinicas I/750G01025 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", esta materia ten en conta as recomendacións de SUSTENTABILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:
- A entrega dos traballos ou documentos necesarios nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a PERSPECTIVA DE XÉNERO velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.
|
|