Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario. |
A62
|
B1 B3 B5 B7 B10 B11 B12 B14 B22 B24
|
C1 C3 C7 C10 C11 C12
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as súas familias e grupos. |
A62
|
B1 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B22
|
C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. |
A62
|
B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B22
|
C1 C3 C7 C10 C11 C12
|
Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B3 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B19 B20
|
C3 C7 C10
|
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían a profesión. Cumprir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. |
A62
|
B1 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B20 B22 B24
|
C3 C4 C7 C10 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Practicas clínicas tuteladas realizadas en unidades hospitalarias de atención ás persoas adultas en situación crítica. |
Presentación e discusión dun caso como base para mostrar o traballo e aprendizaxe enfermeiro. É o estudo da particularidade e da complexidade dun caso singular, para chegar a comprender a súa actividade en circunstancias concretas.
A técnica de estudo de casos, consiste en proporcionar unha serie de casos que representen situacións diversas da práctica clínica para que se estuden e analicen. Desta maneira, preténdese adestrar aos alumnos na xeración de solucións. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
B1 B3 B7 B8 B11 B13 B19 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
0 |
21 |
21 |
Prácticas clínicas |
A62 B5 B6 B9 B10 B12 B14 B15 B16 B20 C4 |
120 |
8 |
128 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Prácticas clínicas |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada vai dirixida principalmente a tutorizar aos alumnos, guiandolos a través da aprendizaxe. Isto permite facer un seguimento do proceso de maduración das competencias.
Esta atención farase telemáticamente a través de Moodle ou Teams
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ó ALUMNADO
• CAMPUS VIRTUAL para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda
• TEAMS para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. As titorías serán presenciais principalmente, excepcionalmente poden ser virtuais para facilitar ó alumno a realización dos distintos rotatorios de estancias
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A62 B5 B6 B9 B10 B12 B14 B15 B16 B20 C4 |
Las prácticas clínicas forman parte da metodoloxía de EVALUACIÓN CONTÍNUA da materia.
A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido desde a Facultade. Como resultado do rotatorio práctico, xerarase un informe final, que será elaborado polos profesionais da unidade na que o alumno realiza a súa estancia. Este informe será finalmente revisado e valorado polos docentes da materia. Na elaboración do informe, teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do alumno.
Realizarase unha tutoría personalizada obligatoria de forma presencial para a comunicación do informe de prácticas. O número máximo de faltas posibles será de 2 xornadas. Estas serán debidamente xustificadas e recuperadas nas datas establecidas.
O alumno dispondrá dun documento de firmas que terá que cumprimentar a diario xunto co nome do profesional de Enfermería co que estivera nesa xornada.
|
75 |
Estudo de casos |
B1 B3 B7 B8 B11 B13 B19 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
O estudio de casos forma parte da metodoloxía de EVALUACIÓN CONTÍNUA da materia.
A súa realización e obligatoria. Entregaranse a través do Campus Virtual
Estrutura dun caso clínico:
Titulo: Debe ser claro e linguaxe sinxela.
Introdución: O obxectivo é motivar. É desexable destacar a súa importancia en base á súa prevalencia, gravidade, dificultade para o seu recoñecemento, forma de presentación etc..
Exposición do caso: Consiste na descrición da anamnesis, a exploración realizada e a avaliación clínica do paciente. Débese respectar a confidencialidade do paciente. Se o caso requíreo pódense incluír imaxes, genogramas, diagramas ou algoritmos.
Discusión: Nela saliéntase por que o caso é relevante. Explícase o interese científico do caso clínico e a actualidade existente na literatura científica.
Conclusión: Inclúense os comentarios de a solución do caso apuntando as súas particularidades científicas, a súa novidade ou como se manexo a incerteza. Serve para clarificar aspectos discutibles e destacar a mensaxe que debe quedar da súa lectura. Pola súa finalidade educativa debemos ter un ensino que se proxecte no futuro por medio de recomendacións para o manexo de paciente ou as liñas de investigación que poderían orixinarse á mantenta do caso.
Reseña bibliográfica: Revisión actualizada da bibliografía existente na que se basea o caso en formato Vancouver. O caso seguirá o formato descrito no documento “Guía para a redacción de traballos académicos” dispoñible no Campus Virtual.
Farase unha exposición conxunta entre todos os integrantes dos grupos en cada rotatorio ó finaliza-lo período de prácticas, co soporte audiovisual que os alumnos consideren oportuno. Esta exposición será presencial. Terá unha duración de entre 6 e 8 minutos máximo. O traballo terá que ser remitido a través do Campus Virtual na data indicada.
|
25 |
|
Observacións avaliación |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas V e ter superadas as Estancias Clínica I e II e III tal e como consta na memoria do Título de Grao.
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas.
As ausencias non xustificadas poden supor o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizaranse no período establecido polo profesor antes do peche de actas.
Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clíncas e Estudo de Casos) cunha puntuación >=5 puntos. A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO na acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 75% e Estudo de casos 25%) en cada unha das partes.
Según consta nas Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das cualificacions dos Estudos de
Grao e Postgrao Universitario da UDC, no artículo 18.5 “en las asignaturas que por su naturaleza se
evalúan exclusivamente a través de actividades no recuperables, como puede ser
el caso de pasantías en empresas, prácticas o pasantías clínicas, el los
estudiantes solo podrán usar la segunda oportunidad para recuperar otras
actividades como el informe final o informes”. Dito artigo ven a
señalar que o suspenso na parte de Prácticas Clínicas NON terá
posibilidade
de 2ª oportunidade. Só haberá 2ª oportunidade no caso de suspenso no
Estudo de Casos. Nese caso, o alumno tendrá que presentar na data
prevista a través do Campus Virtual a tarea, e defendela na data sinalada de forma presencial . A nota máxima neste caso no Estudo de Casos será de 5
puntos.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaliente.
9-10 Matricula de Honra (graciable).
O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.
Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán ao redor de dita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Estudo de caso) son a asistencia, compromiso individual, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica , no estudo de casos e as competencias adquiridas para esta materia.
As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega no estudio de caso e nas prácticas fose significativa.
As probas superadas na oportunidade de febreiro, conservaranse para a oportunidade de xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Bulechek, G., Et al. (2014). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). (6ª ed). Barcelona: Elsevier
Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NOC) 5ª ed.. Barcelona: Elsevier
Tirado G., et al. (2011). Cómo escribir un caso clínico en enfermería utilizando taxonomía NANDA, NOC, NIC.. Index de Enfermería
NANDA Internacional (2015). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2015-2017. . Madrid: Elsevier
Corona L, Fonseca M. (2009). El método clínico como método de enseñanza en la carrera de medicina.. Medisur
Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (2008). Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. Fisterra http://www.fisterra.com/
Soto F. (2017). Manual de Ventilación Mecánica para Enfermería. Panamericana
A.Ochagavíaa,?,F.Baigorria,J.Mesquidaa,J.M.Ayuelab,A.Ferrándizc,X.Garcíaa,M.I.Monged,L.Mateuc,C.Saba (2014). Monitorización hemodinámica en el paciente crítico.Recomendaciones del Grupo de Trabajo de Cuidados Intensivos Cardiológicos y RCP de la Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Cor. Elsevier
NANDA Internacional (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier |
1.- Tirado Pedregosa, G., Hueso Montoro, C., Cuevas Fernández-Gallego, M., Montoya Juárez, R., Bonill de las Nieves, C., & Schmidt Río-Del Valle, J. (2011). Cómo escribir un caso clínico en Enfermería utilizando Taxonomía NANDA, NOC, NIC. Index de Enfermería,20 (1-2), 111-115. 2.- Corona Martinez, L., & Fonseca Hernández, M. (2009). El método clínico como método de enseñanza en la carrera de medicina. Medisur, 7(6), 23-25.
Tirado G, Hueso C, Cuevas M, Montoya R, Bonill C, Schmidt J. (2011). Cómo escribir un caso clínico en Enfermería utilizando Taxonomía NANDA, NOC, NIC; Index de Enfermería,20;(1-2), 111-115. Corona L, Fonseca M. (2009). El método clínico como método de enseñanza en la carrera de medicina. Medisur, 7(6), 23-25. Vera-Carrasco O. Guía práctica para escribir y publicar casos clínicos. Cuadernos Hospital de Clínicas. 2019;60(2):65-70. NNNConsult [Internet]. 2023. Disponible en: https://www.nnnconsult.com/ Lunney M, Luch MT. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos.: Análisis y estudios de casos de enfermería. Presencia: Salud mental, investigación y humanidades. 2011;7(13 (1o Semestre)):13. Centro de información online de medicamentos de la AEMPS - CIMA [Internet]. [citado 9 de mayo de 2023]. CIMA. Centro de información de medicamentos. Disponible en: https://cima.aemps.es/cima/publico/home.html Ochagavía A, Baigorri F, Mesquida J, Ayuela JM, Ferrándiz A, García X, et al. Monitorización hemodinámica en el paciente crítico. Recomendaciones del Grupo de Trabajo de Cuidados Intensivos Cardiológicos y RCP de la Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias. Medicina Intensiva. 1 de abril de 2014;38(3):154-69. ENVIN - HELICS [Internet]. [citado 6 de julio de 2023]. Disponible en: https://hws.vhebron.net/envin-helics/ Fémora. Procedementos e protocolos de enfermaría [Internet]. [citado 6 de julio de 2023]. Disponible en: https://femora.sergas.es/ |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Estadías Clínicas III/750G01027 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase ao alumnado desta materia unha lectura profunda da normativa de Estancias Clínicas da Facultade. Esta será colgada no Campus Virtual da materia.
A asistencia ás prácticas clínicas comprobarase mediante unha folla de firmas que se entregará ao principio das mesmas e que terá que ser asinada polo titor clínico que teña ese día (xunto co seu nome).
Non se contemplan faltas non xustificadas. As xustificadas (ausencias) comunicaranse formalmente ao titor clínico e ao docente da materia.
Os cambios de quenda han de ser comunicados previamente ao docente e aceptados por este tras a aceptación polo titor clínico. Estes deben deben gardar un equilibrio no número de horas programadas en horario de mañá e tarde.
O horario debe cumprirse na súa totalidade. Contémplase un descanso de 30 minutos por quenda.
A asistencia a xornadas e congresos durante as prácticas este debe estar relacionado directamente coa materia, ser de carácter oficial, ser aprobado polo titor clínico e polo docente da materia previamente.
A recuperación de días en mañás de sábado dependerá da propia unidade de rotación e as súas características e da aprobación do titor clínico.
Non se contemplan recuperacións dobrando quenda.
Non se permite o uso de móbiles salvo en horario de descanso.
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: -A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizaras a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. -"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas." - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". |
|