Para formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes para completar os estudos, como máximo, 78 créditos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para concluír o plan de estudos do grao.
O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez se teña
constancia fidedigna de que o estudante superou todos os créditos necesarios
para obter o título de grao, agás os correspondentes ao propio TFG, tal e como
recolle no texto consolidado da Normativa reguladora da matrícula e a defensa
do TFG.
No caso de entregar o traballo fin de grao, solicitar a defensa e non efectuar a exposición e defensa na data e hora acordada, cualificarase como NON PRESENTADO. Igualmente no caso de expoñer e defender o TFG sen ter todas as materias do grao superadas, avaliarase como NON PRESENTADO.
O tribunal avaliador contará con todas as calificacións precisas para establecer a calificación final.
O secretarío do tribunal cubrirá a acta e calificación final do TFG, que se fará pública ao finalizar a avaliación de todos os alumnos presentados nesa convocatoria.
Todo alumno autorizado para realizala defensa do seu TFG que non se presente a mesma, será calificado coma non presentado.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.