Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar cambios na saúde da persoa adulta: Factores que inflúen, mecanismos fisiopatológicos, as manifestacións, métodos de diagnóstico, tratamentos clínicos e cirúrxicos específicos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Identificar as necesidades de coidado en adultos con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Identificar os diagnósticos de enfermaría e potenciais complicacións en adultos con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Planificar os coidados de enfermería para adultos con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas de diagnóstico e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Identificar as necesidades específicas dos coidados e planificar coidados de enfermería ás persoas con enfermidade avanzada e terminal e as súas familias |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade Didactica I: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función Endocrina Metabolica. |
- Tema 1. Atención a persoas con trastornos do páncreas. Diabetes mellitus e hiperinsulinemia. Fisiopatoloxía, clasificación, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico, tratamento e complicacións. Avaliación, identificación de problemas e coidados de enfermaría.
- Tema 2. Atención a persoas con trastornos hipofisarios, trastornos hipofisarios e glándulas suprarrenais. Fisiopatoloxía das enfermidades da hipófisis anterior e posterior e da diabetes insípida, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento. Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría. Fisiopatoloxía das enfermidades máis prevalentes (Hiperaldosteronismo; Hiperandroxenismo suprarrenal; Síndrome de Cushing; Feocromocitoma; Insuficiencia suprarrenal ou enfermidade de Addison), etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento. Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría.
- Tema 3. Atención a persoas con alteracións da glándula tiroides e enfermidades tiroideas, e metabolismo do calcio-fósforo. Fisiopatoloxía, estudo da función tiroidea e enfermidades tiroideas (bocio simple, hipotiroidismo, hipertiroidismo e tiroidite). Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría. Regulación do calcio-fósforo (PTH. Calcitonina. Vitamina D), fisiopatoloxía das enfermidades máis prevalentes (Hipoparatiroidismo; Hiperparatiroidismo), etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento. Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría. |
Unidade didáctica II: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función Dixestiva. |
- Tema 4. Estudo de persoas con enfermidade gastrointestinal. Consideracións clínicas: Historia; Exploración física; exame radiolóxico; exames endoscópicos; Outras probas diagnósticas. Técnicas de derivación: Gastrostomía; ileostomía; colostomía; Estilos de vida do paciente con ostomías.
- Tema 5. Atención á persoa con alteración do tracto gastrointestinal superior. Fisiopatoloxía das enfermidades máis prevalentes, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento. Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría.
- Tema 6. Atención á persoa con alteración do tracto gastrointestinal inferior e anexos. Patoloxías do intestino delgado e groso e alteracións hepáticas, biliares ou pancreáticas. Fisiopatoloxía das enfermidades máis prevalentes, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento. Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría. |
Unidade didáctica III: Atencion de Enfermaria as persoas con Queimaduras.
|
- Tema 7. Atención ás persoas con queimaduras. Clasificación, fisiopatoloxía, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico, prognóstico, tratamento e complicacións. Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría. |
Unidade didáctica IV: Atención de enfermaría as persoas con trastornos da función muscular e esquelética. |
- Tema 8. Atención a persoas con lesións musculoesqueléticas importantes. Lesións ligamentosas, fracturas e amputacións (Lesións musculoesqueléticas: tipos, etioloxía, manifestacións clínicas e tratamento); enfermidades metabólicas óseas (Clasificación, fisiopatoloxía, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento); e artrite reumatoide e fibromialxia (clasificación, fisiopatoloxía, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento). Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría.
- Tema 9. Atención a persoas con artropatía dexenerativa, artroplastia de cadeira e xeonllo. Clasificación, fisiopatoloxía, etioloxía, manifestacións clínicas, diagnóstico e tratamento. Avaliación, diagnósticos e intervencións de enfermaría. |
Unidade didáctica V: Atención de enfermaria a persoas con enfermidade avanzada e terminal. |
- Tema 10. Coidados paliativos a persoas en situación de enfermidade avanzada e terminal. Que son os coidados paliativos?; Mitos e aspectos xerais dos coidados paliativos en España; Obxectivos e base terapéutica dos coidados paliativos; Enfermeira xestor de casos; Atención á familia. Conspiración do silencio e do loito; Comunicación difícil. Xestión da conspiración do silencio.
- Tema 11. Principios de control e coidado dos síntomas. tratamento da dor; Vía subcutánea: xestión e coidados; tratamento dos síntomas dixestivos; Alimentación e nutrición; tratamento dos síntomas respiratorios; coidado da boca; Últimos días: coidado en agonía; sedación paliativa.
- Tema 12. Lei 25/2015 de dereitos dos pacientes e familiares en situación de enfermidade avanzada e terminal e Lei orgánica reguladora da eutanasia (LORE).
- Tema 13. Antropoloxía da dor: sufrimento, espiritualidade, esperanza e morte.
- Tema 14. Atención profesional. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
6 |
28 |
34 |
Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
6 |
25 |
31 |
Proba obxectiva |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
1 |
20 |
21 |
Seminario |
A34 A35 A37 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C4 C7 C8 C10 C11 |
6 |
6 |
12 |
Análise de fontes documentais |
A34 A35 A39 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
3 |
6 |
9 |
Sesión maxistral |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
21 |
20 |
41 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
- A realizacion desta actividade e obrigatoria e computa un 15%.
- Será necesario aprobar esta metodoloxía para sumar o resto de actividades. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor.
- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
- A sua realización e obrigatoria e computa 15%
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacions do resto de actividades. |
Proba obxectiva |
Proba de resposta curta ou tipo test de proba de resposta única. No caso dunha proba obxectiva tipo test, as respostas incorrectas descontaranse aplicando a seguinte fórmula: Puntuación = número de respostas correctas - (número de erros/4) ou número de respostas correctas - (número de erros x 0,25).
- A realización desta proba é obrigatoria e supón o 60% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as cualificacións do resto das actividades.
A proba realizarase de forma presencial, podendo utilizar ferramentas informáticas institucionais. |
Seminario |
Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
- Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título).
- A realización desta actividade é obrigatoria e supón un 10%.
- Será necesario aprobar esta metodoloxía para sumar as cualificacións do resto das actividades. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Acompañarase dun debate posterior no que se reflectirán contidos transversais previos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención persoalizada realizarase a cada grupo que realizan o traballo tutelado e os estudos de casos para facer un seguimento mais proximo do traballo que estan desenrolando.
Realizarase ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A34 A35 A37 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C4 C7 C8 C10 C11 |
Valorarase a asistencia e participación en actividades divulgativas e científicas propostas pola materia, ademais da realización de reflexións e/ou tarefas relacionadas con elas. Suporán o 10% da nota final.
Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título). |
10 |
Estudo de casos |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
Presentaranse ao alumnado situacións clínicas prácticas relacionadas cos contidos impartidos nas clases maxistrais e seminarios, a través dun sistema de preguntas-respostas, achegando, se é o caso, documentación ou outro material para ampliar coñecementos.
Valorarase a capacidade de relacionar os coñecementos teóricos dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais e seminarios con problemas específicos, así como a capacidade de análise e comprensión da situación, mediante o traballo colaborativo.
Entregaranse a través da plataforma Moodle. A entrega de casos prácticos é obrigatoria e debe realizarse no prazo establecido.
Os traballos que non se presenten en prazo non serán valorados.
Supoñerán o 15% da nota final.
Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título). |
15 |
Traballos tutelados |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
Na práctica deliberada (simulación grabada en video) valorase que o alumno sexa capaz de:
Presentarse, dá acordo á situación, á familia e darlle a opción de expor o motivo das súas preocupacións.
Estruturar o encontro cun inicio, desenlace e un final ou despedida.
Establecer unha relación de axuda e de seguridade, a través dunha escoita activa e sen emitir xuízos de valor.
Conectar emocionalmente e construír unha relación de confianza coa familia.
Permitirlle expresar os seus medos e resolver dúbidas e preocupacións.
Recoller e atender adecuadamente a expresión de emocións.
Establecer unha conversación dialógica coa familia.
Ofrecer á familia a posibilidade de deliberar sobre as decisións a tomar.
Para superar o traballo deberá:
Entregar ou expoñer os traballos tutelados na data que se indique. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
Obter unha puntuación igual o superior a 5 (sobre 10) do peso desta metodoloxía.
Supón o 15% da calificación final.
|
15 |
Proba obxectiva |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
A proba obxectiva ten un valor de 10 puntos e para superala o alumnado deberá acadar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Se o exame é de tipo resposta curta: Cada pregunta valerá 1 punto
Se o exame é de tipo test de resposta única: As respostas incorrectas descontaranse aplicando a seguinte fórmula: Puntuación = número de respostas correctas - (número de erros/4) ou número de respostas correctas - (número de erros x 0,25).
É obrigatorio e será necesario acadar unha puntuación de 5 (sobre 10) para sumar o resto das puntuacións. |
60 |
|
Observacións avaliación |
MODALIDADE ORDINARIA DE AVALIACIÓN Para aprobar a materia no RÉXIME ORDINARIO (obrigatoria para todo o alumnado con matrícula ordinaria), o alumnado deberá superar cada unha das partes, traballos tutelados (15%), estudo de casos (15%) e proba obxectiva (60%). No caso de seminarios (10%), deberá asistir a todas as conferencias programadas. - A cualificación de non presentado: outórgase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas.
- Para optar á matrícula de honra, os estudantes deben acadar unha nota final entre 9,5 e 10.
- No caso de non superar algunha das metodoloxías, a cualificación que aparecerá será a parte suspensa.
SEGUNDA OPORTUNIDADE O alumnado nestas circunstancias seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Deberá presentarse ás actividades académicas pendentes, ou non superadas. Na 2ª oportunidade permanecerán aprobadas as metodoloxías aprobadas na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO Este alumnado deberán reunir os mesmos requisitos que nas convocatorias comúns. CONVOCATORIAS PARA SEGUNDA E POSTERIORES MATRÍCULAS Para aquel alumnado que curse a materia poderá optar entre a avaliación ordinaria ou realizar unha proba obxectiva que represente o 100% da avaliación. MATRÍCULA PARCIAL O alumnado con ou sen dispensa académica poderá optar por non asistir ás actividades presenciais grupais (agás as actividades programadas dentro da metodoloxía de eventos científicos e/ou divulgativos), pero deberán traballar nas actividades programadas (segundo a documentación de moodle) e presentalos individualmente na plataforma moodle ou en persoa nas titorías programadas. SICUE, ERASMUS e BILATERAL Poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria. FRAUDE A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thomas, L.V. (1983). Antropologia de la muerte. Fondo de cultura economica. Mexico
Bulecheck, G.M.; Butcher, H.K.; McCloskev, J. (2009). Classification of interventions (NIC). ELSEVIER-DOYMA.
Moorhead,S.;Johnson, M.; Maas,M.L.; Swanson,E. (2009). Classification of results (NOC). ELSEVIER-DOYMA.
Astudillo, W.; Mendinueta, C. (1997). Cuidado enfermero en fase terminal y su familia. EUNSA
Espejo Arias, M.D. (2000). Cuidados Paliativos. Paradigma
Gordon, M. (2009). Diagnostico enfermero. Proceso y clasificacion. Harcourt
Luis, M.T. (2008). Diagnosticos enfermeros. Un instrumento para la practica asistencial. Harcourt
Canobbio, M. (2003). Disorders cardio-vascular. Doyma
Doughty, Dorothy (2005). Disorders gastrointestinal. Doyma
Juve, E. (1996). Enfermeria Onco-hematologica. Masson
De Wit, Susan (2000). Fundamentos de Enfermería Medico-quirurgica. Harcourt
Potter, P.A. (2009). Fundamentos de enfermería. Teoria y Practica. Harcourt
Carpenito, L.J. (2005). Manual de Diagnosticos de Enfermeria. McGraw-Hill- Interamericana
Ackley, B.J.; Ladwig, G.B. (2006). Manual of Nursing Diagnostics. ELSEVIER-DOYMA.
NANDA, Diagnosticos enfermeros (2009/2011). NANDA. Definiciones y Calsificacion. Harcourt
Mcuan, B. (1997). Paciente Terminal y muerte. Doyma
Holloway, Nancy (2000). Planes de cuidados de Enfermeria Medico-quirurgica. Doyma
Klüber Ross (1987). Sobre la muerte y los moribundos. Grijalbo
Wilson, Susan; Thomson, June (2003). Trastornos respiratorios. Doyma |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Aportarase bibliografía actualizada a través de artigos científicos relacionados cos temas a traballar. O estudante disporá de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/750G01001 | Bioloxía/750G01002 | Psicoloxía/750G01003 | Fisioloxía I/750G01005 | Fundamentos da Enfermaría/750G01007 | Fisioloxía II/750G01010 | Farmacoloxía/750G01011 | Enfermaría Clínica I/750G01034 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Estancias Clinicas I/750G01025 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a acadar un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Ensinanza e investigación ambiental e social saudables e sostibles" do "Plan de acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se leven a cabo nesta materia farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de facerse en papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.
RECOMENDACIÓNS DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN: Dacordo coa diferente normativa aplicable para o ensino universitario nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, garantindo o non uso da linguaxe sexista na aula, nos documentos elaborados sobre o tema. e nas actividades docentes realizadas co alumnando. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo no ambiente para modificalos e promover valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención á detección de situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitará a plena integración dos estudantes que, por razóns físicas, sensoriais, mentais ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado, igual e rendible á vida universitaria.
|
|