Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Fisioloxía Humana Código 750G02101
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
susana.sangiao@udc.es
Profesorado
Pardo Vázquez, José Luis
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
jose.pardo.vazquez@udc.es
susana.sangiao@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O obxectivo desta materia é axudar o alumno a coñecer e comprender os procesos fisiolóxicos que teñen lugar no corpo humano. O alumno deberá asimilar e integrar diversos conceptos fisiolóxicos e con eles construír a súa noción acerca do funcionamento do organismo; para iso traballarase en comprender os procesos que teñen lugar nos distintos órganos e sistemas, así como as relacións que existen entre eles e entre estes e o medio externo.
Segundo a Memoria do Título de Grao en Podoloxía, o descritor desta materia é: "Coñecer as materias de biofísica, fisioloxía e bioquímica relacionadas co corpo humano. Principios inmediatos. Bioquímica e biofísica das membranas, músculos e nervios. Principios de biomecánica. Adquirir o coñecemento das funcións e regulación dos distintos órganos e sistemas do corpo humano".

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Proporcionar os coñecementos suficientes para comprender e describir as funcións dos sistemas e aparellos do organismo san nos seus diferentes niveis de organización, e os procesos de integración que dan lugar á homeostase. Todo iso como base para a posterior comprensión da fisiopatoloxía e os mecanismos de produción da enfermidade, as bases da terapéutica e os medios para o mantemento e prevención da saúde. A68
B25
B26
B27
B29
B35
B39
C9
C11
Coñecer as materias de biofísica, fisioloxía e bioquímica relacionadas co corpo humano. Principios inmediatos. Bioquímica e biofísica das membranas, músculos e nervios. Adquirir e coñecer as funcións e a regulación dos distintos órganos e sistemas do corpo humano. A68
B25
B26
B27
B29
B35
B39
C9
C11
C12
C14
C15

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN Á FISIOLOXÍA Introdución. A célula. A auga e o medio interno. Homeostase e sistemas de control. Difusión. Osmose. Mecanismos polos que as sustancias atravesan a membrana celular. Células excitables. Potencial da membrana e potencial de acción. Propagación do potencial de acción.
SISTEMA NERVIOSO Descrición xeral do sistema nervioso. Sistema nervioso central. Sistema nervioso periférico. Características xerais da neurona. A sinapse. Sistemas sensoriais. Atributos das sensacións. Organización dos sistemas sensoriais.
SISTEMA MUSCULAR Tipos fibras musculares. O músculo esquelético. El ciclo contráctil: acoplamento excitación-contracción no músculo esquelético. A unión neuromuscular.
SANGUE E INMUNIDADE Funcións e composición do sangue. Fisioloxía dos eritrocitos. Fisioloxía dos leucocitos. Hemostase e coagulación. Grupos sanguíneos.
SISTEMA CARDIOVASCULAR Xeneralidades do sistema cardiovascular. As células marcapasos. Condución do potencial de acción no corazón. O electrocardiograma. Ciclo cardíaco: acontecementos eléctricos e mecánicos.
SISTEMA RENAL Características xerais da función renal. Funcións principais e estrutura dos riles. Circulación renal. Filtración glomerular, reabsorción e secreción.
SISTEMA RESPIRATORIO Introdución ao sistema respiratorio. Mecánica da ventilación pulmonar. Volumes e capacidades pulmonares. Intercambio e transporte gasoso.
SISTEMA DIXESTIVO Características xerais do sistema dixestivo. Mecanismos básicos de motilidade. Mecanismos básicos de secreción. Dixestión e absorción.
SISTEMA ENDÓCRINO Características xerais das hormonas. Secreción e transporte polo sangue. Mecanismos de acción. O hipotálamo e a hipófise. Páncreas. Glándula tiroide. Glándulas suprarrenais. Hormonas sexuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A68 B25 B27 B29 C9 C11 C14 C15 67.5 133 200.5
Traballos tutelados A68 B26 B27 B29 B35 B39 C9 C11 C12 22.5 0 22.5
Proba mixta A68 B25 B29 C9 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Actividade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes, na que se poden combinar diversas metodoloxías e probas, a través das cales o alumno desenvolve tarefas sobre un tema específico, con apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías personalizadas directas e/ou virtuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A68 B25 B29 C9 Proba que pode integrar preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
80
Traballos tutelados A68 B26 B27 B29 B35 B39 C9 C11 C12 Os alumnos realizarán exercicios relacionados coas clases maxistrais e presentación orais relacionadas con algún tema da materia. Isto, xunto coa realización de seminarios, suporá o 20% da cualificación final. 20
 
Observacións avaliación

Sistemas de avaliación: Primeira e segundaoportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (80% da notafinal) e traballos tutelados (20%). Oportunidade adiantada: proba mixta queabordará todo o temario da materia.

A proba mixta pode estar composta por calqueradas seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias:

Preguntas de ensaio: preguntas abertas dedesenvolvemento.

preguntas de resposta múltiple (podendo serverdadeiras unha ou varias das respostas)

preguntas de ordenación

preguntas de resposta breve

preguntas de discriminación

preguntas de completar

preguntas de asociación.

É indispensable aprobar a proba mixta parasuperar a materia, é dicir, débese obter un mínimo de 5 puntos sobre un máximode 10. Se non se supera o exame final (proba mixta) non se sumará a notacorrespondente aos traballos tutelados, e a cualificación da materia será aobtida no exame final.

Segundas matrículas e posteriores. Aquelaspersoas que suspendan a materia, en posteriores matrículas deberán realizar amateria completa, é dicir non se "garda" ningunha das cualificaciónsobtidas para cursos vindeiros.

Non presentado: Considerarase "nonpresentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a algunha dasprobas mixtas.

Matrícula de honra: Outorgarase ao alumnado que,obtendo cualificación de sobresaínte, teña as puntuacións máis elevadas.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Sistemas de cualificación: Numérico dende o 0 ao10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificaciónsexpresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que seestablece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nastitulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorionacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado,7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).


Fontes de información
Bibliografía básica Gary A. Thibodeau e Kevin T. Patton (2009). Anatomía y Fisiología. Harcourt
Berney Levi (2018). Fisiología. Elsevier
Fox, Stuart (2017). Fisiología Humana. McGraw-Hill
Tresguerres, J.A.F. (2010). Fisiología humana. McGraw-Hill
Silverthorn (2014). Fisiología humana: un enfoque integrado. Médica panamericana
Boron, Walter F. (2017). Fisiología Médica. Elsevier
Guyton y Hall (2016). Tratado de Fisiología Médica. Elsevier
https://www.udc.es/gl/biblioteca/recursos_informacion/libros_electronicos/libreria-pons_0001/
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recomendacións Sostibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1.  A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2.  Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais 

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

4. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, se se identificasen situacións adversas por razón de xénero, tomaranse medidas para corrixilas.

 5. Enténdese que o alumnado universitario ten que ter asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Polo tanto, será primordial e levarase a cabo obrigatoriamente a corrección  ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías