Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos básicos da Microbioloxía. Coñecer a morfoloxía e fisioloxía dos microorganismos. Coñecer a xenética bacteriana. |
A73
|
B23
|
C9 C11 C12 C14
|
Coñecer Infección, Inmunoloxía, Inmunidade natural e adquirida, Inmunoprofilaxis. Comprender os mecanismos mediante os cales os microorganismos causan infección e coñecer os mecanismos de defensa do hospedador ou sistemas de inmunidade. |
A73
|
B23
|
C9 C11 C12 C14
|
Coñecer os microorganismos máis frecuentes nas patoloxías do pé. Coñecer os mecanismos da patogenicidad viral. Micoloxía. Sinalar as enfermidades infecciosas bacterianas, víricas e fúngicas máis comúns. Coñecer os seus axentes etiolóxicos, epidemioloxía, sintomatoloxía, tratamento e prevención. |
A74
|
B23 B29
|
C9 C11 C12 C14
|
Coñecer os aspectos fundamentais da parasitoloxía sanitaria. Sinalar as parasitosis máis comúns. Coñecer os seus axentes etiolóxicos, epidemioloxía, sintomatoloxía, tratamento e prevención. |
A74
|
B23 B29
|
C9 C11 C12 C14
|
Coñecer a Microbioloxía ambiental e o diagnóstico microbiolóxico. Comprender os principios da Microbioloxía ambiental, incidindo especialmente na auga e a terra como hábitats máis relevantes en Podoloxía. Identificar a necesidade do diagnóstico microbiolóxico e a súa utilidade. |
A73
|
B23 B29
|
C9 C11 C12 C14
|
Coñecer os fundamentos microbiolóxicos para a prevención da infección. Comprender os principios da esterilización, a desinfección e a antibioterapia e quimioterapia antibacteriana. |
A73
|
B23 B39
|
C9 C11 C12 C14
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque temático I. MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA |
Tema 1.- Introducción á Microbioloxía e á Parasitoloxía |
Bloque temático II. MORFOLOXÍA E FISIOLOXÍA DOS MICROORGANISMOS |
Tema 2.- Estructura microbiana
Tema 3.- Fisioloxía bacteriana
Tema 4.- Xenética bacteriana
|
Bloque temático III. CONTROL DO CRECEMENTO MICROBIANO |
Tema 5.- Axentes físicos y químicos
Tema 6.- Antimicrobianos |
Bloque temático IV. MECANISMOS DE INFECCIÓN E RESISTENCIA |
Tema 7.- Microorganismos e enfermidade
Tema 8.- Inmunidad á infección |
Bloque temático V. DIAGNÓSTICO MICROBIOLÓXICO |
Tema 9.- Diagnóstico microbiolóxico |
Bloque temático VI. BACTERIOLOXÍA |
Tema 10.- Cocos gram positivos: Xénero Staphylococcus
Tema 11.- Cocos gram positivos: Xénero Streptococcus
Tema 12.- Enterobacterias
Tema 13.- Bacilos gram negativos non fermentadores
Tema 14.- Bacterias anaerobias de interese podolóxico
Tema 15.- Xénero Corynebacterium e outros bacilos gram positivos
Tema 16.- Xénero Mycobacterium |
Bloque temático VII. VIROLOXÍA |
Tema 17.- Os virus. Metodoloxía e características xerais
Tema 18.- Virus de interese clínico |
Bloque temático VIII. MICOLOXÍA |
Tema 19.- Micoloxía xeral
Tema 20.- Micosis superficiais e cutáneas
Tema 21.- Micosis subcutáneas e sistémicas
Tema 22.- Fungos oportunistas |
Bloque temático IX. PARASITOLOXÍA |
Tema 23.- Parasitoloxía. Xeralidades
Tema 24.- Protozoos
Tema 25.- Helmintos
Tema 26.- Artrópodos |
Bloque temático X. MICROBIOLOXÍA AMBIENTAL |
Tema 27.- Os microorganismos na natureza
Tema 28.- Microbioloxía da auga
Tema 29.- Microbioloxía do solo |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A73 A74 B23 B29 C9 C11 C12 C14 |
2 |
16 |
18 |
Sesión maxistral |
A73 A74 B23 B29 C9 C11 C12 C14 |
43 |
53.75 |
96.75 |
Traballos tutelados |
A73 B23 B39 C9 C11 C12 C14 |
0 |
16 |
16 |
Obradoiro |
A73 A74 B23 B39 C9 C11 C12 |
9 |
9 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Realizarase un exame que inclúe 10 preguntas curtas de ensaio e 30 preguntas de tipo test con catro posibilidades e resposta única. Nesta proba incluiranse unha pregunta curta e dúas preguntas tipo test relativas ao traballo tutelado. |
Sesión maxistral |
Esta metodoloxía pódese realizar utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre a profesora e o alumnado. A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio importante de imaxes e vídeo. |
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo colaborativo, obrigatorio para superar a materia en Primeira oportunidade, en grupos preferiblemente de dez integrantes. Consistirá nun traballo de síntese de información sobre coñecemento científico relativo ao control do crecemento dos microorganismos como base para a aplicación na práctica podolóxica da política de antisepsia e desinfección no ambiente clínico. A data de entrega do traballo será única a final do período de clases, anunciarase no Campus Virtual da UDC, e de acordo co calendario de exames e a normativa vixente fixarase para uns 15 días antes da data de comezo do periodo de exames da Primeira oportunidade. |
Obradoiro |
Esta metodoloxía inclúe Prácticas de laboratorio. Aplicación de aprendizaxes na que combinaránse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc) a través da que ou alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre microscopía e cultivo de microorganismos dirixidas a demostrar a presenza da microbiota normal e os beneficios do lavado de mans. Unha parte desta metodoloxía realizarase utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre a profesora e o alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e momento en que se desenvolverá a atención personalizada correspondente a cada actividade, indicarase ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia e publicarase no campus virtual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A73 A74 B23 B29 C9 C11 C12 C14 |
As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. Esta metodoloxía é obrigatoria e para poder aprobar a materia a nota da proba debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. |
60 |
Sesión maxistral |
A73 A74 B23 B29 C9 C11 C12 C14 |
O seguimento das clases maxistrais de forma síncrona ou asíncrona por parte do alumnado valorarase mediante a súa participación en clase, a elaboración de resumos, e/ou a realización de tarefas ou probas obxectivas que serán comunicadas ao alumnado polo Campus Virtual. |
10 |
Obradoiro |
A73 A74 B23 B39 C9 C11 C12 |
Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. Os talleres valoraranse mediante a participación en todas as sesións e a presentación do caderno correspondente. |
15 |
Traballos tutelados |
A73 B23 B39 C9 C11 C12 C14 |
A presentación do traballo tutelado é obrigatoria para a primeira oportunidade. Na cualificación do traballo considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC. |
15 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todo o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (xuño). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (Entregando nun prazo que se anunciará no Campus Virtual as actividades académicas deseñadas para ou curso que computan na avaliación) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial y/o con dispensa académica pode acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA). Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade): 1.- Proba mixta 60% 2.- Sesións maxistrais 10% 3.- Traballo tutelado 15% 4.- Obradoiro 15% Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula a tempo parcial y/o con dispensa académica): 1.- Proba mixta 100% A calificación de Non presentado obterase se non se realiza o exame final e se non se realiza unha parte significativa das actividades de avaliación continua. A mención de "Matrícula de honra" poderá ser concedida a alumnos que obtivesen unha cualificación igual ou superior a 9.0. A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao
estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Madigan, M.T., Martinko, J.M., Bender, K., Buckley, D. y Stahl, D. (2015). Brock Biología de los microorganismos. Décimo cuarta edición. Prentice Hall
Willey, J.M., Sherwood, L.M. y Woolverton, C.J. (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. Séptima edición. Mc Graw Hill Interamericana
Willey, J.M., Sandman, K.M., Wood, D.H. (2023). Prescott's microbiology. Twelfth edition. McGraw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Larone, H.D. (2023). Medically Important Fungi: A Guide to Identification. 7th edition.. Wiley-ASM Press
Vanmeter, K.C. y Hubert, R.J. (2023). Microbiología en ciencias de la salud. Tercera edición. Elsevier España
Martín, A., Béjar, V., Gutiérrez, J.C., Llagostera, M. y Quesada, E. (2019). Microbiología Esencial . Ed. Médica Panamericana
Murray, P.R., Rosenthal, K.S., Pfaller, M.A. (2021). Microbiología médica. Novena edición.. Elsevier
Bauman, R.W. (2018). Microbiology with diseases by body system. Fifth Edition. Pearson Education
Becerril Flores, M.A. (2019). Parasitología Médica. Quinta edición.. McGraw Hill
Joklik, W.K., Willet, H.P. y Amos, D.B. (1994). Zinsser Microbiología. Vigésima Edición. Editorial Panamericana
Tortora, G.J., Berdell, R., Funke, B.R. y Case, C.L. (2017). “Introducción a la Microbiología”. Duodécima edición. Editorial Médica Panamericana
Ingraham, J.L. e Ingraham, C.A. (2004). “Introducción a la Microbiología”. Volumen I y Volumen II. Ed. Reverté |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fisioloxía Humana/750G02101 | Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano/750G02106 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127 |
|
Materias que continúan o temario |
Quiropodoloxía 1/750G02125 | Quiropodoloxía 2/750G02126 | Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía /750G02102 |
|
Observacións |
Recoméndase ao alumno superar esta materia durante o primeiro curso por tratarse dunha materia básica para a adquisición de coñecementos en materias que se cursarán posteriormente. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…) 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|