A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 3 bloques:
- DOCUMENTACIÓN (3.5 ECTs) 39% da nota final, Prof. Dra. María Sobrido Prieto.
- METODOLOXÍA CUANTITATIVA (3.5 ECTs) 39% da nota final, Prof. Dra.Teresa Seoane Pillado (Coordinadora da materia).
- METODOLOXÍA CUALITATIVA (2 ECTs) 22% da nota final, Prof. Dra. Sara Fernández Basanta
Para aprobara materia é necesario superar cada unha das 3 partes individualmente . A nota final calcularase segundo o peso en créditosECTS de cada unha das partes.
No caso de que non se supere algunha das tres partes da materia na 1ª oportunidade, a nota quefigurará será a cualificación obtida tras a ponderación de cada parte se éinferior a 5, noutro caso a nota será un 4,5. En 2ª oportunidade manterase aprobada a parte ou partes superadas en 1ª oportunidade dentro dá a mesmaconvocatoria
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Dado o carácter práctico desta materia, levarase a cabo unha avaliación continua. Ademais dos traballos tutelados e solución de problemas ao longo do curso, as materias de Metodoloxía Cuantitativa e Documentación poderán ser avaliadas ao finalizar a docencia
1ª OPORTUNIDADE:
Documentación : Para aprobar este módulo é requisito indispensable ter realizado o 100% de cada unha das metodoloxías e lograr a metade da puntuación en cada una das metodoloxías que computan na avaliación
Metodoloxía Cuantitativa : A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos. A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/as alumnos/as de matrícula ordinaria en primeira oportunidade e outras. En caso de non realizar algunha das actividades de avaliación continua (solución de problemas e prácticas a través de TICs), éstas serán cualificadas con 0 puntos á hora de obter a cualificación final segundo as porcentaxes asignadas.
Os aspectos e criterios que se terán en consideración para avaliar as actividades realizadas segundo a devandita metodoloxía son: asistencia ás clases teóricas e prácticas, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nas probas teóricas e prácticas, e competencias referidas para esta materia. A asistencia ás clases poderá ser rexistrada de maneira aleatoria para garantir o cumprimento deste criterio.
Metodoloxía Cualitativa : O resultado de avaliación procede da suma dascualificacións obtidas da metodoloxía de avaliación continua (traballotutelado) 40% e o exame (proba mixta) 60%, sendo obrigatorias ambas as metodoloxíaspara proceder ao sumatorio de ambas as cualificacións desta parte da materia. Acualificación obtida sobre 10 será ponderada de acordo á porcentaxe asignada aesta parte da materia (22%). A puntuación mínima para superar esta parte damateria será de 1,1 puntos sobre o total de 2,2 puntos.
2º OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación descrito aplicará ao alumnado de 1ª matrícula tanto en 1ªcomo en 2ª oportunidade
2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRICULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA:
Documentación: O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, acollerase ao mesmo sistema de avaliación establecido para primeira matrícula
Metodoloxía Cuantitativa: : O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse ao sistemade avaliación establecido para primeira matrícula. De non facelo, poderá superar a materia mediante a avaliación do exame. Para iso, multiplicarase anota do exame final por un factor corrector de 0,8 e o resultado será a cualificación obtida. Para aprobar, o/a alumno/a deberá alcanzar unha nota mínima de 5 tras aplicar o factor corrector. O/a alumno/a deberá comunicar a docente da materia que opta por esta opción de avaliación antes da oportunidade de xuño ou xullo
Metodología Cualitativa:
2º matrícula e posteriores: O alumnado nesta situación poderá escoller entre o mesmo sistema de avaliación que o descrito para a modalidade ordinaria de avaliaciónou presentarse a un exame exclusivamente, a condición de que en anteriores matrículas aprobase o traballo tutelado. A avaliación mediante exame exclusivamente terá un valor de 10 puntos (ponderado 2.2 puntos), que será necesario aprobar para que se proceda co sumatorio do resto das partes da materia. Esta opción deberá ser comunicada ao comezo das clases da parte de metodoloxía cualitativa á profesora responsable.
Matriculaparcial ou dispensa académica: O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coa profesora ao comezo das clases da parte de metodoloxía cualitativa. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliado. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.
OPORTUNIDADE ADIANTADA.
O alumnado que opte pola oportunidade adiantada deberá cumprir as condicións indicadas no Artigo 19º, "Adianto de oportunidades de avaliación de materias para titulacións adaptadas ao EEES". O exame realizarase entre o 18 de novembro e o 5 de decembro.
MATRICULA DE HONRA
Os estudantes que desexen optar a matrícula deberán cumprir os seguintes requisitos:
-Obter unha nota media superior a 9 na cualificación final da materia.
-Obter polo menos un 9 sobre 10 en cada un dos bloques.
-Remitir as actividades de avaliación continua establecidas na materia.
Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos profesores da materia
NON PRESENTADO
A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumnado que non realizase polo menos una das probas mixtas das distintas partes da materia (Documentación, e/o Metodoloxía Cuantitativa, e/o Metodoloxía Cualitativa)
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA:
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
FRAUDE:
Todos os aspectos relacionados con “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
SICUE , ERASMUS e BILATERAL
Alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas profesoras ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliado. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria.