Para a modalidade ordinaria de avaliación: rexiráse por as porcentaxes reflexadas.
Optarán á cualificación de Matrícula de Honra (Graciable) aquel/a alumno/a que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase.
A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles/es alumnos/as que non presenten as actividades pendentes ou non participasen de ningún escenario.
Para a Oportunidade adiantada (Dezembro): traballo de recopilación de imanes: deberá aportar unha imaxe coa súa correspondente explicación de cada técnica de imaxe en cada unha das localizacións anatómicas do membro inferior 7 dias antes da data prevista para o examen tipo test de resposta única ao que tamen debera superar con éxito.
Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade.
Para alumnos con modalidade matricula a tempo parcial deberán presentar os traballos tutelados e de aprendizaxe colaborativa así coma o estudo de casos en tempo e forma co resto de compañeros. Deberán tomen superar o exames tipo test de resposta unica previstos na data que figure no calendario académico correspondiente.
Segundo a normativa que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 05/04/2017), cando a un estudante se lle recoñeza a súa condición de matriculado en prazo parcial, ten o dereito a gozar dun réxime flexible de asistencia ás clases e a solicitar a exención académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) do citado regulamento, sempre que non afecte negativamente ao proceso de avaliación do alumno. Para iso, as Comisións Académicas dos distintos centros da UDC concretan o alcance da citada exención. Polo tanto, a concesión da dita flexibilidade á solicitude será por conta da valoración e decisión da Comisión Académica do Grao en Podoloxia, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.
Para o alumnado con DISPENSA ACADÉMICA a súa cualificación corresponderá o 40% coa nota obtida na proba de exame test de resposta única, o 20% coa nota obtida no exame con imaxes prácticas de resposta única, o 10% ao traballo individual de exposición razonada que fundamente os contidos de física da materia en todas as técnicas de imaxe diagnóstica, e o 10% un traballo individual onde se desenvolva unha presentación en formato powerpoint que traslade os contidos teóricos de física relatados no punto anterior. O 20% un traballo individual en formato powerpoint de recopilación de imaxes diagnósticas de todas as técnicas de imaxe aplicables ao membro inferior indicando en cada imaxe a tecnica en cuestión, a rexión corporal explorada, plano, corte ou elementos necesarios para o recoñecemento da imaxe presentada así como os elementos visualizados na mesma. Nesta modalidade será obrigatorio superar os exames con unha calificación minima do 50% en cada parte e que todos os traballos cumplan os criterios indicados.
Para o alumnado que curse estudios dentro do PROGRAMA SICUE (SISTEMA DE INTERCAMBIO ENTRE CENTROS UNIVERSITARIOS ESPAN?OLES) a súa cualificación corresponderá o 40% coa nota obtida na proba de exame test de resposta única, o 20% coa nota obtida no exame con imaxes prácticas de resposta única, o 10% ao traballo individual de exposición razonada que fundamente os contidos de física da materia en todas as técnicas de imaxe diagnóstica, e o 10% un traballo individual onde se desenvolva unha presentación en formato powerpoint que traslade os contidos teóricos de física relatados no punto anterior. O 20% un traballo individual en formato powerpoint de recopilación de imaxes diagnósticas de todas as técnicas de imaxe aplicables ao membro inferior indicando en cada imaxe a tecnica en cuestión, a rexión corporal explorada, plano, corte ou elementos necesarios para o recoñecemento da imaxe presentada así como os elementos visualizados na mesma. Nesta modalidade será obrigatorio superar os exames con unha calificación minima do 50% en cada parte e que todos os traballos cumplan os criterios indicados.