Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e actúar en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normo praxes |
A92
|
B33
|
C12 C15 C16
|
Coñecer os dereitos e a autonomía do paciente. Coñecer e aplicar os conceptos de responsabilidade civil e sanitaria. Coñecer o manexo da documentación clínica: confidencialidade. |
A92 A93
|
B37 B38 B39
|
C9 C12
|
Coñecer o marco profesional así como os dereitos e obrigacións do profesional. |
A92
|
B24 B25 B37 B38 B39
|
C11 C13
|
Conocer los problemas éticos en el ejercicio de la profesión y los instrumentos que ayuden al profesional en caso de problemas éticos. |
A92 A93
|
B24 B25
|
C11 C12
|
Adquirir a capacidade de xestión clínica dos servizos de Podoloxía. Coñecer a Economía da saúde e uso eficiente dos recursos. Coñecer a xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español. |
A91
|
B25 B33 B39
|
C11 C12 C14 C17
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introducción á ética
|
1.1- Introdución. Noción xeral de Ética.
1.2- Conceptos: ética, moral, lexislación, deontoloxía.
1.3- Diferenzas entre Ética, Deontoloxía e Lexislación.
1.4- Diferentes perspectivas e tendencia da ética. |
2.- Bioética
|
2.1. Introdución. Panorama histórico.
2.2. Concepto de bioética.
2.3. Principios bioéticas fundamentais.
|
3.- A Ética das profesións |
3.1- Introdución.
3.2- Caracteres dunha actividade profesional.
3.3- Marco legal da profesión de podoloxía.
3.4- Código deontolóxico de Podoloxía. Obrigacións deontolóxicas do profesional de Podoloxía.
3.5-Problemas éticos no exercicio da profesión.
3.6-Instrumentos que axuden ao profesional en caso de problemas éticos.
3.7.- Criterios de normopraxes. |
4.- Dereitos e deberes do paciente |
4.1- Os dereitos e deberes dos usuarios na Lei Xeral de Sanidade.
4.2- Os dereitos e deberes dos usuarios no Código Deontolóxico de Podoloxía.
4.3- A Información e o consentimento informado.
4.4- Lexislación reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigacións en materia de información e documentación clínica.
4.5- Historia clínica.
4.6- Manexo da documentación clínica: confidencialidade.
|
5.- Dereitos e obrigacións do profesional. |
5.1- Marco profesional.
5.2- Introdución ao concepto de responsabilidade profesional.
5.3- Responsabilidade civil e sanitaria.
5.4- A responsabilidade penal dos profesionais sanitarios.
5.5- Concepto de imprudencia profesional.
5.6- O segredo e a confidencialidade.
5.7- Colexiación e asociacionismo profesional. |
6.- Xestión en Podoloxía
|
6.1- O sistema Sanitario Español.
6.2- Procedementos para a creación e xestión dunha clínica podolóxica.
6.3- Principios básicos da mercadotecnia.
6.4- Xestión clínica dos servizos de podoloxía.
6.5- Economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
6.6- Xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A91 A92 A93 |
17 |
10 |
27 |
Estudo de casos |
A91 B24 B25 B37 B38 B39 C9 C12 C14 C15 C17 |
4 |
14 |
18 |
Seminario |
A91 B33 C11 C17 |
6 |
12 |
18 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
C11 C16 |
11 |
10 |
21 |
Traballos tutelados |
A91 A93 B24 B25 B38 B39 C9 C11 C13 C15 C16 C17 |
4 |
24 |
28 |
Proba de resposta múltiple |
A91 A92 A93 |
1 |
32 |
33 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte da/do estudante. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ás e ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Estudo de casos |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación.
A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite ao alumnando adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990)
No ABP un grupo pequeno de alumnos/as reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe.
Cada estudante integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno (5-6 membros), traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. O desenvolvemento deste escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo.
Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia.
Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle (nas datas acordadas na presentación da materia) co nome de arquivo: EscenarioX_GrupoXnº.PDF e posteriormente expostos e defendidos por todos os integrantes do grupo. |
Seminario |
Unha clase en grupo para o estudo intensivo da xestión podolóxica e o uso do software de xestión clínica COGECOP (ou equivalente) trala que cada estudante deberá de realizar unha memoria de uso e valoración, xerando evidencias do emprego do mesmo.
Noutra clase traballanrse sobre os aplicativos e sistemas de comunicación coa administración, tales coma o certificado dixital ou a plataforma É-Saúde trala que cada estudante deberá de realizar unha memoria de uso, xerando evidencias do emprego do mesmo e do certificado dixital. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a congresos e xornadas de orientación profesional, innovación e emprendimento (Laboralia, Xornadas Orientación Facultade, Plan de Acción Green Campus Ferrol, etc.) e elaboración dunha memoria-informe das mesmas.
A asistencia e participación nestas actividades permitirán ao alumnado profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia e proporcionar coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes ao ámbito de estudo. |
Traballos tutelados |
Traballo en grupo de 5-6 alumnos/as no que se fará un proxecto de creación dun centro sanitario en que se presten os servizos de podoloxía e no que se deberán de describir:
- os trámites legais e administrativos necesarios para a creación de clínica podolóxica.
- procedementos para a creación e xestión dunha clínica podolóxica.
- plan de negocio e mercadotecnia da clínica podolóxica.
- localización e deseño da clínica podolóxica.
Este traballo deberase de entregar a través da plataforma Moodle (nas datas acordadas na presentación da materia) co nome: CS_podologiaGrupo.PDF e posteriormente expostos e defendidos por todos os integrantes do grupo. |
Proba de resposta múltiple |
Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados a través da plataforma Moodle así como os escenarios do Estudo de casos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios de titorías do profesor, exclusivamente de xeito presencial, previa solicitude a través do Campus Virtual (plataforma Moodle) e estas serán gravadas a través de TEAMS na canle privada do docente ao igual que as revisión das calificacións.
A atención personalizada está destinada a resolver calquera tema relacionado coas diferentes metodoloxías e/o contidos da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A91 A92 A93 |
Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase presencialmente a través do Campus Virtual da materia e versará sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados así como os escenarios do Estudo de casos.
INSTRUCIÓNS DO EXAME:
-Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta.
- Unha vez aberto o cuestionario as pregútas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada.
NORMAS XERAIS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos.
- A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
- A conexión realizarase a traves da rede wifi propia da UDC EDUROAM (previamente configurada), sendo necesario ter instalado o aplicativo Safe Exam Browser no equipo.
- Ao finalizar o exame (antes de apagar o equipo e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia da entrega do exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles.
- O incumprimento destas normas suporá o suspenso automático do exame coa calificación de 0,0. |
60 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
C11 C16 |
Esta metodoloxía de aprendizaxe colaborativa, valorarase en función do número de copias dos diplomas da asistencia a xornadas/cursos sobre orientación profesional, innovación e emprendemento así como as conclusións do informe-memoria sobre as mesmas presentadas a través da plataforma moodle.
Neste apartado destaca especialmente as Xornadas de Orientación Profesional en Podoloxía organizadas pola Facultade de Enfermería e Podoloxía, que se avaliará exclusivamente en función do número de charlas ás que asista activamente. |
10 |
Estudo de casos |
A91 B24 B25 B37 B38 B39 C9 C12 C14 C15 C17 |
O alumnado entregará o documento da solución xustificada do escenario na tarefa Moodle e presentarao e defenderá na aula segundo o traballo previo do grupo dentro da aprendizaxe baseada en problemas, dentro dos prazos marcados.
Criterios de cualificación
Avaliarase o traballo na aula, a relevancia do traballo feito, a consecución dos obxectivos prioritarios e secundarios dos problemas expostos, as interaccións persoais de cada estudante na aula cos demais membros do grupo (segundo o número de participacións nas reunións do grupo), a achega ao proceso de razoamento grupal (avaluada por cuestionario a cada un dos membros do grupo), a integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, o problema exposto e as conclusións establecidas, a reflexión xeral do aprendido no caso exposto, o pensamento crítico do grupo sobre o caso e a xustificación das intervencións e/o respostas a través de bases documentais, normas e leis éticas e deontolóxicas actuais.
Para valorar o traballo será necesario a asistencia ás sesións de traballo presenciais, así coma a participación na exposición e defensa do proxecto propio e do resto de grupos. |
8 |
Sesión maxistral |
A91 A92 A93 |
Valorarase a asistencia activa na aula. |
4 |
Traballos tutelados |
A91 A93 B24 B25 B38 B39 C9 C11 C13 C15 C16 C17 |
Para a realización deste proxecto de creación de centro sanitario en que se presten os servizos de podoloxía valoraranse especialmente a orixinalidade e concreción nunha localización real concreta, o plan de negocio e a desagregación dos trámites.
Para valorar o traballo será necesario a asistencia e participación na exposición e defensa do proxecto propio e do resto de grupos. |
10 |
Seminario |
A91 B33 C11 C17 |
Valorarase a asistencia e participación no seminario, así como a elaboración dunha memoria de valoración de uso do software de xestión clínica COGECOP (ou equivalente) da que se valorará especialmente a creación de exemplos de datos e a valoración crítica do aplicativo, e a elaboración dun informe incluíndo evidencias sobre o uso dos aplicativos coma o certificado dixital e a plataforma É-Saúde (ou equivalente). |
8 |
|
Observacións avaliación |
Na matrícula ordinaria: o 60 % da avaliación de materia depende por tanto da proba obxectiva que neste caso será unha proba de resposta múltiple. Por outra banda, o 20% da cualificación dependerá dos traballos tutelados (un de 10% do traballo de creación dun centro sanitario e outro 10% do traballo dos eventos científicos e divulgativos). Finalmente, o 20% da cualificación da materia dependerá da avaliación e seguimento continuo entendendo como tal as sesións maxistrais (4%), os seminarios (8%) e o estudo de casos (8%). Optarán á cualificación de MATRÍCULA DE HONRA o estudante que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases escenarios e seminarios fose significativa. A cualificación de NON PRESENTADO: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para aquel alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase os mesmos porcentaxes de avaliación que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avaliadas que suspendese, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 10 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calquera caso, o exame final da materia. Para alumnado ERASMUS, DANUDC, SICUE e BILATERAL poderá optar pola avaliación da modalidade ordinaria ou avaliación na que corresponderá o 70% coa nota de proba de resposta múltiple, o 10% coa memoria de eventos científicos-divulgativos e 20% co traballo tutelado de creación de centro sanitario (que neste caso será individual). Para alumnado con MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL a súa cualificación corresponderá o 60% coa nota da proba de resposta múltiple, o 15% coa memoria de eventos científicos-divulgativos, 15% co traballo tutelado de creación de centro sanitario (que neste caso será individual) e o 10% pola participación e tarefas dos seminarios. Para o alumnado con DISPENSA ACADÉMICA a súa cualificación corresponderá o 70% coa nota obtida na proba mixta, o 20% co traballo tutelado de creación de centro sanitario (que neste caso será individual) e o 10% pola participación e tarefas dos seminarios. Convocatorias de SEGUNDA E POSTERIORES MATRÍCULAS: Para aqueles alumnos que cursen a materia e realicen os estudos de casos e traballos tutelados coa cualificación de apto, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións dos seminarios, eventos científicos, os estudos de casos, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursaron os estudos de casos. Convocatorias da OPORTUNIDAD ADIANTADA DE AVALIACIÓN: Para aqueles alumnos que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación supoñerá o 100% da cualificación da materia.
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. A fin de establecer un proceso de mellora contínua da CALIDADE da materia e facilitar a participación de todos os alumnos, mediante o envío dun arquivo co nome Apelido1_Apelido2_Nome-VALORACION.doc poderanse sumar ata 0,4 puntos á puntuación da materia, a condición de que a suma destes puntos non supoña o aprobado da mesma. Esta puntuación virá determinada por: - Cubrir a enquisa de AVALIEMOS (http://www.udc.gal/avaliemos) [7 días antes da data de peche de actas da 1ª oportunidade]: + 0,25 puntos
- Valoración persoal da materia, describindo brevemente e de forma construtiva o que consideras o mellor e o peor da docencia dá a materia, así como proposta de cambios [12 días antes da data de peche de actas da 1ª oportunidade]: + 0,1 puntos
- Contabiliza o total de horas dedicadas á materia [12 días antes da data de peche de actas da 1ª portunidade]: + 0,05 puntos
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). Código deontológico de Podología.
GOMEZ JARA, M, NOVEL MARTÍ, V (2001). El ejercicio privado de las profesiones saniatrias: requisitos legales. Barcelona: Atelier Libros SA
ARANGUREN, J.L., (1989). Ética. Madrid: Alianza Universidad
Medina Castellano Carmen (2000). Ética y Legislación. Madrid: D.A.E Grupo Paradigma
Medina Castellano Carmen (2000). Etica y legislación. Madrid: Paradigma
Latorre, A (1985). Introducción al Derecho. Barcelona: Ariel
GOMEZ JARA, M (2007). La responsabilidad profesional sanitaria. Barcelona: Atelier Libros SA
(). Ley 14/1986, de 25 de abril, General de Sanidad.
(). Ley 25/1990, de 20 de diciembre, del medicamento.
(). Ley 41/2002 reguladora de la autonomía del paciente y derechos y obligaciones en materia de información y documentación clínica.
Novel i Martí, Virgínia; Fernández Herrera, Jesús M. Ramón Meseguer Planas (2009). Manual de Marketing para la consulta de podología. Nexus Médica
Moreno de la Fuente, José Luis (2013). Podología : emprendimiento, ética, legislación y gestión. Madrid : BDS
Noval Cinza Jose, et al (1997). Principios de bioética. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña |
|
Bibliografía complementaria
|
Mosqueda-Diaz, A., Mendoza-Parra, S., Jofré-Aravena, V. (2014). Aporte de enfermería a la toma de decisiones en salud.. Rev Bras Enferm. mai-jun; 67(3):462-7
(). BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO. http://www.boe.es/diario_boe/
(). DERECHO.COM. http://www.derecho.com/
(). DIARIO OFICIAL DE GALICIA. http://www.xunta.es/consulta-do-dog
Arroyo P, Cortina A (1996). Ética y legislación en enfermería . Madrid: Interamericana
Arroyo MP, Serrano A (1988). Ética y Legislación en Enfermería. Madrid: Interamericana
Almenara P (1995). Ética y Legislación en Enfermería. Barcelona: Masson
ICN (1994). La ética en la práctica de la enfermería. Guia para la toma de decisiones éticas.. Ginebra: Consejo Internacional de Enfermeras.
Gil Calvo (2001). Nacidos para cambiar. Como construimos nuestras biografías.. Madrid: Taurus
(). NOTICIAS JURIDICAS. http://noticias.juridicas.com/
Becerro R, et al (2002). Prescripción y receta podológica. El Peu. 22(1):8-17
Marín Manuel (2003). Receta medica en podología. Revista Española de Podología: XIV (3):142-144
Calvo Sanchez, Dolores (2010). Secreto profesional en el ámbito de la enfermería.. Lisboa: Editorial Juruá
Garzón Alarcón, N (2001). Toma de decisiones éticas. Catadra Manuel Ancina. Etica y Bioética.
(). WESLAW (Aranzadi). http://www.udc.es/biblioteca/galego/Bases.htm |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Psicoloxía Aplicada e Saúde/750G02105 | Podoloxía xeral /750G02110 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Traballo Fin de Grao/750G02133 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo Fin de Grao/750G02133 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número
5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan
de Acción Green
Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade
de imprimilos,
no caso de se realizar en papel:
non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre
cara, empregarase papel reciclado
e evitarase a impresión
de borradores.
- Débese facer un uso
sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural tendo en
conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos
comportamentos persoais e profesionais.
- Todas as probas de avaliación realizaranse a través do campus virtual da materia, evitan así o uso de papel.
MATERIAL DOCENTE. Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquer extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. |
|