Requisitos para Superar la Materia
Prácticas Clínicas:
- Asistencia obrigatória a todas as prácticas clínicas.
- A falta de asistencia injustificada a qualquer prática resultará na suspensión da materia. O alumnado debe informar ao docente por correo electrónico o antes posible e nunca máis tarde do día da práctica, presentando un xustificante nun prazo de 7 días (*ver xustificación de falta de asistencia). Non avisar ou non presentar o xustificante no prazo establecido suporá a suspensión das prácticas clínicas.
- Avaliarase a presencialidade e participación activa cun total de 1 punto. É necesario obter polo menos un 50% da cualificación total para aprobar a materia.
Proba Práctica:
- Consistirá na simulación dun caso clínico, onde o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos necesarios, incluíndo a elaboración dun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado.
- A proba práctica terá un valor máximo de 1 punto. É necesario obter polo menos un 50% da cualificación total para aprobar a materia.
Traballos Tutelados:
- Realización do traballo tutelado de acordo coas pautas do profesorado.
- É necesario obter polo menos un 50% da cualificación total do traballo tutelado.
Proba Obxectiva:
- Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación total.
Para aprobar a materia, é necesario que a suma de todas as metodoloxías alcance un 50% da cualificación total da materia.
Xustificación de Faltas de Asistencia:
A falta de asistencia ás prácticas clínicas, actividades obrigatórias ou probas de avaliación só estará xustificada polas seguintes causas:
o Enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica ou proba (xustificante médico).
o Falecemento dun familiar ata o terceiro grao (xustificado).
o Citación xudicial.
o Asistencia como membro a sesións de órganos colegiados da UDC.
o Participación en competicións deportivas como deportista de alto nivel ou en representación da UDC.
o Asistencia a mobilizacións estudantís (segundo a normativa da UDC).
Matrícula de Honra:
O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderá optar á matrícula de honra. En caso de empate, priorizarase a nota máis alta nas seguintes metodoloxías por orde: proba obxectiva, proba práctica, traballo tutelado, seminarios e prácticas clínicas.
Non Presentado:
O alumnado que non curse ou participe en ningunha das metodoloxías de avaliación será cualificado como "NON PRESENTADO".
“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”
Matrícula Parcial:
A asistencia aos seminarios pode ser substituída por un traballo acordado coa profesora. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. É necesario obter un 50% da cualificación global da materia e superar un 50% en cada parte: proba obxectiva, prácticas clínicas, proba práctica e traballo tutelado. O alumnado debe informar ao profesor desta situación ao inicio das clases e non máis tarde de 15 días despois do seu inicio. Ademais, o alumnado debe informar á profesora se quere acollerse á realización dun traballo en substitución dos seminarios.
Dispensa:
O traballo tutelado pode facerse individualmente e a asistencia aos seminarios pode ser substituída por un traballo acordado coa profesora. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. É necesario obter un 50% da cualificación global da materia e superar un 50% en cada parte: proba obxectiva, prácticas clínicas, proba práctica e traballo tutelado. O alumnado debe informar ao profesor desta situación ao inicio das clases e non máis tarde de 15 días despois do seu inicio. O alumno/a debe informar á profesora se se acolle á opción de facer o traballo individual e á realización dun traballo en substitución dos seminarios.
Oportunidade Adiantada:
Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto das convocatorias, segundo o tipo de matrícula do estudante.
2ª e Posteriores Oportunidades:
O alumnado que se presente á 2ª ou posteriores oportunidades conservará as notas da proba práctica, seminarios e traballos tutelados durante dous cursos, sempre que participe e supere as diferentes actividades.