Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Deseñar un plan de intervención e tratamento para fisioterapia de diferentes patoloxías podolóxicas |
|
B27 B36 B39
|
C14
|
Coñecer os fundamentos terapéuticos do manexo do paciente con dor |
|
B24 B29 B30
|
|
Coñecer e aplicar as técnicas de exame físico do membro inferior para o diagnóstico de afeccións podolóxicas |
|
B29 B30
|
|
Coñecer as bases de funcionamento e as indicacións dos métodos físicos, eléctricos e manuais empregados no tratamento das afeccións |
A112
|
B24
|
|
Prescribir, administrar e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais no tratamento das diferentes patoloxías dos pés podolóxicos |
A112
|
B24 B30
|
|
Coñecer e aplicar técnicas de vendaxe funcionais para o tratamento de afeccións podolóxicas |
A112
|
B27
|
C9
|
Coñecer conceptos básicos de anatomía e fisioloxía útiles para abordar a patoloxía do pé mediante tratamentos físicos |
|
B29 B36
|
C14
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Método de intervención |
Definición
Etapas do método de intervención:
- Valoración
- Análisis dos datos
- Formulación do programa de tratamento
- Aplicación do programa
- Avaliación
|
Valoración do membro inferior |
Descripción anatómica das articulacións do membro inferior.
Función articular.
Exploración e valoración articular.
Descripción anatómica muscular do membro inferior.
Función muscular.
Exploración e valoración muscular.
Descripción anatómica miofascial do membro inferior.
Función miofascial.
Exploración e valoración miofascial.
Descripción anatómica neural do membro inferior.
Función neural.
Exploración e valoración neural. |
Funcionalidade do pe |
Teoría de estrés de tecidos.
Abordaxe dende a terapéutica física do estrés de tecidos.
Foot Core
Valoración e abordaxe terapéutico. |
Fisiología da dor e inflamación e a sua teraèutica con axentes físicos |
Fisioloxía da dor e inflamación
Terapeutica da dor e da inflamación |
Vendaxes en podoloxía |
Conceptos xerais de vendaxes
Vendaxes funcionais
Vendaxes neuromusculares
Dinamic tape |
Cinesiterapia |
Conceptos xerais cinesiterapia
Clasificación cinesiterapia
Cinesiterapia pasiva
Cinesiterapia activa
Técnicas de cinesiterapia pasiva forzada mantida: estiramentos musculares
Técnicas de cinesiterapia activa libre: propiocepción
Técnicas de exercicio isométrico, concéntrico e excéntrico |
Masoterapia |
Conceptos xerais de masoterapia
Clasificación Masoterapia
Técnicas de masoterapia |
Electroterapia |
Conceptos xerais de electroterapia e ultrasóns
Fundamentos biofísicos da electroterapia
Clasificación da electroterapia
Electroterapia e ultrasóns
|
Laserterapia |
Definición
Efectos fisiológicos da laserterapia
Pautas de tratamento |
Magnetoterapia |
Definición
Efectos fisiológicos da magnetoterapia
Pautas de tratamento |
Punción seca |
Definición
Efectos fisiológicos da punción seca
Pautas de tratamento |
Crioterapia |
Definición
Efectos fisiológicos da crioterapia
Pautas de tratamento |
Termoterapia |
Definición
Efectos fisiológicos da termoterapia
Pautas de tratamento |
Electrólisis percutanea intratisular (EPI) |
Definición
Efectos fisiológicos da EPI
Pautas de tratamento |
Ondas de Choque |
Definición
Efectos fisiológicos das ondas de choque
Pautas de tratamento |
Exercicio Físico |
Principios xerais.
Exercício nas diferentes idades.
Entrenamento de resistencia.
Entrenamento de fuerza. |
Outras terapias físicas |
Outras terapias físicas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A112 B27 B29 B36 C9 |
14 |
20 |
34 |
Seminario |
B24 B30 B39 C14 |
14 |
25 |
39 |
Prácticas de laboratorio |
A112 B27 C9 C14 |
18 |
25 |
43 |
Proba mixta |
A112 B24 B27 B29 B30 B36 C9 |
2 |
31 |
33 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Realizaranse exposicións de contenidos teórico-prácticos por parte do profesorado da materia, fomentándose a interación entre o docente e o alumnado. O alumnado trabajará nos contidos da materia na dedicación non presencial. E obligatorio a asistencia a clase para poder realizar os traballos. |
Seminario |
Realizaranse actividades teórico-prácticas en grupos con interacción e a participación do alumnado nos mesmos. O alumnado realizará traballos dos contidos impartidos nestes seminarios na parte non presencial. E obligatorio a asistencia a seminarios para poder realizar os traballos. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse prácticas en grupos en relación cos temas abordados na sesión maxistral e os seminarios que serán reflexados no portafolio de prácticas. Para aprobar a materia é necesario que o/a alumno/a consiga polo menos o 50% en cada trabajo de prácticas do portafolio. |
Proba mixta |
Exame con dous apartados: Exame con preguntas (50-100) obxectivas e pregunta de desenvolvemento de caso clínico. Cada pregunta tipo test terá 5 opcións, das cales só unha será válida. Cada pregunta fallada, restarase unha correcta. A pregunta de desenvolvemento estará baseada en casos clínicos. Para aprobar a materia é necesario que o/a alumno/a consiga polo menos o 50% da nota en cada apartado (test e desenvolvemento) desta proba, e que ademais a suma de todos os ítems da avaliación sume polo menos 5 puntos de 10. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O alumnado poderá contactar co profesorado a través da plataforma virtual, a través do correo electrónico ou a través de calquera outro medio para resolver calquera dúbida que teñan. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A112 B24 B27 B29 B30 B36 C9 |
Exame con dous apartados: Exame con preguntas (50-100) obxectivas e pregunta de desenvolvemento de caso clínico. Cada pregunta tipo test terá 5 opcións, das cales só unha será válida. Cada pregunta fallada restará unha correcta. A pregunta de desenvolvemento estará baseada en casos clínicos. Para aprobar a materia, é necesario que o/a alumno/a consiga polo menos o 50% da nota en cada apartado (test e desenvolvemento) desta proba, e que ademais a suma de todos os ítems da avaliación sume polo menos 5 puntos de 10. |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A112 B27 C9 C14 |
A asistencia ás prácticas é obrigatoria. A asistencia ao total de horas de prácticas avaliarase cun total do 25% deste apartado. No caso de necesitar realizar algún cambio de día de prácticas, será imprescindible facer un cambio con algún compañeiro/a. A non asistencia ao total de horas de prácticas conlevará a perda total da puntuación do apartado de asistencia.
Avaliarase o portafolio de prácticas que o alumno deberá ir realizando tras cada práctica, presentándoo cando teña realizado todas elas. É necesario alcanzar o 50% da nota de cada un dos traballos para superar a materia. De non ser superado o 50% de cada traballo, terase que recuperar a parte correspondente na seguinte convocatoria.
25% prácticas + 75% portafolio. |
20 |
Seminario |
B24 B30 B39 C14 |
A asistencia aos seminarios non é obrigatoria pero si imprescindible para poder presentar os traballos que se realizarán na dedicación de horas non presenciais. Os alumnos que non asistan aos seminarios non terán opción de presentar o traballo correspondente. |
10 |
Sesión maxistral |
A112 B27 B29 B36 C9 |
A asistencia ás clases non é obrigatoria pero si imprescindible para poder presentar os traballos que se realizarán na dedicación de horas non presenciais. O alumnado realizará traballo individual de cada tema impartido nas sesións maxistrais. Neles deseñarase un número de preguntas a determinar ao comezo do curso e que serán as que conformen a proba mixta da materia no caso de que estas cumpran os estándares mínimos que se exporán na aula. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia é imprescindible a asistencia ás prácticas, ter alcanzado o 50% da nota de cada traballo de prácticas e o 50% de cada apartado da proba mixta. No caso de non cumprir esta condición e que a suma de todos os apartados de avaliación sexa maior de 5, outorgarase a nota numérica de 4.9 e deberase recuperar a parte suspensa na seguinte convocatoria de avaliación. A non asistencia a clases e/ou seminarios, aínda con falta xustificada, non será recuperable. Non se recuperarán as prácticas que non fosen debidamente xustificadas segundo a normativa académica. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, suporá directamente a cualificación de suspensión na convocatoria en que se cometa: o alumno será cualificado con "suspensión" (cualificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción se comete na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa cualificación no informe da primeira oportunidade, no caso de ser necesario. Calquera indicio de copia, falsificación ou plaxio en calquera das partes da materia será motivo de suspenso na materia coa nota numérica de 0. Calquera falta de disciplina ou comportamento será motivo de expulsión da aula e carrexará o suspenso na materia coa nota numérica de 0. Estableceranse 5 preguntas de reserva na proba mixta que poderán ser usadas para o redondeo da nota de exame da materia. O/a alumno/a que non teña pendentes máis de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos, poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, nas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Deste xeito, será avaliado mediante unha proba tipo test de contidos teórico-prácticos segundo o programa da materia. O alumnado con matrícula parcial ou dispensa académica poderá realizar actividades avaliables complementarias das sesións maxistrais e seminarios de modo individual e a distancia. É o alumnado implicado quen debe indicar a súa preferencia por esta opción. A asistencia ás prácticas de laboratorio seguirá sendo un requisito imprescindible para superar a materia. 2ª convocatoria. Ao alumnado presentado á 2ª oportunidade gardaránselle as notas das diferentes metodoloxías avaliadas sempre que participase e superase as diferentes actividades. Aqueles/as alumnos/as que concorran en posteriores matrículas serán avaliados conforme á guía docente e aos requirimentos docentes e académicos do curso correspondente, sendo responsabilidade do alumnado, antes de iniciar o curso, reunirse cos profesores responsables da materia para establecer e clarificar aquelas dúbidas que puidesen xurdir. Lémbrase que cada ano poden facerse modificacións nas materias e o alumnado debe ser consciente deste feito. O número de Matrículas de Honra establecerase en base ao número de alumnos/as matriculados. As Matrículas de Honra concederanse ás mellores cualificacións finais. En caso de empate, valorarase a asistencia a clase, seminarios e prácticas, sendo este criterio para desempate en favor da maior presencialidade na aula. En caso de igualdade de criterios de avaliación realizarase un traballo de desempate. A cualificación NON PRESENTADO será obtida por aqueles/as alumnos/as que non acudan ao exame final nas datas establecidas pola Xunta do Centro. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC disporá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Tixa, Serge (2006). Atlas de anatomía palpatoria. Barcelona: Masson
Gallego, T (2007). Bases teóricas y fundamentos de la fisioterapia. Madrid: Panamericana
Aramburu de Vega, Cristina (1998). Electroterapia, termoterapia e hidroterapia. Madrid : Síntesis
Maya Martín, Julián (2010). Estimulación eléctrica transcutánea y neuromuscular . Barcelona : Elsevier
Norris, CM (2001). Estiramientos. Barcelona: Paidotribo
Norris, CM (2001). Estiramientos. Barcelona: Paidotribo
Daza Lesmes, J. (2007). Evaluación clinico funcional del movimiento corporal humano. Madrid: Panamericana
Kapandji, I. A. (2006-2010). Fisiología articular : esquemas comentados de mecánica humana. Madrid : Médica Panamericana
Díaz Mohedo, E. (2015). Fisioterapia en traumatología. Barcelona: Elsevier
Mayoral del Moral, O. et al (2017). Fisioterapia invadida del sindrome de dolor miofascial. Madrid: Panamericana
Valera Garrido, F; Minaya Muñoz, F. (2017). Fisioterapia invasiva. Barcelona: Elsevier
Paoletti, S. (2004). Las fascias. Barcelona: Paidotribo
Sánchez Blanco, I. et al. (2006). Manuel SERMEF de rehabilitación y medicina física. Madrid Panamericana
Beck, FB (1999). Masaje terapéutico. Madrid: Paraninfo
Seco Calvo, J. (2016). Métodos específicos de intervención en fisioterapia. Madrid: Panamericana
Zamorano, E. (2013). Movilización neuromeningea. Madrid: Panamericana
Kendall´s (2007). Músculos, pruebas funcionales, postura y dolor. Madrid : Marbán
José Luis Moreno de la Fuente (2006). Podología Física. Barcelona: Masson
Rueda Sánchez, Martín ( 2004). Podología: los desequilibrios del pie. Barcelona : Editorial Paidotribo
Clarkson, Hazel M. (2003). Proceso evaluativo musculoesquelético amplitud del movimiento articular y test manual de fuerza muscular. Barcelona : Paidotribo
Tutusaus,R; Potau, JM. (2015). Sistema Fascial. Madrid: Panamericana
Hislop HJ; Avers, D; Brown, M. (2014). Técnicas de balance muscular. Barcelona: Elsevier
J.R. Roces , Carmen Fernández y Col (). Vendajes funcionales. Barcelona: BDF |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Patoloxía Podolóxica I/750G02119 | Patoloxía Podolóxica II/750G02120 | Biomecánica do Membro Inferior/750G02111 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
MATERIAL DOCENTE: Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. PERSPECTIVA DE XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas deaplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva dexénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía deautores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos ealumnas...) -Traballarase para identificar e modificarprexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos efomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situaciónsde discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas paracorrixilas.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|