Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar a Farmacoloxía específica de uso podológico. |
A102
|
B24 B25 B28 B30 B36
|
C9 C16
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS QUE ACTÚAN SOBRE O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL E PERIFÉRICO: ANALXÉSICOS (OPIACEOS E AINEs), ANTIINFLAMATORIOS (CORTICOIDES E AINEs) E ANESTÉSICOS LOCAIS. |
1. Introdución á farmacoloxía do sistema nervioso central e periférico.
2. Anestésicos locais.
3. Analxésicos opioides.
4. Mediadores celulares implicados na dor e a inflamación: Histamina (antihistamínicos) e eicosanoides.
5. Fármacos analxésicos e antiinflamatorios non esteroideos (AINEs).
6. Antirreumáticos.
7. Corticoides e antiinflamatorios esteroideos. |
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS ANTIINFECCIOSOS: ANTIBIÓTICOS, ANTIVÍRICOS, ANTIFÚNGICOS E ANTIPROTOZOARIOS. |
8. Antibióticos de uso tópico.
9. Antifúngicos de uso tópico.
10. Antivíricos de uso tópico.
|
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS QUE ACTÚAN SOBRE O METABOLISMO (ESPECIAL ATENCIÓN AOS ANTIDIABÉTICOS). |
11. Fármacos hipouricemiantes y antigotosos.
12. Tratamiento da diabetes: insulinas.
13. Tratamiento da diabetes: hipoglucemiantes orales.
|
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DA FARMACOLOXÍA SANGUÍNEA (ANTICOAGULANTES E ANTIAGREGANTES PLAQUETARIOS). |
14. Farmacoloxía da coagulación e a hemostasia.
15. Fármacos antiagregantes plaquetarios.
|
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DA FARMACOLOXÍA TÓPICA. |
16. Farmacoloxía dermatológica. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A102 B24 B25 B28 B30 |
20 |
50 |
70 |
Estudo de casos |
A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 |
5 |
20 |
25 |
Proba mixta |
A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 |
2 |
8 |
10 |
Obradoiro |
A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 |
15 |
28 |
43 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da materia. |
Estudo de casos |
Resolución de casos clínicos de consulta en podoloxía nos que sea necesario a prescripción de principios activos. Os casos conteñen unha descripción con datos clínicos a partir dos que os estudantes deberán responder a cuestiones relacionadas cos principios activos relativas o tratamento do doente.
|
Proba mixta |
A proba mixta constará de dúas partes:
a.) proba de resposta múltiple que constará de 40 preguntas con 5 respostas das cales só unha e correcta. As preguntas incorrectas restarán o 33.33% do seu valor.
b.) resolución de casos clínicos.
|
Obradoiro |
Sesións sobre os temas expostos na sesión maxistral co fin de aclarar puntos craves e/ou dúbidas dos alumnos. Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, casos clínicos, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Obradoiro |
|
Descrición |
Durante as sesións maxistrais poderase expor as dúbidas que xurdan. Posteriormente e vía correo electrónico tamén se poden expor dúbidas sobre os temas expostos en clase. En cada tema haberá un foro/chat no campus virtual para as dúbidas que poidan xurdir.
Durante os talleres realizarase atención personalizada para resolver as dúbidas e problemas que lle xurdan ao alumno.
O alumno conta co apoio do profesor para a dúbidas que poidan xorder na resolución dos casos clínicos.
A atención personalizada en forma de titorías desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor/a. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías", ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes do campus virtual, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia, de ser pertinentes.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 |
A proba mixta constará de dúas partes que representan os seguintes porcentaxes na cualificación final:
a.) 50%: proba de resposta múltiple que constará de 40 preguntas con 5 respostas das cales só unha e correcta. As preguntas incorrectas restarán o 33.33% do seu valor.
b.) 20%: resolución de casos clínicos. O número de casos na proba escrita final oscilará entre 2 e 3 casos clínicos.
|
70 |
Estudo de casos |
A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 |
A avaliación de casos clínicos propostos levarase a cabo pola resolución das cuestións planteadas e pola exposición do mesmo. |
10 |
Obradoiro |
A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 |
Avaliarase en función da asistencia e a participación do alumno nas actividades a realizar nos seminarios. Entre outros aspectos avaliarase o traballo de forma colaborativo, a capacidade de xestionar a información e a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
20 |
|
Observacións avaliación |
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9.5. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matrícula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matrículas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral dos casos clínicos, e por último a nota dos talleres. Os traballos plantexados nos obradoiros requiren a presencialidade do alumno (agás as situacións que se consideran a continuación) e a entrega das tarefas realizarase no campus virtual. No caso de que o alumno non acuda ao obradoiro poderá entregar as tarefas cunha penalización do 40% no obradoiro ao que non asita. E necesario aprobar a proba obxectiva para que se poidan aplicar os porcentaxes de cualificación. Se o alumno no aproba a proba obxetiva na accta constará a nota da proba obxectiva. Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso), alumnos SICUE/ERASMUS/DANUDCe dispensa académica: a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller no campus virtual. Nestes casos, a presentación oral dos casos clínicos será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía. Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres nesa matrícula. A realización dos estudos de casos serán opcionais para os alumnos en segunda matrícula ou posteriores. Se os alumnos elixen non realizar os casos clínicos, os porcentaxes de avaliación serán 70% proba mixta e 30% a nota acadada na anterior convocatoria en obtadoiros e traballos. Se o alumno decide realiazar os casos clínicos os porcentaxes de avaliación serán 20% nota dos obradoiros na convocatoria anterior, 10% estudo de casos e 70% proba mixta. A presentación oral dos casos clínicos, en caso de decidir presentalos, será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía. Oportunidade adiantada de avaliación: o alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispondrá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da calificación final. Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller, non resolva os casos clínicos planteados e non asista ao exame final. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
1. Rang HP, Dale MM, Ritter JM, Flower RJ. Farmacología. 7ª ed. Madrid:Elsevier, 2012. 2. Flórez J. Farmacología Humana. 5ª ed. Barcelona: Masson, 2008. 3. Lorenzo-Velázquez B, Lorenzo Fernández P. Farmacología básica y clínica. 18ªed. Madrid: Médica Panamericana, 2013. 4. Goodman & Gilman. Las Bases Farmacológicas De La Terapéutica. 13edición. McGraw Hill. |
Bibliografía complementaria
|
|
1.Gómez Ortiz, Santiago y Gómez Facundo, Santiago. Guía farmacológica deutilización en podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos.Barcelona: Nexus Médica Editores S.L. 2015. 2.Luis F. Villa Alcázar. Medimecum: Guía de terapia Farmacológica 2023. EdSpringer Healthcare Ibérica 28ª ed. 3.Marta E. LosaIglesias, Ricardo Becerro de Bengoa Vallejo, Cándida María Losa Iglesias. Principios de farmacología clínica y terapéutica en podología ante la infección. Madrid: C.E.R.S.A., 2005. 4. J. Ignacio de Ahumada Vázquez, M.ª Luisa Santana Falcón, José S. Serrano Molina.Ignacio de. Farmacología práctica para las diplomaturas en ciencias de la salud: (enfermería, fisioterapia, podología) : con autoevaluación. Madrid : Díaz deSantos, 2002. 5. Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. (coordinadores). Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 8ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2022. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticum II/750G02135 | Prácticum III/750G02136 |
|
Observacións |
É moi recomendable que o alumno superase a materia de Farmacoloxía de segundo curso.
Na entrega de traballos recoméndase aos alumnos
que o presenten en pdf no campus virtual.
Os alumnos deben estar claros que a aplicación da normativa
da UDC sobre as situacións de plaxio será revisada polo profesorado. |
|