Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumno/a é capaz de valorar a biomecánica e patomecánica do pé presente nas diferentes técnicas deportivas, de realizar os tratamentos necesarios para tratar e/ou mellorar a funcionalidade do pé na práctica deportiva. Será capaz de explicar os fundamentos básicos fisiológicos do exercicio físico e o deporte, e a súa relación coas afeccións podolóxicas, así como analizar a contorna no que se desenvolven as actividades deportivas e a súa influencia nas afeccións podolóxicas. |
A100 A105
|
B24
|
C12
|
O alumno/a é capaz de identificar e tratar as lesións podolóxicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte |
A100 A101 A105
|
B25
|
|
O alumno/a coñece e aplica os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías do pé. O alumnno/a adapta e aplicar os tratamentos físicos, cirúrxicos e farmacolóxicos, ás lesións podológicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte |
A102 A112
|
B30
|
C11
|
O alumno/a coñece e aplica terapia da dor e inflamación do pé mediante o deseño e a aplicación protocolos para o tratamento e a prevención das lesións podolóxicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte |
A102 A112
|
B30
|
C12 C14
|
O alumno/a coñece, deseña e aplica ortesiología plantar e dixital ás lesións podolóxicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte |
A103
|
B34
|
|
O alumno/a coñece e realiza estudos do calzado, calzadoterapia, mediante a análise das características xerais e particulares do calzado deportivo, a súa función e criterios de selección para o exercicio físico e o deporte |
A111
|
B25
|
C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
FUNDAMENTOS DE PODOLOXÍA DEPORTIVA
EXERCICIO FÍSICO E DEPORTE
SUPERFICIES
ANÁLISES PODOLÓXICO
EXPLORACIÓN PODOLÓXICA DO DEPORTISTA |
TEMA 1:
Introdución á podoloxía deportiva. Deporte e saúde. Conceptos básicos de podoloxía deportiva e medicina do deporte. O papel da podoloxía na medicina deportiva: o equipo multidisciplinar.
TEMA 2:
Exercicio físico e deporte: definicións e características. Principios xerais de fisioloxía do exercicio. Perfís de pacientes deportistas: a idade e o sexo. Psicoloxía no proceso de atención ao paciente deportista.
TEMA 3:
Protocolo de exploración do paciente deportista. A análise podológico na práctica deportiva: o xesto deportivo. Biomecánica da carreira. Influencia das superficies na práctica deportiva |
EPIDEMIOLOXÍA DAS LESIÓNS DEPORTIVAS DO MEMBRO INFERIOR.
LESIÓNS DO MEMBRO INFERIOR ASOCIADAS Á PRÁCTICA DEPORTIVA: ÓSEAS, MÚSCULO-TENDINOSAS, LIGAMENTOSAS, NEUROLÓXICAS E DÉRMICAS.
DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO |
TEMA 4: Epidemioloxía xeral das lesións do membro inferior asociadas á práctica deportiva. Causas xerais e mecanismos de lesión deportiva.
TEMA 5:
Lesións óseas. Fracturas. Fracturas de estrés. Outras afeccións óseas asociadas ao estrés mecánico.
TEMA 6:
Lesións de ligamentos e fascia. Escordaduras de nocello e inestabilidade crónica de nocello. Talalgias mecánicas. Fasciopatía plantar e deporte.
TEMA 7:
Lesións tendinosas e musculares: aspectos xerais. Tendinopatías aquíleas no deporte.
TEMA 8:
Lesións neurolóxicas. Atrapamientos e outras neuropatías asociadas ao deporte.
TEMA 9:
Outras lesións frecuentes na práctica deportiva. Lesións da pel mecánicas e infectocontagiosas. Influencia de afeccións sistémicas na práctica deportiva. |
PREVENCIÓN DAS LESIÓNS ASOCIADAS Á PRÁCTICA DEPORTIVA
ADAPTACIÓN DE TRATAMENTOS PODOLÓXICOS AO PACIENTE DEPORTISTA
ESTUDO PODOLÓXICO DO CALZADO DEPORTIVO
|
TEMA 10:
Prevención das afeccións podolóxicas asociadas á práctica deportiva. Hábitos deportivos na prevención de lesións: quecemento-arrefriado e estiramentos.
TEMA 11:
Os tratamentos ortopodolóxicos, físicos e farmacolóxicos no proceso de atención ao deportista: deseño, pautas de uso e adaptación. Uso de substancias e métodos prohibidos: dopaxe no deporte.
TEMA 12:
Calzado deportivo: Características e criterios xerais de selección. Características específicas os calzados deportivos dos deportes populares. Guía de prescrición individualizada de calzado deportivo e ortesis |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 |
21 |
42 |
63 |
Prácticas clínicas |
A100 A103 B30 C11 C12 C14 |
9 |
9 |
18 |
Proba obxectiva |
A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 |
1 |
15 |
16 |
Estudo de casos |
A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 |
1 |
15 |
16 |
Seminario |
A100 B24 B25 B34 |
14 |
14 |
28 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio audiovisual de imaxes, vídeos, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario.
Poñerase ao dispor do alumnado, de maneira secuencial e a través do Campus Virtual, todo o temario cos contidos teóricos da materia. Para que as sesións presenciais teñan un carácter máis interactivo, é recomendable unha lectura detida do tema que se vaia a impartir na sesión correspondente. No campus virtual estará dispoñible un cronograma orientador cos temas que se traballarán en cada sesión expositiva. |
Prácticas clínicas |
As prácticas da materia de Podoloxía Deportiva teñen carácter clínico e realizaranse na Clínica Universitaria de Podoloxía. Nelas desenvolveranse os protocolos de exploración e tratamento do paciente deportista, e incidirase na aplicación das probas de exploración e análise biomecánico do xesto deportivo, e a aplicación de tratamentos podolóxicos adaptados ao paciente deportista. |
Proba obxectiva |
Proba obxectiva de 25 preguntas tipo test con 5 opcións de resposta e unha única resposta verdadeira. As respostas incorrectas penalizan un 25% do valor da pregunta. |
Estudo de casos |
Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva. Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico, o tratamento e a prevención de recidivas.
O número de casos da proba escrita final oscilará entre 2 e 3 casos clínicos. |
Seminario |
Os seminarios da materia de Podoloxía Deportiva consistirán no estudo de temas específicos relacionados cos contidos da materia, nos que se traballarán tanto competencias específicas como transversais (procura bibliográfica, fomento dun segundo idioma, etc.), mediante diferentes actividades de traballo, fundamentalmente en grupo, as cales incluirán actividades como a resolución de casos clínicos relacionados coa actividade física e o deporte, utilizando metodoloxías de traballo colaborativo. Os seminarios tamén poden incluír outras actividades como debates, ou traballo práctico clínico de contidos relacionados coa exploración, diagnóstico ou tratamento podológico das deportistas.
As actividades dos seminarios poderán desenvolverse na aula ou laboratorios da Facultade de Enfermería e Podoloxía ou na aula e nas salas da Clínica Universitaria de Podoloxía. No campus virtual estará dispoñible cronograma cos días nos que se planificarán os seminarios para cada grupo ou grupos de estudantes. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Estudo de casos |
Prácticas clínicas |
Seminario |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías";, ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes no Campus Virtual da UDC, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia (A través da plataforma TEAMS).
Atención personalizada ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Para o seguimento das actividades non presenciais o alumnado incluído neste suposto poderá solicitar as titorías preferentemente por medios telemáticos, se así o considera oportuno, co fin de realizar un seguimento das devanditas actividades, así como do resto de metodoloxías da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 |
Proba obxectiva (test) con 25 preguntas tipo test con 5 opcións de resposta e unha única resposta verdadeira. As respostas incorrectas penalizan un 25% do valor da pregunta. A proba obxectiva supón un 25% da cualificación final. |
25 |
Estudo de casos |
A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 |
Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva.
Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico e co tratamento. Os casos clínicos supoñen un 40% da cualificación final. |
40 |
Prácticas clínicas |
A100 A103 B30 C11 C12 C14 |
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula.
Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta:
1)a aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico do deportista durante a realización das prácticas (5% da cualificación final)
2)o enchemento dun cuestionario individual sobre coñecementos da aplicación de contidos teóricos á práctica clínica (10% da cualificación final) |
15 |
Seminario |
A100 B24 B25 B34 |
Nos seminarios desenvolveranse actividades que ha de elaborar o alumnado de maneira individual ou en grupo e entregar en tempo en forma tal e como estará descrito no apartado correspondente da materia no Campus virtual da UDC. En cada seminario especificarase o obxectivo da mesma, os requisitos de formato e a súa puntuación correspondente. Para que as actividades sexan cualificadas e computen na cualificación final o alumnado debe asistir e participar nas actividades planificadas nos seminarios
Os alumnos/as matriculados a tempo parcial, que soliciten nesta metodoloxía dispensa académica, terán asignadas actividades similares que realizarán en modo non presencial.
As actividades dos seminarios presenciais como os non presenciais representan un 20% da cualificación final. |
20 |
|
Observacións avaliación |
- Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas clínicas e superar o exame teórico (cunha calificación mínima do 50% do seu valor total). O exame teórico comprende a proba obxectiva (25%) e o estudo de casos (40%)
- As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación do exame (non é necesario obter o 50% de cada parte; pódese obter o 50% con calquera combinación entre a porcentaxe da proba obxectiva e os casos clínicos).
- No caso de non presentarse ou non superar o exame na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación do exame. A cualificación que figurará na acta, en caso de non superar o exame, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación.
- En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións da metodoloxía práctica e os seminarios do curso inmediatamente anterior ao vixente (para a materia do plan de estudos de 2019).
A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente ao exame ou non realice o 100% das prácticas clínicas. - A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con cualificación con opción a matrícula que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora #de acordo con os interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación final igual ou superior a 9.0, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación final mínima, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
- Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización das prácticas clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/para realizará de forma autónoma (dispensa académica), e sen asistir ás sesións presenciais de traballo en grupo, presentando os traballos a través do Campus Virtual UDC e cun seguimento de atención personalizada en horario de titorías. O peso das actividades non presenciais é o mesmo que para as actividades presenciais da metodoloxía.
- Os estudantes SICUE, ERASMUS e BILATERAL poderán optar pola avaliación da matrícula ordinaria ou polas condicións da matrícula a tempo parcial.
- Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recolleitos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final
- PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento
- Realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, supoñerá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: el alumno será cualificado con "suspenso" (cualificación numérica 0) na correspondiente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción cométese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa cualificación no informe de primeira oportunidade, en caso de ser necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Fontes bibliográficas nas que de fundamenta o temario elaborado para a materia: Avers D Brown M. Técnicas de balance muscular. 10ª ed. Barcelona: Elsevier; 2019 Berquist TH. Radiología de Pie y Tobillo. 1ª ed. Philadelphia: Marbán: 2002 Buckup K Hoffmann R. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 6ª ed. Barcelona: Elsevier; 2019 Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 8ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2022 De la Rubia, Ángel. Lesiones del corredor. Manual para prevenir y curar los problemas del running. 1ª ed. Madrid: La Esfera de los libros; 2017 Dockery GL. Cutaneous Disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997 Izquierdo M. Biomecánica y Bases Neuromusculares de la Actividad física y el Deporte. 1ª Ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2008 Kirby KA. Biomecánica del pie y la extremidad inferior III: Artículos de Precision Intricast, 2002-2008. Arizona (USA): PrecisionIntricast, Inc; 2009 Kirby KA. Biomecánica del pie y la extremidad inferior IV: Artículos de Precision Intricast, 2009-20013. Arizona (USA): PrecisionIntricast, Inc; 2015 Kirby KA. Biomecánica del pie y la extremidad inferior V: Artículos de Precision Intricast, 2009-20013. Arizona (USA): PrecisionIntricast, Inc; 2018 Mandracchia V. Consulting Editor. Heel Pain. New York: Clinics in Podiatric Medicine and Surgery; 2005 McNabb JW. Infiltraciones. 1ª ed. Madrid: Marbán; 2006 Moreno de la Fuente JL. Podología Deportiva. 1ª Ed. Barcelona: Masson; 2005 Porter DA, Schon LC. Baxter’s The foot and ankle in sport. 3ª Ed.Philadelphia: Mosby Elsevier; 2021 Philbin TM. Sports Injuries of the foot. 1ª Ed. New York: Ed. Springer; 2014 Sigel K Heck A. Physiotutors Assessment Book. Physiotutors 2021 Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la Evidencia. 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2017 Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 4ª ed. Barcelona: Masson; 2014 Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 28ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2023 Viel E. Coordinador. La marcha humana, la carrera y el salto: Biomecánica, exploraciones, normas y alteraciones. 1ª Ed. Barcelona: Masson; 2002 Waldman SD. Diagnostic Ultrasound of Painful Foot and Ankle Conditions. 1ª ed Philadelphia (USA): Wolters Kluver; 2016 Werd MB, Knight EL. Editors. Athletic Footwear and Orthoses in Sports Medicine. 1ª ed Lakeland FL (USA): Springer; 2010 Ylinen J. Estiramientos Terapéuticos (en el deporte y en las terapias manulaes).1ªed.Barcelona: Elsevier Masson; 2009 Yates B. Editor. Merriman’s. Assessment of the lower limb. 3ª ed. Croydon (UK): Churchill Livingstone; 2012 |
Bibliografía complementaria
|
|
Principais publicacións periódicas de actualización e información adicional ao temario da materia: American Journal of Sports Science British Journal of Sport Medicine Sports Medicine Medicine and Science in Sport and Exercise Journal of Science and Medicine in Sport Scandinavian Journal of Medicine and Science in Sports Journal of Orthopaedic and Sports Physical Therapy International Journal of Sports Medicine Journal of Sports Sciences European Journal of Sport Science Journal of Sports Science and Medicine Clinical Journal of Sport Medicine Sport Biomechanics |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía específica do membro inferior/750G02104 | Dermatoloxía/750G02124 | Patoloxía Podolóxica I/750G02119 | Patoloxía Podolóxica II/750G02120 | Ortopodoloxía II/750G02116 | Podoloxía Preventiva /750G02114 | Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia /750G02117 | Ortopodoloxía Clínica/750G02118 | Biomecánica do Membro Inferior/750G02111 | Quiropodoloxía 1/750G02125 | Quiropodoloxía 2/750G02126 | Farmacoloxía/750G02109 | Terapéutica Farmacolóxica/750G02122 | Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico/750G02108 | Ortopodoloxía I/750G02115 | Diagnóstico por Imaxe/750G02112 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero - Os traballos documentais dos seminarios da materia solicitaranse en formato informático
- Toda a información da organización da materia así como o temario estará disponible no Campus virtual en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase:
- Impresións a dobre cara
- Empregar papel reciclado
- Como parte dos valores da materia traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, así como facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da facultade ou da clínica universitaria)
|
|