Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Conceptos Xerais de Cirurxía Código 750G02127
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Departamento profesorado máster
Coordinación
Martínez Santos, Alba Elena
Correo electrónico
a.msantos@udc.es
Profesorado
Martínez Santos, Alba Elena
Correo electrónico
a.msantos@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Infección relacionadas coa asistencia sanitaria: concepto, características, prevención e control en podoloxía. Instrumental quirúrgico. Métodos de limpeza, desinfección e esterilización del instrumental de cirurxía e quiropodología. Prevención de la infección nos actos cirúrxicos. Principios básicos de la historia clínica, protocolo preoperatorio y consentimiento informado. Xestión de residuos en ambientes clínicos e cirúrxicos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer o concepto e características da infección en centros sanitarios A117
B26
B35
B38
Identificar as medidas de prevención e control da infección en podoloxía A117
B27
B38
B39
C15
Describir, identificar e utilizar os antisépticos e desinfectantes de uso xeral en podoloxía A117
B26
B27
B35
B38
C11
C15
Describir e realizar os procesos de limpeza, desinfección e esterilización do material clínico e cirúrxico de podoloxía A117
B26
B27
B39
C11
Describir e realizar as técnicas de lavado de mans hixiénico e cirúrxico no marco da prevención da infección A117
B26
B27
B35
B39
Describir e aplicar as medidas de prevención da infección de localización cirúrxica A117
B29
Xestionar as características ambientais (humidade, temperatura, ventilación, etc) de ambientes clínicos e cirúrxicos no marco da prevención da infección A117
B38
B39
C15
C16
Describir e aplicar as medidas de xestión dos residuos en ambientes clínicos e cirúrxicos A117
B35
B38
B39
C16
Coñecer as características e manexo do instrumental cirúrxico A117
Coñecer os métodos de toma de mostras para cultivos a súa derivación e interpretación A118
B26
B35
B38
B39
C15
Coñecer a catalogación de risco cirúrxico A121
B29
B35
B39
Coñecer o protocolo preoperatorio e o consentimento informado A123
B26
B27
B35
B38
B39
C11
C15

Contidos
Temas Subtemas
Infección relacionada coa asistencia sanitaria: conceptos e características, prevención e control en Podoloxía - Conceptos generales.
- Limpieza y desinfección del medio clínico.
- Antisépticos y desinfectantes de uso general en el ámbito clínico.
- Normas de utilización y conservación de antisépticos y desinfectantes.
Lavado de mans coma medida de prevención da infección hospitalaria
- Axentes de lavado.
- Métodos de lavado de mans.
- Lavado de mans de rutina.
- Lavado de mans cirúrxico.
- Colocación de luvas estériles (método pechado e aberto).
- Preparación do campo estéril.
Infección nosocomial relacionada coa ferida cirúrxica
- Conceptos xerais. Clasificación das intervencións cirúrxicas.
- Etioloxía e factores de risco da infección hospitalaria relacionada coa ferida cirúrxica.
- Focos e modos de adquisición da infección. Criterios diagnósticos da infección da ferida cirúrxica.
- Preparación do paciente para a cirurxía.
- Recomendacións do CDC.
- EPINE máis actual.
- Lista de verificación cirúrxica.
Catalogación do risco cirúrxico - Criterios de selección de doentes e clasificación ASA.
- Criterios de cirurxía maior ambulatoria ( CMA) e curta estancia
Limpeza, desinfección e esterilización do material clínico - Introdución ao proceso de limpeza.
- Execución do proceso de limpeza.
- Conservación do material e comprobación do seu funcionamento.
- Métodos de envasado para a esterilización.
- Métodos de esterilización.
- Sistemas de control.
Hixiene do medio sanitario
- Limpeza e desinfección do entorno sanitario.
- Contornas cirúrxicas.
- Xestión dos residuos sanitarios.
Enfermidades infecciosas no ámbito sanitario - Precaucións universais de prevención da infección no personal sanitario
- Síndrome de Inmunodeficiencia Humana
- Hepatite B
- Hepatite C
- Tuberculosis
- Enfemidade de Cretzfeldt-Jakob
- Outras enfermidades contaxiosas
- Enfermidades de declaración obrigatoria
- Prevención das enfermidades infecciosas
- Clasificación de riscos laboraies
Instrumental cirúrxico - Qué é y qué non é o instrumental cirúrxico.
- Composición, características e fabricación do instrumental cirúrxico.
- Clasificacións do instrumental cirúrxico.
- Identificación e manexo do instrumental cirúrxico.
-Coidados do instrumental
Toma de mostras para cultivos - Procedimiento de obtención de mostras.
- Protocolo de pedido, manexo, conservación e transporte de mostras.
Protocolo preoperatorio e consentimento informado - Historia clínica.
- Protocolo e avaliación cirúrxica preoperatoria.
- Consentimento informado.
Módulo práctico I: Preparación prequirúrgica
- Lavado cirúrxico de mans.
- Colocación de luvas estériles (técnicas cerrada y abierta).
- Vestimenta cirúrxica.
- Circulación bloque quirúrgico
Módulo práctico II: Esterilización de instrumental - Limpeza, descontaminación e empaquetado
- Esterilización por vapor
- Controis de eficacia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A117 A118 A121 A123 B27 B29 B38 C16 21 22 43
Obradoiro A118 A121 A123 C11 2 20 22
Aprendizaxe colaborativa A118 A121 A123 B26 B35 B39 C15 C11 12 14 26
Prácticas de laboratorio A117 A118 9 9 18
Proba obxectiva A117 A118 A121 A123 2 38 40
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do estudante.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Aprendizaxe colaborativa Desenvolvemento dunha ou máis actividades e un traballo tutelado de modo colaborativo relativo aos contidos da materia, non só sumando talento individual, se non aprendendo a construír un grupo con capacidade para resolver problemas, localizar información baseada na última evidencia e ofrecer respostas creativas ante os novos escenarios que poidan atopar.
Prácticas de laboratorio Usarase a metodoloxía de aprendizaxe práctica-reflexiva para a realización obrigatoria das prácticas da materia.
Proba obxectiva Exame teórico presencial con 40 preguntas tipo test.

A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do estudante. Por iso este exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvoltos tanto nas sesións maxistrais, como nos talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Proba obxectiva
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada sirve para o seguimento da aprendizaxe de cada estudante por parte do profesorado.

A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.

A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A118 A121 A123 C11 Avaliarase en función da asistencia activa nos mesmos e do desenvolvemento das tarefas. 10
Aprendizaxe colaborativa A118 A121 A123 B26 B35 B39 C15 C11 A realización do traballo tutelado e actividades é obrigatorio. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo, bibliografía e grado de implicación de cada ún dos membros do equipo de traballo durante o desenvolvemento dos mesmos nas sesións interactivas. 15
Proba obxectiva A117 A118 A121 A123 Exame con 40 preguntas tipo test.

INSTRUCIÓNS DO EXAME TEST:
-Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/3 dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta.

NORMAS XERAIS DO EXAME:
- Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase.
- Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles.
- Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables.
- A copia e o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades).
- Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula.
- Poderánse ampliar estas normas para asegurar o axeitado desenvolvemento da proba, sempre e cando se notifiquen previamente polo campus virtual.
60
Prácticas de laboratorio A117 A118 Avaliarase o proceso de aprendizaxe práctica-reflexiva de xeito individual ou colectivo, en función da práctica. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter unha media de 5 sobre 10 na cualificación global da materia, asistir e superar a totalidade das prácticas de laboratorio, superar as tarefas propostas e a proba obxectiva. Por tanto, se non se supera algunha das partes, non se sumarán as cualificacións relativas ao resto de apartados e a cualificación será "SUSPENSO", cunha nota numérica igual á parte suspensa, ou en tal caso á media das partes suspensas. 

Non presentado: aqueles estudantes que non acudan á totalidade das prácticas, obterán a cualificación de non presentado, independentemente de se o alumno preséntase ou non a proba obxectiva e a cualificación na mesma.

Matricula Parcial: O alumnado debe informar o profesorado desta situación como moito ata un mes despois do inicio das clases. Neste caso o estudante poderá avaliarse pola modalidade ordinaria ou pola modalidade alternativa na que a proba obxectiva supoñerá o 60 %, as prácticas de laboratorio o 20% e a aprendizaxe colaborativa o 20% (que nese caso farase de xeito individual). Sendo necesario superar o exame e a totalidade das prácticas para superar a materia. 

Dispensa académica: O alumnado debe informar o profesorado desta situación como moi tarde un mes despois do inicio das clases. Neste caso a porcentaxe de asistencia aos seminarios e clases será levado á proba obxectiva, polo que a proba obxectiva supoñerá o 70 %, as prácticas de laboratorio o 20% e a aprendizaxe colaborativa (que neste caso realizarase individualmente) o 10%. Sendo necesario superar o exame e a totalidade das prácticas para superar a materia.

Matricula de Honra: poderá adxudicarse a aqueles estudantes cunha cualificación igual ou superior ao 90% do total da materia con cualificación de sobresaliente tanto na práctica de laboratorio como na proba obxectiva, quedando en todo caso, a criterio do profesorado da materia. No caso de que haxa cualificacións iguais que cumpran os requisitos nun número superior á posibilidade de MH realizarase un exame oral de 5 preguntas. 

Segunda oportunidade: O alumno presentado a 2ª oportunidade previa realización e superación das prácticas de laboratorio, aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade, e terá que realizar e superar a proba obxectiva. O alumnado que non realizou e superou as prácticas de laboratorio, para superar a materia terá que realizar obrigatoriamente e superar estas prácticas no seguinte curso académico, tendo en conta que pode volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só as partes que non realizou e as que non superou con apto.

2ª e posteriores matrículas: O alumno que cursase a materia un ano e non supere a materia, gardaráselle as notas das partes superadas tendo que repetir as partes non superadas.

PLAXIO 

En caso de plaxio, aplicarase o seguinte: 

  • Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Fontes de información
Bibliografía básica Gutiérrez López, E (Coord.) (2017). Higiene del medio hospitalario y limpieza de material. Editex
Romero Martín, Manuel; et al (2000). Técnicas y procedimientos de prevención de la infección en centros sanitarios. A Coruña
(). Colexio Oficial de Podólogos de Galicia.
(). Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos.
(2023). Estudio de Prevalencia de la Infeccion Nosocomial en España (EPINE). Sociedad Española de Medicina Preventiva y Salud Pública
Serra Guillén, I., Moreno Oliveras, L. (). Manual práctico de instrumentación quirúrgica en enfermería. Elsevier
(). Normas y procedimientos de la OMS.
(). Normas y procedimientos de los CDC .
Fuller, J. (2023). nstrumentación quirúrgica : principios y práctica. Médica Panamericana
(). Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos. España
Romero Martín, Manuel; et al (2006). Prevención de la infección en centros sanitarios. Ferrol. Imprenta Gonmar
(). Salusplay.
(). Sociedad Española de Desinfección y Esterilización.

Normas y procedimientos actualizados en prevención de la infección en centros sanitarios del Ministerio de Sanidad.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano/750G02106

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107

Materias que continúan o temario
Cirurxía Podolóxica Avanzada/750G02130
Cirurxía Podolóxica 2/750G02129
Cirurxía Podolóxica 1/750G02128

Observacións

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. 
  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

POLÍTICAS DE XÉNERO 

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.  




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías