Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados. |
A131 A132 A133
|
B24 B25 B26 B29 B30 B31 B33 B34
|
|
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía. |
A131 A132
|
|
|
Realiza a historia clínica podológica e rexistra a información obtida. |
A134 A136
|
B25 B32 B33
|
C9 C11 C15
|
Desenvolve as técnicas de exploración física. |
A131
|
B29 B30 B31
|
C17
|
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A131
|
|
|
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A132
|
B25
|
|
Emite un diagnóstico e prognóstico. |
A131 A132
|
|
|
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. |
A131 A132 A135 A137
|
B24 B26
|
|
Deseña plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. |
A131 A132 A135
|
B34 B35 B36
|
C12
|
Desenvolve a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. |
A131 A137
|
B32 B35 B39
|
|
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos. |
A131 A132
|
|
|
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia propia. |
A131
|
|
|
Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A133 A134
|
B32 B35
|
C9
|
Prescribe, administra e aplica tratamentos farmacolóxicos, ortopodológicos, físicos e cirúrxicos. |
A135
|
|
|
Elaborar e interpretar informes clínicos. |
A134
|
B35 B39
|
|
Avalía os resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. |
A136 A137
|
B33 B38
|
C12
|
Adquirir a capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. |
A136
|
B27 B28 B37 B38 B39
|
|
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
A137
|
B24 B37 B38
|
C11 C17
|
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A137
|
B38
|
C17
|
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico. |
A134
|
B26 B27 B30
|
C11
|
Coñecer e obter habilidades na aplicación das técnicas podológicas de cirurxía ungueal, de cirurxía podológica de partes brandas, de cirurxía ósea e articular do pé. |
A131
|
|
C11
|
Aplicar as técnicas de exploración física, interpretar os resultados e integralos no proceso de diagnóstico. |
A131 A132 A133 A134 A137
|
B25 B29 B30
|
C15 C17
|
Realizar as técnicas radiolóxicas propias da podoloxía no ámbito clínico. |
A131
|
B24
|
|
Deseñar o plan de tratamento integral ou tratamento podolóxico e avaliar os resultados obtidos no ámbito clínico. |
A131 A135
|
B30 B34
|
C17
|
Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estructuran de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico. |
A133 A134
|
B32 B35 B39
|
C9 C15
|
Adquirir a capacidade de prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos no ámbito clínico. |
A131 A135
|
B30
|
C11 C17
|
Avaliar os resultados obtidos do proceso de atención podolóxica no ámbito clínico. |
A132 A136
|
B33 B38
|
C17
|
Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención aos aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos. |
A131 A134
|
B24 B29 B31
|
C12 C15
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Método clínico en podoloxía.
Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
Técnicas de exploración física.
Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
Diagnóstico e pronóstico.
Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
Planes de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
Protocolos: execución e avaliación.
Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos.
Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
Habilidades sociais para a comunicación e o trato cos pacientes e outros profesionais.
Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
Prescrición, administración e aplicación de tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
Elaboración e interpretación de informes clínicos.
Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
Utilización de elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análise epidemiolóxica. |
O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podolóxica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.
Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento. Este feito debe ser teñido en conta polo alumnado que cursa a materia de Prácticum II, xa que o seu coñecemento e actualización serán fundamentais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición de competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 |
240 |
0 |
240 |
Portafolios do alumno |
A133 A134 B25 B26 B27 B30 B34 B36 B38 B39 C9 C11 C15 C17 |
0 |
50 |
50 |
Proba obxectiva |
A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 |
8 |
0 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
As prácticas clínicas consisten na participación paulatina e supervisada do estudantado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais que son atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Servizo Galego de Saúde de Ferrol ou outras entidades. O estudantado participará activamente, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión dos datos clínicos, o exame físico, o manexo de probas complementarias e a súa interpretación, o diagnóstico, prevención, prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos distintos tratamentos, así como o seguimento das patoloxías tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito, participará activamente nas sesións clínicas dos servizos. Tamén poderá participar e desenvolver actividades propostas polo profesorado fóra da Clínica Universitaria de Podoloxía, como en centros do Servizo Galego de Saúde ou outras entidades. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
Só se xustificará a ausencia ás prácticas no caso de que concorra algunha das seguintes causas (recollidas no artigo 12 das Normas para a avaliación, revisión e reclamación de títulos para estudos universitarios de grao e máster, aprobadas polo Consello de Goberno da UDC), debidamente acreditada (con constancia datada o mesmo día da ausencia que deberá ser entregada á administración da CUP antes de 3 días da ausencia): enfermidade ou lesión que incapacite para a práctica, falecemento de familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, a asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica. O estudantado terá dereito a non recuperar ata un máximo de 3 prácticas. Un número superior a 25 horas en ausencias xustificadas ou a existencia de ausencias inxustificadas dará lugar á suspensión da asignatura.
Calquera caso que se presente dentro dos límites desta regra poderá ser revisado polo profesorado do Practicum correspondente á asignatura vixente, debendo adoptarse unha resolución por unanimidade e coa condición de que o estudantado demostre a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación para Practicum II.
Co fin de permitir a formación complementaria do estudantado, tamén se poderá recoñecer como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Para a participación neste tipo de actividades deberase entregar o certificado de asistencia antes de que transcorran 3 días dende a súa celebración e comunicar a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesorado responsable de impartir ese día e ao coordinador da asignatura. Entre estas actividades para as que se poden recoñecer un máximo de 4 faltas prácticas atópanse:
Congreso Nacional de Podoloxía
Xornadas Galegas de Podoloxía
Congresos Internacionais de Podoloxía
Congreso de Estudantes de Podoloxía
Xornadas Laboralia
Actividades do Plan de Acción Campus Verde Ferrol
Outras actividades que poden ser valoradas polo profesorado desta asignatura
Todo o estudantado debe asistir ao grupo no que está matriculado e, dado que deben asistir ás prácticas todos os días, non hai posibilidade de cambiar de práctica.
Realizarase un control de asistencia diario ás prácticas mediante un rexistro a determinar ao comezo do curso. As ausencias previstas deberán ser comunicadas á coordinación da asignatura e ao profesorado correspondente para unha mellor organización das prácticas. Calquera ausencia xustificada deberá ser debidamente documentada coa causa e datas do día de ausencia, subíndoa ao campus virtual na tarefa creada para iso a máis tardar 3 días despois da ausencia.
A puntualidade na asistencia ás prácticas é obrigatoria. Calquera hora de chegada posterior ás 9:15 constará, e a falta de puntualidade será penalizada e poderá dar lugar á suspensión da asignatura.
Todos os procedementos e tratamentos serán supervisados polo profesorado responsable de cada práctica, quen establecerá o prazo para futuras visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas, cada estudante deberá levar pixama e calzado sanitario de cor branca, así como bolígrafo de 4 cores e gafas protectoras. Así mesmo, deberase respectar a normativa da CUP (http://www.udc.es/fep/cup), a lexislación vixente e o Código Ético da Podoloxía, especialmente no relativo ao segredo profesional e mantemento da orde e limpeza en todo momento.
Nas primeiras xornadas lectivas presentarase a asignatura onde se detallarán todos os aspectos relacionados co desenvolvemento das prácticas.
Todo o estudantado deberá enviar ao Campus Virtual da asignatura unha foto do DNI actualizada, unha folla de prácticas e a certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais nos prazos indicados polo coordinador. |
Portafolios do alumno |
O traballo de portafolio do alumno constará das seguintes partes:
I.- Elaboración dun portafolio:
Incluíra unha revisión bibliográfica sobre unha patoloxía específica e as alternativas de tratamento dispoñibles dun caso clínico dos pacientes vistos polo alumno/a, utilizando as principais bases de datos científicas para cada un dos servizos: "QUIROPODOLOXÍA E CIRURXÍA" e "BIOMECÁNICA E ORTOPODOLOXÍA".
Neste caso clínico, xustificaranse os procedementos realizados e valoraranse as alternativas en base á bibliografía e á evidencia científica atopada, incluíndo documentación fotográfica do mesmo (uso obrigatorio das cámaras da CUP).
A metodoloxía do traballo detallarase ao comezo do curso na presentación da materia e no Campus Virtual.
OBSERVACIÓNS: Os datos identificativos do paciente non deben mostrarse, debendo ocultarse en todo momento no documento.
II.- Memoria das actividades do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía:
IIa.- Memoria Servizo de COT
Entrega da memoria cos seguintes apartados: 50% ou 5 puntos
a) Identificación: Nome e apelidos, correo electrónico e grupo de Practicum
b) Calendario do grupo de prácticas e lugar de realización
c) Descrición detallada das actividades realizadas en:
i. Unidade de Hospitalización
ii. Consultas externas
iii. Quirófano convencional
iv. Quirófano de CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria)
v. Sesións clínicas
Presentación da memoria no prazo establecido (15 días post-rotación): 10% ou 1 punto
A extensión da memoria será de 5 folios como máximo.
-Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación COT
Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación: 10% ou 1 punto
IIb.- Casos clínicos relevantes COT
Descrición de 2 casos clínicos relevantes: 20% ou 2 puntos
IIc.- Descrición da bibliografía consultada durante a rotación COT
Descrición da bibliografía consultada durante a rotación: 10% ou 1 punto |
Proba obxectiva |
Os días de xaneiro sinalados no calendario oficial de exames realizarase ao longo dos mesmos un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias que se van adquirir detalladas neste programa.
O alumnado, por unanimidade, poderá solicitar mediante escrito oficial e asinado, a avaliación de cada servizo tras a rotación nel. Deste xeito, a avaliación dividiríase en dúas datas, unha a metade do cuadrimestre tras a rotación nun servizo e outra ao final tras a rotación no outro servizo. Esta modalidade de avaliación correspondería á 1a convocatoria e non sería recuperable na convocatoria da data oficial de xaneiro.
Este exame será de carácter clínico práctico, con pacientes reais sen esquecer as bases da aplicación da teoría á práctica, polo que tamén se incluirá no seu interior unha proba escrita correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía do Pé. O exame será elaborado en consenso por todos os profesores de cada servizo.
O tipo e a planificación do exame detallaranse polo menos 15 días antes da data do exame. Este exame constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, correspondentes ao servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía do Pé e outra parte correspondente ao Servizo de Patoloxía Mecánica e Tratamentos Físicos e Ortopédicos. Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das tres partes. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
O alumnado poderá realizar consúltalas pertinentes aos docentes de cada servizo cos que realice os casos clínicos, preferentemente co docente co que viu por primeira vez ao ou á paciente e aquel que avaliará dita tarefa.
Todos os asuntos relacionados coa organización e planificación da materia deben de ser remitidos ao correo do profesor coordinador da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 |
A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumnado das competencias a desenvolver neste Prácticum II. A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu servizo.
A porcentaxe global de cada servizo é:
- Prácticas Quiropodología e Cirurxía= 16 %
- Prácticas Patomecánica-Ortopodología= 16 %
- Prácticas Traumatología= 5 %
- Prácticas Externas e Hospitalarias (outros servizos: Cámara Hiperbárica...)= 2 %
- Prácticas sobre xestión e esterilización na CUP= 1 %
Sendo necesario superar cada apartado (5/10) para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación contínua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por cada alumno/a:
- Capacidade de expresión e comunicación cos e coas pacientes, compañeiros e compañeiras e resto do persoal.
- Cos e coas pacientes valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
- Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
- Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
- Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
- Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo
Durante as prácticas clínicas cada alumno/a deberá de portar o cartón identificativo, a indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores, rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección. |
40 |
Proba obxectiva |
A131 A132 A133 A134 A135 A136 A137 B24 B25 B26 B27 B28 B29 B30 B31 B32 B33 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C9 C11 C12 C15 C17 |
Os días de xaneiro sinalados no calendario oficial de exames realizarase ao longo dos mesmos un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias que se van adquirir detalladas neste programa.
O alumnado, por unanimidade, poderá solicitar mediante escrito oficial e asinado, a avaliación de cada servizo tras a rotación nel. Deste xeito, a avaliación dividiríase en dúas datas, unha a metade do cuadrimestre tras a rotación nun servizo e outra ao final tras a rotación no outro servizo. Esta modalidade de avaliación correspondería á 1a convocatoria e non sería recuperable na convocatoria da data oficial de xaneiro.
Este exame será de carácter clínico práctico, con pacientes reais sen esquecer as bases da aplicación da teoría á práctica, polo que tamén se incluirá no seu interior unha proba escrita correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía do Pé. O exame será elaborado en consenso por todos os profesores de cada servizo.
O tipo e a planificación do exame detallaranse polo menos 15 días antes da data do exame. Este exame constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, correspondentes ao servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía do Pé e outra parte correspondente ao Servizo de Patoloxía Mecánica e Tratamentos Físicos e Ortopédicos. Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das tres partes.
A porcentaxe global de cada apartado da proba obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía=20%; Exame de patomecánica-ortopedia=20% |
40 |
Portafolios do alumno |
A133 A134 B25 B26 B27 B30 B34 B36 B38 B39 C9 C11 C15 C17 |
A cualificación desta parte consiste na avaliación de todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron nas sesións clínicas e seminarios descritos na planificación e metodoloxía do portafolios
A porcentaxe global de cada apartado do portafolio será:
I- Caso clínico = 14%
II- Memoria das actividades do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatología (COT) = 6%
Non é necesario superar cada apartado para superar o portafolio e a materia.
Nos casos clínicos xustificaranse os procedementos realizados e valorarán as alternativas en base á bibliografía científica, o grao de evidencia e documentación fotográfica así como a calidade xeral de mesmo, así como a adaptación aos formatos e apartados marcados.
OBSERVACIÓNS: Os datos identificativos do paciente non deben mostrarse e deben estar ocultos en todo momento no documento. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 2: 1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas . O alumnado que falte aínda de forma xustificada a un número de prácticas maior a 25 horas lectivas e aínda que só sexa unha non xustificada suporá un suspenso no Prácticum 2 debendo de matricularse no seguinte curso académico. En calquera caso un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no seguinte curso académico. 2) Para superar a materia será necesario aprobar cada un dos apartados da avaliación contínua e exame así como obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. Os/as alumnos/as que non superen a puntuación mínima ou non se presenten ao exame individual na convocatoria de xaneiro terán opción a facelo na convocatoria de xullo. Na avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) só hai opción ao exame e o portafolio da materia polo que si avaliación continua está suspensa o/a alumno/a estará suspenso no Prácticum 2 debendo de matricularse no seguinte curso académico. 3) Calquera falta grave de disciplina ou comportamento cos doentes, compañeiros/as, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP , do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente , será sometida a avaliación polo claustro de profesorado da materia e pode supor o suspenso automático no Prácticum 2: - Falar e permanecer nos corredores ou en recepción.
- Utilizar o teléfono móbil durante as prácticas.
- Escoitar música durante as prácticas.
- Realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP.
- Non rexistrar e comprobar os datos da historia clínica, rexistralos na recepción ou non identificar convenientemente ao paciente (por nome e apelidos) ou as tarefas realizadas por cada alumno/a e profesor/a responsable.
- Non recoller ou organizar os gabinetes e salas tras o seu uso.
- Dar o alta ou cita a un paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención.
- Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica.
- Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se permite na aula CPI ou cafetaría).
- Non portar o cartón identificativo, indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores , rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos, lentes e máscara ou máscara de protección.
- Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou curto, as uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis, pendentes longos ou pulseiras.
- Calquera outro incumprimento das normas da CUP ((http://www.udc.es/fep/cup)
4) A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
5) Calquera outro suposto de falta de disciplina ou comportamento non contemplado nesta guía no que poida incorrer o alumno será motivo de advertencia e, en caso de reiteración, estudado polo profesorado para adoptar as medidas oportunas, incluindo o suspenso da evaluación continua da práctica. Situacións especiais de avaliación
1) A cualificación de matrícula de honra : dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as 3 días antes da data de actas. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia. 2) Segunda oportunidade: Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum II debido á cualificación do Portafolio do/a alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio. 3) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas : Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia novamente. 4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria. 5) Para o alumnado con matrícula parcial : poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade ordinaria. 6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia), poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa cualificación suporá o 60% da cualificación da materia. 7) Non presentado: aqueles/as alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia a súa cualificación será automáticamente de Non Presentado (para calqueira das oportunidades do curso). 8) Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade (Erasmus, SICUE, Bilateral) realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de prácticas. 9) Mentorización ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todos/as os/as alumnos/as que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no Prácticum 1 priorizando a aqueles/as alumnos/as obtivesen unha maior cualificación no Prácticum 1 e os/as que en cursos anteriores realizasen unha estancia de mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno/a que estea interesado en participar como mentor/a dentro da actividade Moodle onde voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación como mentor/a sumará ata +0,5 á súa cualificación final da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Teniendo en cuenta que todos los contenidos teórico-prácticos de la titulación son relevantes para el ejercicio profesional y, por el mismo motivo, para las prácticas clínicas, las fuentes de información básicas y recomendadas por todas y cada una de las materias conforman las fuentes de información para consulta y estudio durante la realización de las prácticas clínicas comprendidas en el Prácticum. No obstante, existen determinadas fuentes documentales de gran utilidad para su consulta durante la práctica clínica del día a día y que concretará el profesorado que supervise las prácticas clínicas de los diferentes servicios de la Clínica Universitaria de Podología. Un ejemplo de estas fuentes documentales de uso cotidiano: Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007
Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 4ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2010 Dockery GL. Cutaneous Disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997 Muñoz Calvo B et al, comité editorial. Cliniguía, actualización de diagnóstico y terapéutica. 4ª ed. España: Eviescience; 2009 Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la Evidencia. 3ª ed. Madrid: Elsevier; 2006 Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 2ª ed. Barcelona: Masson; 2006 Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 15ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2010 Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior I. Colección de una Década de Artículos de Precisión Intracast. Arizona: Precisión Intracast, 1997. Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior II. Artículos de Precisión Intracast: 1997-2002. Arizona: Precisión Intracast, 2002. Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior III. Artículos de Precisión Intracast: 2002-2008. Arizona: Precisión Intracast, 2009. Kevin A Kirby. Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior IV. Artículos de Precisión Intracast: 2009-2013. Arizona: Precisión Intracast, 2015. Merton L. Roor, William P. Orien y John H. Weed. Función normal y anormal del pie. Barcelona: Editorial Base, 2012 Ana Esther Levy Benasuly, Jose Manuel Cirtés Barragán. Ortopodología y aparato locomotor. Ortopedia de pie y tobillo. Barcelona: Masson, 2003. Santiago Gómez Ortiz, Santiago Gómez Facundo. Guía Farmacológica en Podología. Barcelona: ISDIN, 2015. [disponible en:http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PUBLICACIONS/Podemecum.pdf] Comisión de formación del CGCOP. Guía de Protocolos de Pie Diabético. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Podológos, 2011. [disponible en:http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PUBLICACIONS/PROTOCOLOS_PIE_DIABETICO[1].pdf ] Comisión de formación del CGCOP. Guía de Protocolos de Exploración y Biomecánica. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Podológos, 2010. [disponible en:http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PROTOCOLO_QUIRURGICO_WEB.pdf ] Comisión de formación del CGCOP. Guía práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Madrid: Consejo General de Colegios Oficiales de Podológos, 2009. [disponible en: http://www.podocat.com/Portals/0/PDF/PROTOCOLO_QUIRURGICO_WEB.pdf ] |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Cirurxía Podolóxica Avanzada/750G02130 | Cirurxía Podolóxica 2/750G02129 | Psicoloxía Aplicada e Saúde/750G02105 | Anatomía xeral/750G02103 | Anatomía específica do membro inferior/750G02104 | Dermatoloxía/750G02124 | Prácticum I/750G02134 | Fisioloxía Humana/750G02101 | Microbioloxía e parasitoloxía /750G02107 | Patoloxía Podolóxica I/750G02119 | Patoloxía Podolóxica II/750G02120 | Ortopodoloxía II/750G02116 | Podoloxía Preventiva /750G02114 | Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia /750G02117 | Ortopodoloxía Clínica/750G02118 | Biomecánica do Membro Inferior/750G02111 | Quiropodoloxía 1/750G02125 | Quiropodoloxía 2/750G02126 | Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía /750G02102 | Farmacoloxía/750G02109 | Podoloxía xeral /750G02110 | Cirurxía Podolóxica 1/750G02128 | Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano/750G02106 | Conceptos Xerais de Cirurxía/750G02127 | Podoloxía Física/750G02121 | Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico/750G02108 | Ortopodoloxía I/750G02115 | Diagnóstico por Imaxe/750G02112 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Podoloxía Deportiva/750G02123 | Terapéutica Farmacolóxica/750G02122 | Pé de Risco/750G02131 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
MATERIAL DOCENTE: Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. PERSPECTIVA DE XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.</p><p>Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum II, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica.</p><p>Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número
5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan
de Acción Green
Campus Ferrol":</p><div><ul> A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade
de imprimilos,
no caso de se realizar en papel:
non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre
cara, empregarase papel reciclado
e evitarase a impresión
de borradores. Débese facer un uso
sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural tendo en
conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos
comportamentos persoais e profesionais Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas
ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade, no caso de detectar
situacións de
discriminación por razón de
xénero tomaranse medidas para corrixilas. </ul><p>A fin de facilitar a
conciliación familiar do profesorado do Practicum 2 aqueles docentes que
así o estimen, poderán acordar cos alumnos/as que correspondan en cada
rotación o troco de hora de inicio y fin de la práctica notificándoo ó persoal da CUP.</p><p>Na
realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso
(0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias
ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.</p><br /></div> |
|