Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ser capaz de aplicalas técnicas de exploración clínica do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica para o diagnóstico das afeccións podolóxicas |
A66 A69 A70 A85 A86 A89 A100 A103
|
B23
|
C9
|
Ser capaz de aplicalo protocolo de exploración analítica do complexo articular nocello-pé, así como de identificar a súa posible relación cos segmentos corporais supraxacentes (xeonllo, coxofemoral, cinturón pélvico e raquis), integrando estos aspectos no tratamento e reeducación das afeccións podolóxicas máis frecuentes. |
A66 A69 A85 A86 A89 A100 A103
|
B23 B24 B25 B29 B30
|
C9 C15
|
Ser capaz de identificalas técnicas empregadas na abordaxe fisioterápica das afeccións podolóxicas, sexan de natureza curativa ou paliativa. |
A90 A96 A112
|
B32
|
C15
|
Coñecer o funcionamento e indicacións dos medios físicos empregados no tratamento das afeccións podolóxicas, especialmente os derivados do uso do movemento como axente terapéutico. |
A90 A96 A112
|
B23 B24 B25 B29 B30 B32
|
C15
|
Ser capaz de aplicalos medios físicos no tratamento das afeccións podolóxicas máis frecuentes |
A90 A96 A100 A103 A112
|
B32
|
C15
|
Coñecer os fundamentos terapéuticos do manexo do doente con dor |
A70 A89 A96 A100 A103 A112
|
B24 B25 B29 B30
|
C15
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque Temático I.
Valoración funcional do pé e membro inferior. |
Tema 0. Recordo anatómo-biomecánico do pé e as súas relacións cinéticas e cinemáticas co membro inferior.
Tema 1. Exploración funcional e neuro-ortopédica do membro inferior. Xeneralidades do proceso de valoración. Concepto de disfunción e adaptación biomécanica. O sistema nervioso como estrutura integradora. Heterometrías, cadeas disfuncionais ascendentes e descendentes. |
Bloque Temático II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nos procesos inflamatorios e dexenerativos do pé. Modelo de estrés de tecidos e rexeneración de partes brandas. |
Tema 2. O sistema fascial como fonte de dor e disfunción. Mecanotransducción celular.
Tema 3. Sistema nervioso e neuromecánica. O sistema nervioso como fonte de dor e disfunción. Avaliación e principios de tratamento neurodinámicos.
Tema 4. Modelo de rexeneración de tecidos brandos baseado no estímulo mecánico controlado. Resposta inflamatoria, fases e implicacións clínicas. Escordadura de nocello, Implicacións locais e ascendentes. Inestabilidade crónica de nocello. Propiocepción e captores posturais.
Tema 5. Modelo de estrés de tecidos. Teoría rotacional e o sistema de windlass. Consideracións cinéticas e as súas implicacións clínicas. Relacións ascendentes e descendentes. |
Bloque Temático III.
Avaliación e intervención funcional nas principais afeccións podolóxicas. Dor, propiocepción e control motor.
|
Tema 6. Manifestacións de estrés tisular no sistema suro-aquileo-plantar. Tendinopatía aquilea. Implicacións locais e ascendentes.
Tema 7. Manifestacións de estrés tisular no sistema tibial: síndrome de estrés tibial medial, túnel tarsal e disfunción do tibial posterior. Implicacións locais e ascendentes.
Tema 8. Manifestacións de estrés tisular dos tecidos plantares. Implicacións locais e ascendentes.
Tema 9. Manifestacións de estrés tisular no antepé: metatarsalxias, sindrome de predislocación, fibrose perineural e disfuncións do primeiro radio. Implicacións locais e ascendentes. |
Bloque Práctico I.
Valoración funcional do pé. Exploración neuro-ortopédica do pé e membro inferior.
|
Práctica 1. Exploración da postura e dos captadores posturais.
Práctica 2. Exploración neurodinámica do membro inferior: test de provocación neural e avaliación dos potenciais puntos de conflito mecánico do sistema nervioso periférico no membro inferior.
Práctica 3. Avaliación estática e dinámica da pelvis. Test ortopédicos e funcionais.
Práctica 4. Exploración da estática e dinámica da articulación coxofemoral. Alteracións torsionales e capacidade rotacional. Exploración do xeonllo.
Práctica 5. Exploración da mobilidade articular analítica do complexo nocello-pé.
Práctica 6. Valoración dinámica: marcha e test funcionais de control motor. |
Bloque Práctico II.
Reeducación funcional e Fisioterapia nas principais afeccións podolóxicas. |
Práctica 7. Técnicas articulares do complexo nocello-pé.
Práctica 8. Estiramentos, técnicas miofasciais manuais e instrumentais.
Práctica 9. Estratexias para a mellora da propiocepción e control motor do membro inferior.
Práctica 10. Vendaxe funcional e propioceptiva. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A66 A69 A70 A85 A86 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 |
21 |
21 |
42 |
Prácticas de laboratorio |
A66 A69 A85 A86 A89 A96 A100 A112 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 |
7 |
14 |
21 |
Discusión dirixida |
A90 A96 A100 B23 B24 B25 B32 C9 C15 |
7 |
7 |
14 |
Estudo de casos |
A70 A85 A86 A90 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 |
7 |
21 |
28 |
Lecturas |
A66 A69 A70 A86 B29 |
0 |
20 |
20 |
Proba mixta |
A89 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 C9 |
2 |
18 |
20 |
Actividades iniciais |
A66 A69 A70 A90 C9 C15 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizarase a través das plataformas de teleformación. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Nesta materia os módulos prácticos centraránse por una parte na exploración estático-dinámica do complexo articular nocello-pe así como a súa relación coa valoración global dos segmentos corporales supraxacentes. Posteriormente experimentaránse algunhas das técnicas terapéuticas que dan resposta ás posibles disfuncións que resulten do proceso de valoración, fundamentalmente a través da aplicación de axentes físicos baseados no movemento (vendaxe funcional e propioceptiva, exercicio terapéutico, técnicas manuais, etc.). Realizaranse de forma presencial. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os estudantes discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, especialmente a resolución dun problema xeralmente de natureza patomecánica e que garda relación co ámbito clínico, exposto e coordinado polo moderador do debate, neste caso o profesor. Realizarase de forma presencial no marco das prácticas de laboratorio e de forma telemática no contexto da sesión maxistral e estudo de casos. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
|
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Discusión dirixida |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Nas prácticas de laboratorio o profesor encargarase persoalmente de levar a cabo unha demostración e posteriormente revisar de forma individual a correcta execución da mesma por parte de cada estudante.
Na discusión dirixida e no estudo de casos clínicos, o profesor será o encargado de moderalo debate e de propoñelas preguntas que o promovan, así como de que cada un dos/as estudantes participe e se beneficie das ideas que todos/as aportan.
Estímase un total de 3 horas para a atención personalizada en forma de titorías nas que poder resolver todo tipo de dúbidas, con especial atención á resolución dos casos clínicos.
A atención personalizada levarase a cabo a través de medios preferentemente telemáticos (plataforma microsoft Teams, Campus Virtual ou correo electrónico) aínda que tamén terá lugar de forma presencial, nos horarios establecidos e/ou previa solicitude por parte do/a estudante. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A66 A69 A85 A86 A89 A96 A100 A112 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 |
A valoración das prácticas de laboratorio fai referencia fundamentalmente á actitude e participación activa e con aproveitamento das mesmas, que se traduce na correcta execución e no grado de perfeccionamiento alcanzado nas técnicas ensinadas. |
10 |
Estudo de casos |
A70 A85 A86 A90 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 C15 |
Entrega en tempo e forma das resolucións de casos clínicos plantexados ao longo do curso, e que se solicitarán con antelación suficiente para a súa realización e con posibilidade de establecer grupos de discusión para un maior aproveitamento.
Os casos clínicos asignaranse por parellas durante a primeira metade do cuatrimestre. Contarán cunha descripción básica do suposto clínico, así como unha descripción das probas de avaliación efectuada e os seus resultados. Os estudantes deberán entregar unha memoria da resolución na que deberán:
1) replicar as probas, describir a súa execución práctica e os valores normativos.
2) ampliar con todas aquelas probas de exploración que estimen oportunas e relevantes para a resolución do caso.
3) propoñer un programa de tratamento funcional do caso e as disfuncións que o caracterizan
4) apoiar a resolución do caso con material preferentemente audiovisual (vídeos e ou fotografías), da realización das probas de exploración física e do tratamento proposto.
5) ao final do curso, os estudantes deberán presentar oralmente a resolución do caso diante de todolos compañeiros, promovendo un foro de debate.
A memoria será valorada sobre un máximo de 2 puntos (20% da calificación) e a presentación oral sobre un máximo de 1 punto (10% da calificación). |
40 |
Proba mixta |
A89 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 C9 |
A proba mixta consistirá nunha combinación de preguntas tipo test de resposta única e unha ou varias preguntas curtas acerca da valoración e/ou resolución dun caso clínico plantexado durante o curso. |
40 |
Sesión maxistral |
A66 A69 A70 A85 A86 A96 A100 A103 A112 B23 B24 B25 B29 B30 B32 C9 |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Valorarase fundamentalmente a asistencia e participación activa nas mesmas, a través da entrega puntual de pequenas probas de coñecemento de respuesta inmediata (metodoloxía socrative) que facilitan a asimilación das ideas clave. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para os estudantes matriculados de forma ordinaria, o 40% da avaliación da materia depende, tal como se indica na táboa, tanto do exame mixto, realizado por escrito e que combina preguntas de diferente natureza e alcance. Outro 40% corresponderá á elaboración e presentación de traballos de estudo de casos. Resérvase un 10% da cualificación para a avaliación continua das sesións maxistrais e interactivas. O 10% final corresponderá á avaliación continua das sesións prácticas. Para aprobar a materia será necesario cumprir coas seguintes condicións: Ter asistido a un mínimo do 70% das sesións prácticas. A estes efectos, non se terán en conta as ausencias debidamente xustificadas por cuestións de saúde. Únicamente se contempla a posibilidade dun 20% de faltas de asistencia a sesións prácticas sen achegar a correspondente xustificación. Obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 no exame ou proba mixta. Este exame terá, en xeral, un tempo máximo de execución de 1 hora. Asignarase a cualificación de "Non Presentado" aos estudantes que non se presenten ao exame ou proba mixta, independentemente de que se conserve a cualificación obtida na avaliación continua do bloque práctico e interactivo, así como no estudo de casos. MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: non se contemplan metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para o alumnado con matrícula a tempo parcial. DISPENSA ACADÉMICA: dado o carácter práctico, aplicado e con orientación clínica da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima ao alumnado da asistencia ás sesións prácticas e de seminario/interactivas. SEGUNDA OPORTUNIDADE/ADIANTADA: non se contemplan metodoloxías de avaliación diferentes para a segunda oportunidade ou oportunidade adiantada. SEGUNDA MATRÍCULA: para os estudantes de segunda matrícula e posteriores, incluíndo a oportunidade anticipada, poderase conservar previa solicitude a cualificación obtida nos apartados de avaliación continua do bloque práctico e interactivo, así como no estudo de casos, sempre que estas resultasen aprobadas en cursos académicos anteriores. No caso contrario, ditos apartados serán avaliados a través dun exame práctico que terá un valor igual ao 60% da cualificación da materia. MATRÍCULA DE HONRA: os estudantes que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9/10 poderán optar á mención de Matrícula de Honra, de acordo cos límites establecidos no artigo 21 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario" da UDC. A matrícula de honra será outorgada en todo caso ás cualificacións globais máis altas. CONDUTA FRAUDULENTA: todos os aspectos relacionados coas condutas de fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Neumann, Donald A. (2017). Kinesiology of the musculoskeletal system : foundations for rehabilitation. St. Louis : Elsevier
Arnold G. Nelson, Jouko Kokkonen (2020). Anatomía de los estiramientos. Madrid: Tutor
Kirby, K. A. (2012). Biomecánica del pie y la extremidad inferior. Payson: Precisión Intracast
Kisner, Carolyn (2010). Ejercicio terapéutico: fundamentos y técnicas. Buenos Aires: Médica Panamericana,
Bové, T (2021). El vendaje funcional. Barcelona: Elsevier
Mulligan, Brian R. (2010). Manual therapy : NAGS, SNAGS, MWMs etc.. Wellington: Plane View
Fernández de las Peñas, C., Cleland J.A., Dommerholt J. (2016). Manual therapy for musculoskeletal pain syndromes : an evidence and clinical informed approach. London: Elsevier
Ricard F.; Munuera P., Oliva Pascual Vaca, A. y Rodríguez Blanco C. (2012). Medicina osteopática: miembro inferior. Alcalá de Henares: Escuela de Osteopatía de Madrid,
Butler, David S. (2009). Movilización del sistema nervioso. Barcelona: Paidotribo
Zamorano Zárate, E. (2013). Movilización neuromeníngea : tratamiento de los trastornos mecanosensitivos del sistema nervioso. Madrid : Panamericana
Vleeming, A., Mooney, V., Stoeckart, R. (2008). Movimiento, estabilidad y dolor lumbopélvico : integración de la investigación con el tratamiento. Barcelona : Elsevier Masson
Cleland, Joshua (2022). Netter, Exploración clínica en ortopedia : un enfoque para fisioterapeutas basado en la evidencia. Barcelona : Elsevier
Jon Parsons, Nicholas Marcer (2007). Osteopatía: modelos de diagnóstico, tratamiento y práctica.. Madrid : Elsevier,
Quesada Molina, C. F. (2022). Pie y tobillo : consideraciones generales y síndromes dolorosos. Madrid: Panamericana
Rueda-Sánchez, M. (2004). Podología: los desequilibrios del pie.. Barcelona: Paidotribo
Bryan, E. (2018). The Comprehensive Manual of Therapeutic Exercises Orthopedic and General Conditions. Thorofare, NJ: Slack Incorporated
Myers, Thomas W. (2021). Vías anatómicas : meridianos miofasciales para terapeutas manuales y profesionales del movimiento. Barcelona : Elsevier Masson |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía xeral/750G02103 | Anatomía específica do membro inferior/750G02104 | Biomecánica do Membro Inferior/750G02111 | Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano/750G02106 | Podoloxía Física/750G02121 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Traballo Fin de Grao/750G02133 | Prácticum III/750G02136 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo Fin de Grao/750G02133 |
|
Observacións |
<p>Ao tratarse dunha materia que habitualmente cursan estudantes de cuarto curso, recoméndase que se curse simultáneamente coa materia Prácticum 3, de forma que poidan aplicar novos coñecementes ao contexto clínico-asistencial.</p><p>ADAPTACIÓN DE&nbsp; PRESENCIALIDADE Á&nbsp; SITAUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA: Todas as actividades presenciais realizaranse con asentos&nbsp; preasignados, con máscara, ventilación, non permitindo o consumo de alimentos e bebidas e asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en:&nbsp; https://udc.es/es/fep/coronavirus/.</p><p>No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula estableceranse grupos rotativos de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.</p><p>Consideracións medioambientais:</p><p>OBJECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":</p><p>A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.</p><p>Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da&nbsp; sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.</p><p>Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.</p> |
|