Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Física I Código 770G01003
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Bouza Padin, Rebeca
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
Profesorado
Bouza Padin, Rebeca
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
maite.rico@udc.es
Web
Descrición xeral A relación desta materia coas diferentes materias da titulación é básica, posto que proporciona os conceptos elementais para poder desenvolver a aprendizaxe da maioría das materias.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A7 Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñece os conceptos e leis fundamentais da mecánica e ondas e a súa aplicación a problemas básicos en enxeñaría A7
C1
Analiza problemas que integran distintos aspectos da física, recoñecendo os variados fundamentos físicos que subxacen nunha aplicación técnica, dispositivo ou sistema real B1
B2
B6
C3
C5
Coñece as unidades, ordes de magnitude das magnitudes físicas definidas e resolve problemas básicos de enxeñaría, expresando o resultado numérico nas unidades físicas adecuadas B1
B6
Utiliza correctamente métodos básicos de medida experimental ou simulación e trata, presenta e interpreta os datos obtidos, relacionándoos coas magnitudes e leis físicas adecuadas B2
B4
B6
C2
C5
C7
Aplica correctamente as ecuacións fundamentais da mecánica a diversos campos da física e da enxeñaría: dinámica do sólido ríxido, oscilacións, elasticidade, fluídos, electromagnetismo e ondas. A7
B1
B4
B6
C2
C7
Comprende o significado, utilidade e as relacións entre magnitudes, módulos e coeficientes elásticos fundamentais empregados en sólidos e fluídos. B1
B6
Realiza balances de masa e enerxía correctamente en movementos de fluídos en presenza de dispositivos básicos. B1
B4
C7
Coñece a ecuación de ondas, os parámetros característicos das súas solucións básicas e os aspectos enerxéticos das mesmas. Analiza a propagación de ondas mecánicas en fluídos e sólidos e coñece os fundamentos da acústica. B1
B6
C2
C7

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos desta materia que están incluidos na memoria de verificación da titulación se estructuran nos oito temas que figuran a continuación.

Neste apartado se describe a correspondencia entre ditos contidos e os temas correspondentes.
Magnitudes, unidades e dimensións: Tema 1
Cinemática: Tema 2
Estática da partícula: Tema 6
Dinámica da partícula: Tema 3
Dinámica do sistema de partículas: Tema 4
Dinámica do sólido ríxido: Tema 5
Mecánica de fluidos: Tema 8
Ondas mecánicas: Tema 7
1.- MAGNITUDES. UNIDADES E DIMENSIÓNS
1.1.- Magnitudes físicas. Medidas e unidades. O Sistema Internacional de Unidades (SI)
1.2.- Análise dimensional
1.3.- Análise vectorial
2.- CINEMÁTICA DA PARTÍCULA
2.1.- Representación do movemento
2.2.- O movemento nunha dimensión
2.3.- O movemento en dúas dimensións
3.- DINÁMICA DA PARTÍCULA
3.1.- Leis do movemento de Newton
3.2.- Aplicacións das leis de Newton
3.3.- Traballo e enerxía
3.4.- Conservación da enerxía
4.- DINÁMICA DUN SISTEMA DE PARTÍCULAS
4.1.- Centro de masas
4.2.- Movimento lineal e impulso
4.3.- Conservación do momento lineal
4.4.- Colisións
5.- DINÁMICA DO SÓLIDO RÍXIDO
5.1.- Rotación de sólidos rígidos. Momento de inercia
5.2.- Dinámica do movemento rotacional
5.3.- Conservación do momento angular
6.- EQUILIBRIO ESTÁTICO E ELASTICIDAD
6.1.- Condicións de equilibrio
6.2.- Centro de gravedade
6.3.- Elasticidade
7.- ONDAS MECÁNICAS
7.1.- Movemento periódico
7.2.- Ondas mecánicas
7.3.- O son
8.- MECÁNICA DE FLUIDOS
8.1.- Estática de fluidos
8.2.- Dinámica de fluidos
8.3.- Fluidos viscosos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C2 C3 C7 10 10 20
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C3 C5 4 0 4
Sesión maxistral A7 C3 30 30 60
Traballos tutelados A7 B1 B4 C5 C3 1 2 3
Solución de problemas A7 B1 C3 C5 20 40 60
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización obrigatoria de ensaios no laboratorio. Presentación de resultados. Faránse sesións online e presencias.
Proba obxectiva Realizarase unha proba escrita de resolución de problemas sobre os contidos da materia en cada unha das convocatoria oficiais.
Sesión maxistral Exposición oral de conceptos básicos para a comprensión da materia. Síguese o temario que aparece no Paso 3: Contidos, de esta Guía.
Traballos tutelados Se realizará un traballo práctico relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Estes traballos realizaranse en grupos reducidos e computarán na avaliación final.
Solución de problemas Despois de cada tema se propón unha colección de problemas tipo. Parte de esos problemas se resolverán na aula e outros deixarán como traballo individual. Como parte da avaliación continua se plantarán aos alumnos durante o curso varios test/problemas relacionados co cada un dos bloques temáticos que serán avaliados polo profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As prácticas de laboratorio son obrigatorias para poder superar a materia. Os/as alumnas farán as prácticas propostas co seguimento do profesor/a.

Durante as clases de problemas resolveranse na aula algúns problemas tipo, seleccionados entre os dos boletíns previamente publicados. Outros exercicios deixaranse como traballo individual do alumno/a, tanto dentro como fora do aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 B1 B4 C5 C3 Avaliarase a preparación e defensa de traballos realizados en grupo. 10
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C2 C3 C7 Avaliarase a asistencia/realización ás sesións de laboratorio, o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión. Ademais, a asistencia/realización das practicas é obrigatoria e condición necesaria para aprobar a asignatura. Serán sesións presenciais e/ou online. 10
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C3 C5 Tratarase dun exame no que o alumno terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar.
A proba puntuará un máximo de 6 puntos, necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas de avaliación continua (problemas/test, traballo tutelado e prácticas).
60
Solución de problemas A7 B1 C3 C5 Avaliaranse os problemas/test para que os alumnos resolvan de forma autónoma. 20
 
Observacións avaliación
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
  • Os estudantes que non realicen as prácticas de laboratorio non poderán presentarse á proba obxectiva e figurarán como “non presentados”.
  • Os alumnos repetidores que realizasen as prácticas de laboratorio nos dous cursos anteriores, poderán optar en realizalas novamente ou non. No caso de optar por non realizalas, debe solicitalo, e conservaría a puntuación dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os estudantes que non superaran a asignatura deberán realizalas prácticas obrigatoriamente.
AVALIACIÓN CONTINUA:
  • A asistencia ás clases de docencia interactiva son obrigatorias. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas a clase sen xustificar, serán inmediatamente excluídos do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxectiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxectiva será un 90% da nota, sendo o 10% restante o correspondente ás prácticas de laboratorio. Nese 90% inclúense os traballos e la solución de probelmas.
AVALIACIÓN FINAL:
  • Na segunda oportunidade de avaliación seguirase a mesma norma que para a primeira oportunidade.
  • Os alumnos con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva ou non realizaron as prácticas de laboratorio.
  • Na convocatoria adiantada segueranse as mesmas normas de avaliación.
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" y "fraude académica" rexeranse dacordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica M. Alonso y F.J. Finn (). Física. Ed. Addison - Wesley Iberoamericano
P.A. Tippler y G. Mosca (). Física para la Ciencia y la Tecnología . Ed. Reverté
F.W. Sears, M.W. Zemansky, H.D. Young y R.A. Freeman (). Física Universitaria . Addison-Wesley Iberoamericana Libro

Bibliografía complementaria O. Alcaraz, J. López, V. López (). Física. Problemas y ejercicios resueltos . Ed. Pearson-Prentice Hall
F.A. González (). La Física en Problemas. Ed. Tebar Flores
R.A. Serway (). Física . Ed. Mc. Graw – Hill / Ed. Thomson
S. Burbano, E. Burbano, C. Gracia (). Problemas de Física. Ed. Tébar S.L


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Cálculo/770G01001

Materias que continúan o temario
Fisíca II/770G01007
Mecánica de Fluídos/770G01016

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a) Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

b) Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

c) En caso de ser necesario realizalos en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores.

d) Fomentarase que os materiais que se eliminen da asignatura (papeis ou plásticos) se tiren nos respectivos colectores habilitados na EUDI ou na rúa para tal fin.

Persoa e Igualdade de Xénero:

1.     Intentarase transmitir aos estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade para que estes os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

2.     Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo que os traballos entregados polos estudantes e o material preparado polo docente deben usar linguaxe non sexista.

3.     Facilitarase a plena integración dos estudantes que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Perspectiva de xénero:
-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Se se detectan situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías