As calificacións das tareas evaluables serán válidas só para o curso académico no que se realicen.
En xeral faranse durante o curso duas probas mixtas:
Primeira proba: unha vez explicados os 6 primeiros temas.
Segunda proba: coincidindo co exame final en xaneiro.
1ª oportunidade
A nota final calcularase, en xeral, como:
Nota Final =0,45 x Nota proba mixta 1 + 0,15 x Nota proba mixta 2 + 0,3 x Proba Prácticas + 0,1 x Defensa prácticas estaciones
Aqueles estudantes que non tivesen calificación na primeira proba mixta, ou ben, acadasen unha calificación moi baixa poden optar a realizar a 2ª proba mixta cun peso do 60% (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:
Nota Final=0,6 x Nota proba mixta 2 +0,3 x Nota Proba Prácticas+ 0,1 x Defensa prácticas estacións
2ª oportunidade
Realizarase unha proba mixta con exercicios escritos e de programación máis un exercicio de programación basado nas prácticas de laboratorio e manténse a nota obtida na defensa das prácticas.
Os alumnos que se acollan a matrícula parcial, poderán acordar co profesor a posibilidade de facer actividades alternativas ás obligatorias e presenciais.
O alumnado de convocatoria adiantada evaluarase a través dunha proba mixta e proba práctica cuxa puntuación representará o 100 % da nota final.
Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC