As cualificacións das metodoloxias Prácticas de laboratorio e Traballos tutelados podense modificar entre elas pasando a puntuación dunha a outra pero sumando entre elas a puntuación establecida anteriormente.
No exame correspondente á segunda oportunidade realizarase unicamente a proba mixta coa súa puntuación correspondente, á que se lle sumaran os puntos correspondentes das outras probas.
NPM: Nota Proba Mixta
NPL: Nota Prácticas Laboratorio
NTT: Nota Traballos Tutelados
NF: Nota Final
Para a obtención do aprobado é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 50 sobre 100 (NF>=50).
A nota final obterase sumando as cualificacións das distintas metodoloxías expostas no apartado de "avaliación", a condición de que se cumpran as seguintes condicións:
- Que se realizaron e aprobado as prácticas de laboratorio(NPL>= 0.5* Max(NPL).
- Que se obtivo polo menos 30 puntos (sobre 70) na proba mixta (NPM>=30).
No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será NF=Min (4, NPM+NPL+NTT)
Os alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que demostrar a adquisición das competencias e coñecementos mencionados anteriormente mediante probas adicionais.
Os alumnos que se presenten á convocatoria adiantada terán que demostrar as competencias propias da metodoloxia de prácticas de laboratorio e a proba mixta terá un peso de 85 puntos.
A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, una vez comprobada, implicará directamente que o alumno será calificado con “suspenso” (calificación numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, tanto si a infracción se comete en na primera oportunidade como na segunda. Para elo, modificarase a sua cualificación no informe de primera oportunidade, no caso de ser necesario.
Todos
os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”,
“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica
vixente da UDC.