Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) BIM e Edificios Intelixentes Código 770G01053
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Fernández Ibáñez, María Isabel
Correo electrónico
isabel.fibanez@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Fernández Ibáñez, María Isabel
López Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
isabel.fibanez@udc.es
jose.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral BIM (Building Information Modeling) é unha metodoloxía de traballo colaborativa para a xestión de proxectos a través dunha maqueta dixital. Esta conforma unha gran base de datos que permite xestionar os elementos que forman parte da edificación durante todo o ciclo de vida da mesma.
Aprenderás a crear un modelo BIM, explicaranse os sistemas domóticos actuais, xunto coa súa aplicación aos edificios intelixentes.
Valorarase a integración da metodoloxía BIM na xestión e mantemento de edificios intelixentes.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
É capaz de traballar nunha contorna BIM e xerar a documentación gráfica e informes de datos. A9
B4
B5
B6
C2
C5
Coñece e aprende a usar os sistemas domóticos. A34
B4
B5
B6
C2
C5
Sabe interconectar un sistema domótico coas instalacións para deseñar un edificio intelixente. A34
B4
B5
B6
C2
C5

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos da metodoloxía BIM.
Creación de modelos BIM.
Interoperabilidade e traballo colaborativo nunha contorna BIM.
Instalacións típicas en edificios e vivendas.
Domótica, inmótica e a súa aplicación ás instalacións.
Mellora da eficiencia e confort en edificios intelixentes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A34 B5 C5 15 8 23
Solución de problemas A34 B4 B5 B6 C2 C5 9 12 21
Prácticas de laboratorio A9 A34 B4 B5 B6 C2 24 18 42
Traballos tutelados A9 A34 B4 B5 B6 C2 C5 9 55 64
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A orde dos temas impartidos non terá que ser o descrito na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conxuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.

A parte da materia relativa a BIM impartirase en módulos teórico-prácticos. Cada tema iniciarase coa exposición do profesor, que introducirá os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que prevalecerán.
Solución de problemas Resolución de exercicios e problemas concretos na aula, a partir dos coñecementos que se explicaron.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible; ou, na súa falta, a resolución de exercicios e problemas concretos na aula, a partir dos coñecementos que se explicaron.

Na parte da materia relativa a BIM as prácticas realizaranse en aula informática, co programa REVIT desde o primeiro día, co obxectivo de familiarizarse coa metodoloxía BIM.
Traballos tutelados Realización de traballos individuais de temas concretos da materia e posta en común en grupo para compartir coñecemento

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
O profesor fará de guía para o traballo, eminentemente persoal do estudante, que terá tamén a posibilidade de acudir a tutorías para aclarar as súas dúbidas.

A realización dos traballos poderá ser de carácter individual, de maneira que cada alumno poderá asistir ás sesións de tutorías que considere oportunas para resolver as dúbidas que lle xurdan ao efecto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A34 B4 B5 B6 C2 Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible.

Na parte da materia relativa a BIM as prácticas realizaranse en aula informática, co programa REVIT.
65
Traballos tutelados A9 A34 B4 B5 B6 C2 C5 Realización de traballos individuais. 35
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.

Na segunda oportunidade o estudante deberá avaliarse da parte non superada con anterioridade.

As situacións especiais das/os estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao comezo do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, substituíndo as metodoloxías presenciais por traballos individuais coa mesma puntuación. Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e a convocatoria adiantada.

Debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques diferentes (BIM e Edificios Intelixentes), o alumno deberá aprobar cada parte para superar a materia.

BIM: A nota resultará da cualificación das prácticas correspondentes aos tres primeiros temas do contido da materia.

EDIFICIOS INTELIXENTES: A avaliación incluirá un traballo ("Traballos tutelados", 70%) e "Prácticas de laboratorio" (35%). Para a segunda oportunidade non haberá un segundo prazo de entrega de traballos.


Fontes de información
Bibliografía básica Romero Morales, Cristóbal (2010). Domótica e inmótica: viviendas y edificios inteligentes.. Madrid: Ra-Ma
Junestrand, Stefan (2004). Domótica y hogar digital.. Madrid: International Thomson Editores
Huidobro, José Manuel (2008). Domótica: edificios inteligentes.. Segovia: Copyright

Es.BIM

https://www.esbim.es/es-bim/

es.Bim é un grupo aberto a todos os axentes implicados (administracións, enxeñarías, construtoras, universidades, profesionais?) cuxo obxectivo é a implantación de BIM en España.

Building SMART Spain

https://www.buildingsmart.es/

BuildingSMART Spanish Chapter é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é fomentar a eficacia no sector da construción a través do uso de estándares abertos de interoperabilidad sobre BIM (Building Information Modeling) para alcanzar novos niveis en redución de custos e tempos de execución e aumento da calidade.

BIMcommunity

www.bimcommunity.com

O principal recurso que poderás atopar nesta web é INFORMACIÓN en contorna BIM: software, aplicacións móbiles, guías, servidores BIM, libros, compoñentes BIM, etc. E por suposto, links ás principais webs que ofrecen todos estes recursos.

Bibliografía complementaria Moreno Gil, José (2000). Instalaciones automatizadas en viviendas y edificios.. Madrid: Paraninfo
obajas García, Carlos (2011). Instalaciones domóticas.. Barcelona: Cano Pina: CEYSA

bimobject
www.bimobject.com

BIM Object é unha das máis potentes webs de descargas gratuítas de obxectos BIM. Unha vez rexistrado, podes descargar todo o que queiras. Tamén podes descargarche compoñentes BIM para ArchiCAD, Allplan, Rhinoceros, Sketchup, etc.

polantis

www.polantis.com

Polantis é unha biblioteca BIM. Nela poderás atopar multitude de obxectos BIM en multitude de formatos, compatibles cos principais softwares de arquitectura actuais: Revit, Allplan, Rhinoceros, ArchiCAD, Autocad, Artlantis, Microstation, etc. E por suposto, en formato IFC.

bimstore

https://www.bimstore.co.uk/

É unha libraría BIM para Revit, ademais dunha fábrica de obxectos BIM. Bimstore Eye, o seu visor de realidade aumentada, permíteche ver en 3D os compoñentes BIM dos fabricantes.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións sobre sostibilidade e medio ambiente:

  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade  no comportamento persoal e profesional.
  • ·         Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • ·         A entrega dos traballos que se realicen nesta materia farase  en formato dixital  a través de Moodle.

·         

Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías