Os alumnos con dispensa académica, ao non ter obrigacion de asistir
ás actividades nas que se poida esixir presencialidade, terán que
presentar e defender igualmente os traballos e prácticas obrigatorias
diante do profesor en tutorias presenciais ou virtuais, nos mesmos
prazos que o resto dos alumnos.
A calificación de todos os alumnos, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade, asi como na convocatoria adelantada, basearase na necesidade de obter polo menos
unha nota mínima de 5 puntos na evaluacion continua e ter
presentado e defendido correctamente e en prazo diante do profesor todalas prácticas
e/ou traballos obrigatorios para poder aprobar a asignatura.
No caso do alumnado que solicite acudir a convocatoria adiantada,
gardaranse as notas das prácticas e traballos do curso anterior.
A realizacion fraudulenta das probas ou actividades de avaliacion implicará directamente a calificación de suspenso '0' da materia na convocatoria correspondente, invalidando asi calqueira calificacion obtida en todas as actividades de avaliacion de cara á convocatoria extraordinaria.
En xeral, todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.