Todas as actividades, que contribúen á nota final do alumno, serán cualificadas sobre 10.0 puntos.
Para
poder sumar os puntos das actividades denominadas como Solución de
problemas" e "Prácticas de laboratorio", na nota da "Proba obxectiva" o
alumno terá que ter alcanzado un mínimo de 4.0 puntos.
Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades.
Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.
O
alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das actividades
obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará implicará que o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario