Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Enxeñaría Gráfica Código 770G02133
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Fernández Ibáñez, María Isabel
Correo electrónico
isabel.fibanez@udc.es
Profesorado
Fernández Ibáñez, María Isabel
Correo electrónico
isabel.fibanez@udc.es
Web
Descrición xeral Debuxo de instalacións industriáis.
Interpretación de planos e esquemas de instalacións e equipos industriáis.
Aplicacións de deseño asistido por computador.
Introdución á metodoloxía BIM

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A36 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas da enxeñaría gráfica
A37 Realización e interpretación de planos normalizados mediante o manexo e utilización da simboloxía, normas e regulamentos máis adecuados
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B11 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
É capaz de elaborar e interpretar planos e esquemas de instalacións industriais. A36
A37
B1
B5
B11
C3
É capaz de traballar nunha contorna gráfica tanto de forma autónoma como colaborativa A37
B1
B5
B11
C3
É capaz de elaborar a documentación gráfica e informes de datos do proxecto A37
B5
B11
C3

Contidos
Temas Subtemas
Debuxo de instalacións industriais
Interpretación de planos e esquemas de instalacións e equipos industriais
Aplicacións de Deseño Asistido por Computador e BIM

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A36 B5 30 15 45
Prácticas de laboratorio A36 A37 B1 B5 B11 C3 15 18 33
Traballos tutelados A36 A37 B1 B5 B11 C3 15 30 45
Proba práctica A36 A37 B1 B5 B11 2 24 26
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A materia impartirase en módulos teórico-prácticos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que prevalecerán.
Prácticas de laboratorio O estudante traballará con programas de CAD desde o primeiro día, co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo asistido por computador, así como na elaboración e interpretación de planos.

Introdución á metodoloxía BIM (ARQ / MEP) co programa REVIT
Traballos tutelados Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, proponse a realización de traballos, guiados sempre polo profesor.
Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.
Proba práctica A proba consistirá na resolución de problemas que reflictan as competencias adquiridas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada na docencia en grupos reducidos permítenos individualizar o proceso de ensino-aprendizaxe, favorecer a motivación e valorar a progresión e o rendemento académico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A36 A37 B1 B5 B11 C3 Exercicios da metodoloxía BIM realizados en aula informática co programa REVIT 30
Proba práctica A36 A37 B1 B5 B11 Resolución dos exercicios necesarios para reflectir en que grao se obtiveron as competencias 40
Traballos tutelados A36 A37 B1 B5 B11 C3 Consistirá no deseño e representación das instalacións de fontanaría, saneamento e electricidade dun edificio sinxelo.
Realizarase en horas de clase, podéndose completar fóra dela en caso necesario, utilizando CAD
30
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Na segunda oportunidade o estudante deberá avaliarse da parte non superada con anterioridade.

As situacións especiais das/os estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao comezo do cuadrimestre e xustificadas adecuadamente. Daranse as instrucións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, substituíndo as metodoloxías presenciais por traballos individuais coa mesma puntuación. Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade.  Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá na realización dunha proba práctica.


Fontes de información
Bibliografía básica Auñón López, Juan, Ferri Aranda, Jose A. (2002). Geometría Métrica y Descriptiva. Ejercicios Resueltos y Comentados en el Sistema de Planos Acotados. . Editorial UPV
Cobos Gutierrez, Carlos, Ortíz Marín, Rafael (2009). Geometría para Ingenieros. Tomo II: Sistema de Planos Acotados. Editorial Tebar, S.L.
Félez Mindán, Jesús (2008). Ingeniería gráfica y diseño . Madrid : Síntesis
Domínguez, Manuel y Espinosa, Mª del Mar (2005). Interpretación y Trazado de Planos Electrónicos y Electrotécnicos. Asociación de Ingeniería y Diseño Asistido Publicaciones
Gutierrez de Ravé Agüera (2002). Manual para la representación e interpretación de planos de instalaciones industriales . Córdoba : [Universidad de Córdoba, Escuela Politécnica Superior
Leon Blasco, Asunción, Belenguer Balaguer, Enrique y Sanmartín Sáez, Vicente (2013). Proyectos de Instalaciones Eléctricas de Baja tensión. Marcombo Ediciones técnicas

BIM:

https://www.esbim.es/

es.Bim es un grupo abierto a todos los agentes implicados (administraciones, ingenierías, constructoras, universidades, profesionales…) cuya misión principal es la implantación de BIM en España.

https://www.buildingsmart.es/

BuildingSMART Spanish Chapter es una asociación sin ánimo de lucro cuyo principal objetivo es fomentar la eficacia en el sector de la construcción a través del uso de estándares abiertos de interoperabilidad sobre BIM

http://www.eubim.eu/handbook-selection/handbook-spanish/

Manual para la introducción de la metodología BIM por parte del sector público europeo.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión Gráfica/770G01005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Oficina Técnica/770G01035

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións sobre sostibilidade e medio ambiente:

  • Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade  no comportamento persoal e profesional.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  •  A entrega dos traballos que se realicen nesta materia farase  en formato dixital  a través de Moodle.

Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías