Seminario |
Docencia que facilita a interacción fluída entre o profesor e os estudantes. Empregarase para presentar traballos, analizar casos, resolver supostos, resolver problemas, expoñer un tema teórico sinxelo. A diferenza do que sucede nas Prácticas de Aula, o profesor non é o protagonista, limitándose a escoitar, atender, orientar, aclarar, valorar, mostrar como se fan as cousas, avaliar. É un tipo de docencia esencial para facilitar a avaliación continua do alumnado e coñecer o rendemento do autoaprendizaje. Sen ela non hai metodoloxía docente orientada á autoformación. Algunhas das máis prezadas habilidades que debe desenvolver o alumnado (saber presentar e expoñer un traballo, saber resumir, saber realizar unha análise, saber traballar en grupo ...) conséguense precisamente grazas aos seminarios. |