Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Produto e Mercado Código 771555004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Calvo Dopico, Domingo Javier
Correo electrónico
domingo.calvo.dopico@udc.es
Profesorado
Calvo Dopico, Domingo Javier
Correo electrónico
domingo.calvo.dopico@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta asignatura de máster é achegar aos estudantes á relevancia da variable produto e o seu encaixe nun mercado volátil, con derivadas globais e locais e extremadamente competitivo. Para logralo, os estudantes aprenderán o concepto de produto, e os procesos de ciclo de vida de producto, xestión da carteira de produtos e de desenvolvemento de novos produtos con especial orientación á industria, así como identificarán as principais implicacións en materia de distribución e comunicación a ter en conta. Descubriránse as ventaxas, riscos e potencialidades da creación e deseño de produtos no contexto da Industria 4.0; e, por último, valoraráse a materialidade de xestionar factores como a innovación, sustentabilidade, ética, e responsabilidade social no deseño de productos industriais como resposta as demandas crecentes no mercado actual dos grupos de interese.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender a relevancia da variable producto e o seu encaixe nun mercado volátil, con derivadas globais e locais e extremadamente competitivo. Aprender o concepto de producto, e os procesos de ciclo de vida de producto, xestión da carteira de productos e de desenvolvemento de novos productos con especial orientación á industria, así como a identificación das principais implicacións en materia de distribución e comunicación a ter en conta. Descubrir as ventaxas, riscos e potencialidades da creación e deseño de productos no contexto da Industria 4.0 Aprender a xestionar factores como a innovación, sustentabilidade, ética, e responsabilidade social no deseño de productos industriais como resposta ás demandas crecentes no mercado actual dos grupos de interese. AP2
AP5
AP9
AP10
AP13
AP16
AM2
AM4
AI1
BP1
BP2
CP1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Importancia da variable Produto Concepto de Produto e Ciclo de vida de Produto
Tema 2: (Micro) Segmentación de Mercado
Posicionamento de Produto
Tema 3: Xestión da carteira de produtos Carteira
Tema 4: Deseño de novos produtos no marco da Industria 4.0. Implicacións en materia de distribución e comunicación
Tema 5: Innovación, sustentabilidade, ética e responsabilidade social aplicados a Produto e Mercado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A22 A18 A5 A9 A10 A20 A13 A16 B2 B1 C1 10 39 49
Proba de resposta múltiple A2 A18 A20 A16 B1 B2 C1 1 0 1
Presentación oral A2 A22 A18 A5 A9 A10 A20 A16 2 0 2
Sesión maxistral A2 8 13 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado participará en tutorías presenciais onde acadará atención persoalizada para a elaboración de casos prácticos que requerirán de traballo autónomo previo e posterior fora da aula.



Proba de resposta múltiple O alumnado examinaráse presencialmente dos contidos da asignatura a través dunha proba tipo test de resposta múltiple na que soamente unha resposta é correcta.
Presentación oral Presentación presencial e plenaria dos casos prácticos realizados polo alumnado ao longo do cuadrimestre.


Sesión maxistral Impartición presencial dos contidos teóricos dos temas que conforman a asignatura, puidendo ser complementada ou impartida a través de conferencias invitadas ou seminarios presenciais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Axudar aos estudantes no tratamento e resolución de problemas na preparación dos traballos tutelados e da presentación oral, tanto na aula presencialmente como a través de tutorías síncronas realizadas virtualmente a través da plataforma Teams; tanto no caso dos estudantes matriculados en réxime de dedicación a tempo completo, como no caso dos estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A2 A18 A20 A16 B1 B2 C1 Exame presencial no formato de test de resposta múltiple no que soamente unha resposta é a correcta.
30
Presentación oral A2 A22 A18 A5 A9 A10 A20 A16 Presentación presencial, oral, plenaria, e en equipo dos casos prácticos realizados no cuadrimestre.

10
Traballos tutelados A2 A22 A18 A5 A9 A10 A20 A13 A16 B2 B1 C1 Valoraráse a asistencia, participación e preparación de calidade das tutorías presenciais e virtuais dos casos prácticos a realizar, así como a creatividade e calidade formal e de contido dos casos prácticos resultantes a presentar. 60
 
Observacións avaliación

A nota final resultará da suma das notas totais obtidas polo estudante nas tres actividades, sen requerirse nota mínima para aprobarcada unha delas, e segundo os pesos indicados. Para aprobar a asignatura, tanto na primeira como na segunda oportunidade, requírese un mínimo de 5puntos sobre 10 en total e unha asistencia a clase de polo menos o 80% das horas presenciais.

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: I) incentivar ó alumno para que traballe de xeito continuado ó longo do curso e II) fomentar a autonomía do alumno no proceso de aprendizaxe.

Cualificación de non presentado . Corresponde ó alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Condicións de realización do exame final . Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación da oportunidade de xullo . Esta debe realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

Por último, no caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de " avaliación adiantada ", e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as fechas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación. Concesión de Matrícula de Honra : se podrá solicitar una proba alternativa por parte dos profesores para a concesión da matricula de honra.

Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos e propiciarase a intervención nas clases do estudantado.

Fomentaranse os valores de respeto e igualdade para evitar situacións de discriminación por razón de xénero ou de calquera outro tipo.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Ruiz de Maya, S. y Grande Esteban, I. (2013). Casos de comportamiento del consumidor. Madrid : ESIC
Valencia López, Víctor. (2013). Entorno, mercado, clientes, producto y precio. Madrid : ESIC
Munuera Alemán, J. L. y Rodriguez Escudero, A.I. (2020). Estrategias de marketing. Un enfoque basado en el proceso de dirección. Madrid: ESIC
Kotler, Philip. (2017). Fundamentos de marketing . México: Pearson Educación
Serrano Gómez, S. y Serrano Domínguez, C. (2005). Gestión, Dirección y Estrategia de producto. Madrid : ESIC
Alcaide, Juan Carlos (2015). Los 100 errores de la experiencia del cliente. Madrid : ESIC
Kotler, Philip. (2011). Marketing 3.0 . LID Editorial

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Marketing/611G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Asistencia ás tutorías dos casos prácticos programadas durante o cuadrimestre </p>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías